Wiki Winx Club
Advertisement

O espello da verdade é o episodio 4 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 56 en total. Estreouse o 5 de febreiro do 2007 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza con que a nave onde van as Winx e os Especialistas está a ser atacada por grifóns. As Winx transfórmanse, e loitan contra os grifóns. Derrotan algúns, e logran liberar a nave. Pero aparece un grifón máis grande. Entón Musa fai que o monstro se afaste da nave, e as outras Winx atacan os grifóns que quedan.

Por unha turbulencia ábrese a porta da nave e cáese Stella, pero ela logra agarrarse. Cando case cae, vén Brandon e sálvaa. Unha vez na cova, saen da nave. Empezan a camiñar, e logo atopan uns cristais e uns seres que lles falan.

Bloom pide axuda a estes seres, e Stella vén para que vexan o problema. Os seres din que Stella ten que atopar o Espello da Verdade atopándose ela mesma. Entón Stella empeza a camiñar e pasa a outra sala, e sepárase do grupo. Atopa o espello, pero non funciona e Stella segue igual.

Stella está triste, e Brandon revela que sabe o aspecto que ten porque o feitizo que lanzou Flora non era permanente, e todas as Winx din cousas boas de Stella a parte da súa beleza.

A Stella cáelle unha bágoa sobre o espello, e Brandon dá a Stella un agasallo que resulta ser un espello. Stella abraza a Brandon e cáelle outra bágoa, co que Stella volve á súa aparencia humana. Os seres din que o feitizo se rompeu por amor.

Un novo curso empeza en Alfea e Griselda está a pasar a lista, aínda que a escola é un caos. Unha rapariga séntese soa e as Pixies van con ela. As Winx están a facer bromas e explicando cousas das novas fadas, e Layla segue triste por algo. Flora explica a Bloom que en Andros houberon problemas.

Musa está a camiñar, e atopa unha moza tocando música. Ela preséntase como a princesa Galatea de Melodía, e Musa di que tamén é de Melodía. Stella atópase cunha moza chamada Nova que tamén é de Solaria, e ela explica cousas do seu planeta.

Entre outras cousas, Nova di que a Condesa Cassandra se comporta como reina e o rei Radius ten un papel secundario. E Quimera converteuse na moza máis popular de Solaria. Stella di que alguén enfeitizou o seu pai. Flora tenta falar con Layla, pero ela segue triste e non quere falar.

Faragonda dá a benvida ás novas alumnas, e explica que o obxectivo do terceiro ano é conseguir o Enchantix, que é a transformación definitiva que leva poderes de facerse pequenas e o po de fada. Pero para lograr este nivel de fada teñen que salvar alguén do seu planeta. Pero Bloom non ten ninguén para salvar, porque Domino foi destruído.

As Winx propoñen a Layla ir de compras, pero Layla non quere. Ao final explica que o seu planeta corre perigo por un ser chamado Valtor, e escapou da Dimensión Omega por un portal. Tamén transformou as sereas gardiás do portal en monstros.

Layla di que Valtor ten axuda de alguén, e Andros declarou o estado de alerta no planeta. Bloom proponse a axudar e salvar Andros e evitar que aconteza unha traxedia parecida ao que aconteceu en Domino.

Feitos importantes[]

  • Nova chega a Alfea.
  • Nova informa Stella do que aconteceu en Solaria.
  • Galatea chega a Alfea e fai amizade con Musa.
  • Layla conta ás Winx o que aconteceu con Valtor.

Curiosidades[]

  • Cando Bloom e Tecna están a voar, unha das luvas de Bloom era vermella e despois azul.

Galería[]

Advertisement