Wiki Winx Club
Advertisement

O labirinto de cristal é o episodio 22 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 74 en total. Estreouse o 19 de marzo do 2007 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza preto da Torre Vermella, onde Riven di a Ophir que calquera que tocar Musa loitará contra el. Empeza unha loita de Ophir contra Riven, ata que chegan os outros Especialistas. Entón Ophir di que non hai nada entre el e Musa, en todo caso con Layla.

As Winx e os Especialistas van cara á Torre Vermella, pero non entenden o escrito antigo. Resulta que só poderán entrar as persoas cunha alma pura, e teñen que reducirse. Bloom propón poñerse po de fada sobre elas mesmas para sacar todo o negativo do corpo.

As Winx tíranse o po de fada sobre elas mesmas, e redúcense para poder entrar. Pero Bloom non puido reducirse, e ten que quedar cos Especialistas. As Winx entran na Torre Vermella, e empezan a flotar e a sentir unha enerxía positiva.

Valtor repasa os erros que cometeron as Trix coas Pixies, e entón Valtor nota a enerxía positiva do Reino de Ouro. Entón Valtor descobre a Bloom na Torre Vermella, e manda ás Trix que ataquen as Winx e usen toda a súa rabia que teñen por ser derrotadas polas Pixies.

As Winx chegan a un lago sen fin, e atopan unhas nubes. Entón entran nas minchas, e van parar a un palacio. Un trasgo di ás Winx que lle sigan, e ensina ás Winx as cousas deste palacio. Entón veñen uns seres, e logo aparece Arcadia.

Stella empeza a explicar a ameaza de Valtor, e que está feito da Chama do Dragón. E para enfrontarse a el, teñen que ter as estrelas de auga. Arcadia di que tres delas entrarán no labirinto de cristal, e se saíren conseguirán as estrelas de auga. Pero se non saíren, quedarán alí.

Layla e Flora desaparecen, e quedan Tecna, Musa e Stella. Elas entran no labirinto de cristal, mentres Sky fala con Bloom e Ophir ensina as súas tácticas a Riven. Ophir explica que cando era neno se sentía só, e parécese á vida de Layla. Logo Ophir recoñece que está namorado de Layla. Timmy empeza a xogar cunha pelota.

Musa, Stella e Tecna están no labirinto, e deciden separarse. Riven xoga coa pelota, e logo xoga Sky. Pero Bloom quere xogar, e lógrao facer ben. Entón aparecen as Trix e deixan inconscientes a todos cun ataque moi similar ao lanzamento da pelota.

Tecna logra cruzar o labirinto, e Arcadia di que hai dúas portas. A primeira é unha porta de lóxica, e a segunda é unha porta de alegría e sentimentos. Arcadia di que para conseguir as estrelas de auga, ten que renunciar ás emocións, e Tecna decide despedirse de Timmy e entrar pola outra porta.

As Trix seguen loitando contra os Especialistas, e Stormy crea un tornado. Sky logra collerse a unha árbore e saír. Bloom e empeza a loitar contra Icy, pero Icy lanza uns pos escuros que acaban cos poderes de Bloom temporalmente. Sky salva a Bloom de Icy, pero as Trix volven atacar.

Stella logra atoparse con Arcadia, e ela di a Stella que hai unha porta que é un espello dela, pero a porta que a conducirá até a saída é renunciar ao seu rostro. Stella elixe perder o seu rostro. Musa ten que elixir volver ver á súa nai ou perdela para sempre, e elixe non ver a súa nai.

As Winx saen e pasaron a proba, co que conseguen as estrelas de auga nunha caixa. Arcadia devolve a Tecna a súa diversión, e a Stella a súa cara. Arcadia di a Musa que non lle pode devolver a súa nai, pero fará que viva dentro dela para sempre. E as Winx saen do Reino de Ouro.

Os Especialistas continúan a loitar, e Icy enfróntase a Bloom ata que as Winx usan a converxencia e derrotan ás Trix, e elas din que dirán a Valtor que as Winx escaparon. As Winx e os Especialistas están contentos porque obtiveron as estrelas de auga. Bloom di que a pesar do difícil que for loitar contra Valtor, elas conseguirán derrotalo.

Feitos importantes[]

  • Riven e Musa reconcílianse.
  • As Winx entran no labirinto de cristal.
  • As Winx coñecen Arcadia.
  • Stella escolle non ter rostro.
  • Tecna escolle non ter emocións.
  • Musa escolle non estar coa súa nai de novo.
  • As Winx fan coas estrelas de auga.
  • As Winx agora poden derrotar Valtor.

Curiosidades[]

  • A luva de Stormy desaparece en varias escenas. A súa man tamén se transforma en marrón en varias escenas.

Galería[]

Advertisement