Wiki Winx Club
Advertisement

A cova de Sibylla é o episodio 21 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 99 en total. Estreouse o 2 de novembro do 2009 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no bar Frutti Music, onde as Winx están cos Especialistas. Andy e a súa banda chegan, e entón Musa recibe unha chamada de Jason Queen. E Riven está celoso. No auditorio de Jason Queen, el di ás Winx que farán un concurso no bar Frutti Music.

Andy ensina ás Winx como facer música e facer un gran espectáculo, e fan unha proba. Entón veñen ao bar os Feiticeiros do Círculo Negro, que parecen débiles. Eles din que viñeron renderse, e queren que elas as protexan das fadas vingativas e Morgana.

Na tenda de Amor e Peluches, as Winx non cren no que din os Feiticeiros do Círculo Negro. E os Feiticeiros, para poder demostrar o que din, dan o Círculo Negro ás Winx para dalo a Morgana. As Winx consultan o libro das fadas, e atopan a fada da xustiza, Sibylla, que agora está en Italia.

Os Feiticeiros do Círculo Negro din que Sibylla ten o mesmo odio cara a eles como as outras fadas, e as Winx din que Sibylla nunca rexeita xente que veña con boa fe. Os Feiticeiros do Círculo Negro din que as Winx teñen que pasar unhas probas, e as Winx transfórmanse e usan as ás Zoomix para teletransportarse.

Preto da cova de Sibylla, as Winx atopan as fadas que serven a Sibylla, e defenden o acceso á cova. Como que ven os Feiticeiros, empezan a tirar pedras. As Winx logran chegar á cova de Sibylla, e entran cos Feiticeiros. Roxy ve algo na auga, e resulta ser un monstro que persegue ás Winx. Layla case cae, pero é salvada por Bloom.

No bar Frutti Music, Klaus pregunta polas Winx, e Andy di que están a ensaiar. Os Especialistas non saben se chegarán ao concerto. E veñen uns homes que cren que van gañar. Roxy ten unha visión con Morgana, e ela di que comete un gran erro confiando nos Feiticeiros do Círculo Negro. Entón aparecen as fadas vingativas.

As Winx transfórmanse, e loitan contra as fadas. Entón ábrese unha porta. No bar Frutti Music, Riven pide a Nabu que faga un feitizo para gañar tempo, e empezan a cantar os Especialistas.

Na cova de Sibylla, ela aparece e pregunta por que protexen os Feiticeiros do Círculo Negro. As Winx din que pediron protección, e Sibylla di que fixeron o correcto, e que ninguén debe ter vinganza. Entón aparecen as fadas etéreas, e din que en realidade non usaron o don do corazón.

Sibylla di que se encargará dos Feiticeiros do Círculo Negro, e as Winx teñen que volver a Gardenia. No bar Frutti Music, as Winx sorpréndense porque están a cantar os Especialistas, e eles din que o fixeron para gañar tempo. As Winx comezan a cantar. Cando acaban Andy di que as gañadoras son as Winx, e Jason Queen dá ás Winx un contrato de gravación.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Nunha escena, unha peza da parte superior do Believix de Layla faltaba.

Galería[]

Advertisement