Wiki Winx Club
Advertisement

Fadas Sirenix é o episodio 13 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 117 en total. Estreouse o 2 de novembro do 2012 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no simulador de Alfea, onde as Winx están a ser adestradas polos profesores de Alfea. As Winx empezan a xuntar a súa maxia coa do océano, pero Bloom non pode. Bloom explica que está a pensar en Daphne. Na cova de Daphne, ela di que os seus poderes os protexe a fonte do Sirenix no lago Rocha Luz.

Tritannus di que destruirá a fonte do Sirenix e arrincará os seus poderes, e dará a Icy os poderes do Sirenix. Darcy e Stormy pensan que elas non conseguirán nada. En Alfea, as Winx explican que teñen as tres xemas pero non teñen o Sirenix, e só falta un día. O libro do Sirenix aparece e di que teñen que atopar a fonte do Sirenix.

As Winx volven á Sección Secreta de Alfea, e non atopan nada. No océano, a Selkie de Magix atopa que Tritannus entrou no lago Rocha Luz. Tritannus localiza a fonte do Sirenix e destrúea, co que todo empeza a ensuciarse, e un monstro de petróleo vixía que non entre ninguén.

As Selkies empezan a atacar a Tritannus, mentres as Winx están a buscar como obter o Sirenix. Bloom descobre que aínda falta unha proba para obter o Sirenix, e a súa gardiá di que teñen que ir ao lugar onde empezaron a súa procura. O iate das Winx van cara ao lago Rocha Luz, pero atopan que o lago está a secarse. As Winx transfórmanse.

As Winx entran na auga, e atopan que as Selkies non están con elas. As Winx atopan o monstro de petróleo, e empeza a atacar as Winx. Bloom ve que Tritannus está a loitar contra as Selkies, e comunícallelo ás outras Winx. Stella e Layla van con Bloom para axudar ás Selkies.

Flora, Musa e Tecna loitan contra o monstro, mentres Bloom, Layla e Stella loitan contra Tritannus. Bloom logra deter Tritannus, pero teñen que salvar o lago. Tritannus reúnese coas Trix, rouba a Daphne os seus poderes do Sirenix e dállos ás Trix. As Trix obteñen un Sirenix escuro.

As Winx unen a súa maxia co océano e coas Selkies, e fan unha converxencia Harmonix, co que logran salvar o lago e volve á vida. As gardiás do Sirenix aparecen e crean un portal onde sae Omnia, a gardiá suprema do Sirenix. Ela di ás Winx que entren no Océano Infinito, e obteñen o Sirenix.

No Océano Infinito, as Winx están contentas por obter o Sirenix. Omnia di que sempre poderán estar no Océano Infinito co Sirenix, e cada unha das Winx terán un desexo. Tamén advirte ás Winx que Tritannus tamén entrou no Océano Infinito e as Trix teñen un Sirenix escuro.

Tritannus, as Trix, os mutantes e Daphne entran no Océano Infinito. Daphne di a Tritannus que as Winx evitarán que cause danos, pero Tritannus di a Daphne que destruirá todo o que viñer no seu camiño. Tritannus di que tamén porá unha trampa ás Winx cando as atopar.

Feitos importantes[]

  • As Winx abren o portal do Océano Infinito e gañan o Sirenix.
  • As Trix reciben tamén unha versión escura do Sirenix chamada Sirenix Escuro.
  • Tritannus ten máis mutantes do que tivo nunca.
  • O poder Sirenix de Daphne é absorbido por Tritannus e el entrégallelo ás Trix.

Curiosidades[]

  • Esta é a primeira vez que as Winx, as Trix e Tritannus son mostrados en 3D na serie.
  • Comezando con este episodio, hai unha nova secuencia de abertura. Esta usa animación en 3D xeradas por computador en vez de animación 2D feita con debuxos a man, e inclúe escenas da transformación Sirenix en 3D e das Winx no Océano Infinito.

Galería[]

Advertisement