Wiki Winx Club
Advertisement

O ollo da inspiración das fadas é o episodio 17 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 121 en total. Estreouse o 11 de abril do 2013 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no Océano Infinito, onde Tritannus ten o selo da columna da luz, e Icy está con el. Darcy e Stormy falan con Daphne, e ela di que Tritannus non pode activar o trono do emperador, porque Tritannus e as Trix serán destruídos. Elas non a cren, e Daphne tenta contactar con Bloom pero non pode e cae desmaiada.

Tritannus pon o selo da columna da luz no trono do emperador, pero o trono lanza un raio que deixa Tritannus coa súa forma normal. Daphne aproveita que Tritannus se debilitou e tenta contactar con Bloom. En Alfea, Bloom entra en contacto con Daphne, e Daphne dille a Bloom que foi secuestrada e ten que deter Tritannus.

Daphne explícalle a Bloom que Tritannus está á procura dos selos da columna do equilibrio e da columna do control, e Bloom ten que procurar o ollo da inspiración. Bloom esperta, e avisa Flora e logo as outras Winx, malia que Stella ten sono. No Océano Infinito, Icy di a Tritannus que teñen que ir á Terra buscar petróleo.

Darcy e Stormy empezan a crer o que Daphne dixo, e explícanllo a Icy. Icy di que o fará soa se fixer falla. Na Sección Secreta de Alfea, as Winx empezan a procurar o ollo da inspiración. Pero non atopan nada. A Selkie da Terra ve que o portal se abre, e entran Tritannus e as Trix. A Selkie tenta detelos, sen éxito.

En Alfea, Bloom insiste coa mensaxe de Daphne de deter Tritannus, pero as Winx pensan que non existe o ollo da inspiración. Layla préguntalle á súa gardiá do Sirenix, e ela dá unha pista que indica que se trata da lúa. As Winx descobren que é a lúa reflectida nun pozo, e o ollo da inspiración leva as Winx a unha sala de auga.

As Winx descobren que están nun mapa do Océano Infinito, e Tecna descárgase o mapa no seu móbil. No océano, a Selkie da Terra, Philla avisa outras Selkies para deteren Tritannus. Na Terra, Mike e Vanessa están a limpar a illa de lixo. Daquela aparecen Tritannus e as Trix, e Tritannus absorbe as toxinas e volve ter aspecto de monstro.

Tritannus transforma unha pila de lixo nun monstro, e ataca o barco de Mike. A xente salta ao mar, e Vanessa chama Bloom. En Alfea, Bloom recibe a chamada, e as Winx teñen que ir á Terra. As Winx transfórmanse, mentres o monstro de Tritannus ataca os humanos.

As Winx chegan á Terra, e Tritannus e as Trix van á auga buscar a columna do equilibrio. As Winx empezan a atacar o monstro, pero non fai efecto. Bloom lembra o que WizGiz lles dixo ás Winx, e usan unha converxencia Sirenix para reflectiren o ataque do monstro. Con isto, o monstro é destruído, e as Winx entran na auga.

Tritannus e as Trix queren entrar no Océano Infinito, pero aparece Philla con moitas Selkies. Entón Tritannus deixa as Selkies fóra de combate, e Tritannus e as Trix entran no Océano Infinito. As Winx chegan, e logran salvar as Selkies. Philla dálles as grazas ás Winx. Na Terra, Mike e Vanessa din que o mar estará limpo. As Winx din que collerán Tritannus.

Feitos importantes[]

  • Daphne consegue entrar en contacto con Bloom e avísaa do plano maligno de Tritannus.
  • Darcy e Stormy teñen dúbidas da súa posición porque Tritannus comeza a volverse feble.
  • A illa de lixo no océano do Gardenia é finalmente destruída.
  • As Winx recuperan un mapa virtual do Océano Infinito.

Curiosidades[]

  • Na Terra, mentres as Winx estaban co Sirenix, a saia de Stella fáltalle.
  • Durante a converxencia das Winx contra o monstro de lixo, as saias de Stella, Musa e Tecna fáltanlles.
  • Na Terra mentres estaba no ar, a perna esquerda de Darcy desaparece dende o xeonllo cara abaixo.
  • Cando Tritannus entra no Océano Infinito, o fondo falta (as pedras), pero aparece despois dalgúns segundos.
  • Baixo a auga, as luces do cabelo de Musa son rosas en vez de laranxas.

Galería[]

Advertisement