Wiki Winx Club
Advertisement

Os problemas do amor é o episodio 20 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 124 en total. Estreouse o 16 de abril do 2013 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no Océano Infinito, onde as Winx se dispoñen a atacar Tritannus e mailas Trix. Pero Darcy e Stormy teñen baixo o seu control as baleas cantantes. Icy di a Darcy e Stormy que non abandonará nunca Tritannus, e as baleas dispóñense a atacar as Winx.

As Winx non poden aguantar o canto das baleas enfeitizadas, pero Musa di ás Winx que non ataquen as baleas porque ten unha idea. Tritannus vaise poñer o segundo selo no trono do emperador, e Musa activa o seu feitizo da voz do Sirenix, e rompe o feitizo das baleas cantantes.

As Winx van á columna do equilibrio para salvaren os planetas. As Winx usan unha converxencia Sirenix para estabilizaren a columna do equilibrio, e nos planetas os terremotos cesan. En Melodía, as Winx chegan co iate ata a casa de Musa, onde ela di ao seu pai que lles cantou ás baleas a canción da súa nai para romper o feitizo.

En Alfea, Faragonda di ás Winx que a Tritannus só lle falta un selo para gobernar a dimensión máxica, e por iso teñen que facer adestramentos. No seu cuarto, Stella fala con Brandon, e Layla di a Tecna que tería que falar con Timmy en persoa. Musa pensa na moza que estaba con Riven.

Bloom preocúpase por Sky, e en Eraklyon, Sky quere chamar Bloom pero Diaspro di a Sky que ten que ir á reunión que fará o seu pai. Diaspro di que Sky ten que antepoñer o seu pai a Bloom. Entón Diaspro chama Bloom, dicindo que se quixer falar con Sky ten que falar primeiro con ela.

Bloom chama Sky, pero Sky está a facer unha reunión. Bloom volve chamar Sky, e a nai de Sky dille que responda á chamada. Pero Bloom xa deixou de chamar, e ponse a chorar. A gardiá do Sirenix de Bloom aparece, e di que ten que confiar en Sky. Flora dille a Bloom que Sky lle deu o colgante de Eraklyon para demostrar o que sente por ela.

Palladium di ás Winx que teñen que entrar nun mundo máxico, e os seus poderes diminuirán. As Winx pasan por un portal e entran neste mundo máxico. Alí son atacadas por uns paxaros, e as Winx escóndense. As Winx atopan un polen que anula a gravidade, e soben a unha parte máis alta.

Stella ponlle a Flora un vestido de pétalos vermellos, pero un paxaro cre que Flora é comida e cóllea coas súas patas. As Winx soben noutros paxaros, e Stella lanza pétalos vermellos, co que o paxaro vermello deixa caer Flora. Stella logra salvar Flora co seu paxaro, e Flora dálle as grazas a Stella. As Winx continúan a voar cos seus paxaros amarelos.

No Océano Infinito, Tritannus coloca o selo da columna do equilibrio no trono do emperador, pero é atacado por un raio e volve ao seu aspecto normal. Tritannus di que precisa de máis petróleo, e Darcy e Stormy planean traizoar Tritannus e ser elas as gobernadoras do Océano Infinito e da dimensión máxica.

Feitos importantes[]

  • Musa libera as baleas cantantes co seu feitizo da voz do Sirenix.
  • Tritannus activa o segundo selo e ten que reabastecerse porque o selo drenou a súa forza.
  • Diaspro interponse entre Bloom e Sky.
  • As Winx comezan un exercicio de adestramento.
  • Darcy e Stormy planean traizoar Tritannus.

Curiosidades[]

  • Esta é a primeira vez que unha gardiá Sirenix sae para encargarse dunha situación que non envolve as xemas ou as columnas, neste caso, para confortar Bloom sobre os seus problemas do amor.
  • Este é o primeiro episodio da tempada 5 onde as Winx non son transformadas.

Galería[]

Advertisement