O tótem máxico é o episodio 18 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 148 en total. Estreouse o 1 de agosto do 2014 en Italia.
Argumento[]
O episodio empeza con Selina, Stormy e Darcy que están a observar as Winx e os Especialistas que están acurralados polos lobishomes, a través do Ollo de Griffin. Darcy di que non teñen ningunha opción de gañaren, pero Stormy está moito máis interesada por Icy e dille a Selina que lle amose Icy. Darcy en cambio está máis interesada pola loita das fadas e enfádase con Stormy, que di que prefire ver a Raíña das Neves en acción e Selina mostra Icy, Helia e Flora.
Stormy di que Icy está a gozar mentres que Flora voa cara a Icy e Helia, malia os obstáculos de Icy. Ela dille a Helia que está a vir e Icy dilles aos renos que teñen que ir máis rápido, deixándoa atrás. Despois Icy pregúntalle se é o único que Flora pode facer e Flora di que non lle ten medo a Icy e que non lle terá nunca medo. Icy en cambio dille a Flora que non se esqueza de que ela está no seu reino agora e que todo este sitio está baixo o seu control.
Flora mira preocupada cando Icy lanza cristais de xeo cara ao chan, logo de que fai aparecer pedras de xeo xigantes dende o chan para parala de avanzar. Aínda así Flora está determinada a non renunciar a Helia. Icy entón tenta atacar Flora pero ela desvía o ataque cando ve o tótem. Ela entón ordénalles aos renos que se retiren e lánzalle outro ataque a Flora. Flora escóndese detrás dun bloque de xeo á espera de que Icy marche. Cando ten a certeza de que Icy non a viu ela sae do agocho. Despois di que ten frío e entón Icy aparece e dille que ten que acostumarse. As súas ás conxélanse e Icy di que ela e Helia quedarán atrapados no mundo do Legendarium para sempre, cando de súpeto as ás de Flora se desconxelan.
Flora entón di que se cadra non poderá derreter todo o xeo pero pode deter Icy. Entón ela fai un feitizo sobre os renos que antes estaban conxelados e fai que volvan á normalidade. Flora dilles que teñen que fuxir e que agora son libres. Pero como os renos estaban anoados á zorra fan que caia a zorra de Icy e Helia cae da zorra. Icy dilles aos renos que volvan e que están baixo o seu control. Mentres que ela fala cos renos, Flora crea unha burbulla e fai que Helia baixe con ela a carón do tótem en seguridade. Flora entón vai ata Helia e teletranspórtase con Helia e co tótem ao mundo real coa axuda da súa variña, deixando Icy soa.
No mundo real, as Winx e os Especialistas están a loitar contra os lobishomes. Pero eles non poden ferilos porque Bloom lles lembra que non poden destruír os lobishomes porque son só homes e mulleres inocentes, vítimas dunha maldición. Nex entón di que sería mellor esperar a que pase o efecto do feitizo. Layla entón pregunta se teñen que esperar ata que saia o sol. O equipo queda rodeado polos lobishomes, pero de súpeto Flora vén co tótem e con Helia. As Winx alégranse e Daphne di que agora poden curar os habitantes de Fearwood coa axuda do tótem. Logo de que os habitantes volven á normalidade grazas á maxia do tótem, Bloom dille a Flora que está feliz porque volveu, pero Flora dille que Helia aínda está conxelado.
Bloom entón pregúntalle a Flora se ela sabe dalgún feitizo que faga que Helia volva á normalidade, e Flora entón lémbrase do feitizo que utilizou sobre os renos. Ela fai que a súa variña Mythix apareza, e fai o mesmo feitizo sobre Helia que logra desconxelalo. Flora abraza Helia. Avergoñado este interrompe o abrazo. Ela entón non entende por que Helia lle dixo isto, pero xusto entón o alcalde de Fearwood agradécelles dicindo que grazas a ela o feitizo baixo o que estaban está agora roto e todos eles agradécenlles ás Winx polo que fixeron.
Na aldea de Fearwood, organízase unha festa. Alí Thoren está a competir só contra Roy, Timmy e Brandon mentres que Daphne o observa dende o público. Thoren vence os tres especialistas mentres que as Winx excepto Flora están a competir nunha carreira de sacos e Layla e Bloom están a piques de ganar. Pero ao final caen unha encima da outra, facendo que Stella gañe a carreira. Stella entón crea bólas que flotan no aire. A continuación fai tamén aparecer unhas vendas nos ollos de Layla, nos ollos de Bloom e nos ollos de Tecna. Elas collen nas mans uns bastóns e Stella di que teñen que darlle a unha das bólas porque no seu interior hai unha sorpresa. Layla entón di que esta cousa non é divertida, mentres que tenta darlle a unha das bólas, mentres que Stella move as bólas e os habitantes empezan a rir. Despois Riven di que esta broma non ten sentido, e Musa pregúntalle por que e crea tamén unha venda sobre os seus ollos e os ollos de Helia e ponlles uns bastóns nas súas mans e ínstaos a que os golpeen tamén eles.
Mentres que tentan darlles as bólas, Musa di que non é tan ridículo agora, mentres que Stella move de novo as bólas. Entón ambos tentan darlles ás bólas, pero eles tampouco teñen moita sorte. Helia dille a Riven que é máis difícil do que pensaron. Riven enfádase polo comentario feito por Helia. Helia entón dille que el só precisa de relaxarse. Despois Tecna dálle a unha das bólas e as tres Winx transfórmanse en animais pequenos. Stella entón di que esta era a “sorpresa” e di que dentro duns minutos elas volverán á normalidade. As tres entón míranse confusas e corren ata o sitio da carreira de sacos e os habitantes rin de novo e corren ata onde Helia e Riven aínda están a discutir.
Helia e Riven chegan a pelexarse e Flora marcha enfadada, seguida á súa vez por Musa. Esta pregúntalle por que está triste, e ela di que Helia está a comportarse raro. Ela cre que Icy fixo algunha cousa. Musa entón fai que Flora escoite unha canción que a nai de Musa adoitaba cantarlle, facendo que se calme. As dúas Winx sorrín mentres que Helia e Riven empezan a loitar cos bastóns. Sky entón intervén na súa loita para separalos, pero non o logra, e Riven dille que non se preocupe. Flora tenta intervir tamén na loita pero Helia dille a Flora que se quite do medio.
Flora ten dúbidas con relación ao que lle dixo. Brandon entón di que ten que rematar a loita e vai con Timmy ata Helia, e os dous cólleno. El tenta soltarse, pero Stella fai que os bastóns desaparezan e as outras tres Winx volven á normalidade. Layla pregunta que lle está en suceder a Helia, e se fixeron algunha cousa as Trix con el. Daphne examina Helia e descobre que ha un fragmento de xeo no seu corazón. Ao parecer Icy fíxoo cando lle conxelou o corazón. Entón Bloom di que desconxelará o corazón del coa Chama do Dragón. Pero Daphne di que non pode desconxelalo así, e teñen que atopar outro xeito para desconxelalo ou senón todo o seu corpo se conxelará.
Xusto entón, Icy aparece e ataca as Winx e conxela toda a aldea e algunhas persoas. As Winx transfórmanse en Bloomix e Daphne en Sirenix. As Winx loitan contra Icy e tentan protexer a aldea, pero Icy aínda está a atacar. Flora loita soa contra Icy, e entón Icy conxela as ás de Flora, que cae ao chan.
Aínda así Flora di que salvará Helia. Bloom ataca Icy, pero Icy é máis forte porque é a Raíña das Neves. Flora dilles aos elementos da natureza que a escoiten, e Flora logra volver. Con novas forzas Flora ataca Icy, e cos seus poderes consegue salvar a aldea e desconxelar o xeo do corazón de Helia. Eldora aparece e di que teñen que facer a chave para o Legendarium, e que precisan da Lanza de Prata. As fadas van cara ao tótem onde está a Lanza, e con tódolos elementos as Winx crean a chave do Legendarium.
Icy marcha, pero vólvese coas Trix e está moi enfadada porque case gañara. As outras Trix din que o Legendarium quedará en Torre de Nubes. Selina di que ten que pensar nalgunha outra cousa para liberar Acheron. Na aldea, as Winx din que teñen que gozar, agora que tiveron éxito, e empezan a esquiar xunto cos Especialistas. Eldora úneselles a eles e así remata o episodio.
Feitos importantes[]
- Flora derrota Icy e quita a maldición do corazón de Helia.
- As Winx atopan a Lanza de Prata.
- As Winx crean a chave do Legendarium.
Curiosidades[]
- Cando Daphne está a transformarse en Sirenix, ela está vestida como princesa, malia que ela neste episodio está vestida cun abrigo longo.