Wiki Winx Club
Advertisement

O gato máxico é o episodio 9 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 165 en total. Estreouse o 25 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Italia da Idade Media da Terra, onde as Winx están a axudar un pequeno grupo de teatro, e a cambio Orlando levaraas ata o gato-espiño. Os trobadores están a facer a súa obra, mentres que os gardas e a xente da aldea vén asistir á representación. Entón Brafilius aparece e descobre que as Winx continúan a procurar o gato-espiño, cando ven un cartel onde di que calquera tipo de maxia vai contra a lei.

Brafilius vén ver tamén a obra, e entón Orlando chama as Winx. Elas aparecen disfrazadas con ás falsas a faceren a súa entrada como as fadas da obra. Entón Brafilius interfire coa obra aplicándolles ás mozas un feitizo de voo e fainas flotar. O burro asústase e sae correndo da escena co decorado. Só que dende alí enriba as Winx ven que Brafilius é o responsable do feitizo. Os gardas recoñecen as mozas como as fadas que viron anteriormente, e ordénalles aos gardas que as collan. Brafilius detense, tendo en consecuencia a caída das Winx ao chan.

Orlando defende as fadas, e mentres que as Winx foxen, Orlando sobe no carro e pasa con estas case por riba dos gardas, que asustados se retiran do camiño do carro. O trobador Orlando invita as Winx a subiren no carro, el promételles que as levará ata un lago onde lles dará información sobre o gato-espiño. Pero Stella cre que os mozos son sempre iguais, en tódolos tempos.

No lago, Orlando cóntalles que cando el era rapaz, adoitaba tocar o seu instrumento e entón aparecía o gato-espiño. El empeza a tocar, e lembra o seu pasado co gato. Musa vai con Orlando, e entón o gato aparece tamén. Brafilius tamén chega alí e quere collelo. Este invoca dous monstros do lago, que empezan a atacar o grupo. Mentres que as Winx se ocupan do monstro, o gato-espiño foxe e Brafilius perségueo.

Un dos monstros colle o burro e as Winx deciden transformarse porque descobren que o monstro foi invocado por Brafilius. O monstro capturou o burro, pero as Winx conseguen salvalo. Entón o monstro colle Orlando, e as Winx teñen medo de fortuitamente facendo un feitizo feriren Orlando cos seus ataques se apuntaren cara ao monstro. Musa consegue salvar Orlando, pero o monstro colle en troco Musa. Ela dille a Orlando que ten que marchar e salvar o gato.

Mentres tanto, o gato está a fuxir, pero atópano os gardas. Entón Brafilius colle o gato, e os gardas descobren que este tamén posúe poderes máxicos. O capitán descobre que el fixo voar as Winx na aldea, e pero Brafilius deixa os gardas inconscientes cos seus poderes. Entón Brafilius comproba co seu diamante escuro se o gato-espiño é o animal coa primeira cor do universo, cando ve que non se pode concentrar por culpa da música de Orlando.

Orlando dille a Brafilius que deixe o gato, e el e Brafilius empezan a facerlle comentarios. Mentres tanto, as Winx están a ser atacadas polos monstros do lago. Os seus ataques non teñen ningunha clase de efecto sobre estes, e Musa decide procurar Orlando mentres que as outras mozas quedan a ocupárense do monstro. Entón Flora utiliza os seus poderes Butterflix para que as axude a natureza co monstro. Un salgueiro entón ataca os monstros e derrótaos.

Musa, pola súa banda, salva Orlando que estaba a ser atacado por Brafilius e utiliza os seus poderes Butterflix para que a harmonía do bosque a axude a salvar o gato-espiño e derrota Brafilius. Tras unha loita, ela lígase co gato, quen di que se chama Critty. El confésalle que non é o animal do que están á procura. Musa dille a Orlando que ela é unha fada, e dille que ten que continuar o espectáculo.

Na aldea, o equipo de Orlando xunto coas Winx continúan a súa obra sobre fadas. Orlando entrégalle a Musa Critty, e di que se lembrará sempre do gato. Tódalas Winx excepto Musa desaparecen e volven ao presente, e toda a xente se asusta. Pero os gardas din que todo foi tan só un truco. Entón Musa di que non o esquecerá nunca, despídese de Orlando e volve ao presente.

Feitos importantes[]

  • Critty vólvese o animal máxico de Musa.

Curiosidades[]

  • Nunha escena, as ás de Stella son moradas en vez de rosa.
  • Nunha escena, as ás de Stella faltan.
  • Nunha escena, as ás de Musa faltan.
  • Nunha escena, os ollos de Critty son grises en vez de verdes.

Galería[]

Advertisement