Wiki Winx Club
Advertisement

O animal máxico de Tecna é o episodio 12 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 168 en total. Estreouse o 26 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza pola noite en Alfea, onde Roxy lles pide aos animais máxicos das Winx que se reúnan. Ela quere coñecer mellor os animais para descubrir o segredo sobre o poder dos animais, que o procura Kalshara. No entanto, falta Critty e Roxy vai buscala.

Mentres que ela marcha, os animais quedan e destrúen sen querer os globos tecno-máxicos de Roxy e asustan os paxaros picapaus. As Winx espertan, e están a tomar o almorzo. Roxy vén buscar Critty, e oe ruídos dende o seu cuarto. Ela volve ver que está a suceder, e atopa un globo tecno-máxico roto. O problema é que os demais non funcionan sen este.

Tecna dille a Roxy que o arranxará, pero teñen que ir atoparse cos seus pais. Xunto coas Winx, viaxan a Zenith. Ao chegaren, as Winx están na cidade, e chegan á casa de Tecna. Un robot aparece na porta e recíbeas. Entón Timmy reatópase con Electronio e Magnethia, que están a reparar un robot. Tecna dilles que precisan da súa axuda.

Mentres tanto, Kalshara continúa a procura do animal coa primeira cor do universo e manda Brafilius ao pasado tecno-máxico do corazón de Zenith, o sitio onde naceu a tecno-maxia. O obxectivo da viaxe é sinxelo, porque neste tempo aínda había animais neste planeta no pasado e unha destas criaturas podería posuír o segredo da primeira cor do universo. Brafilius viaxa ao pasado e atopa os esquíos voadores, os animais máxicos que manteñen o corazón de Zenith en movemento.

Brafilius colle un dos esquíos da configuración e verifica se é o animal do que están á procura. Pero ao parecer nin os esquíos voadores non son o animal do que están á procura. Entón Brafilius tenta matar o esquío, pero o esquío deféndese e róuballe a pedra a Brafilius. A pedra acaba dentro dun tubo, e Brafilius está atrapado nun tubo distinto, e non pode facer nada.

No presente, o robot que estaban a reparar os pais de Tecna e Timmy curtocircuítase. Pero non só este é o seu único problema, xa que o resto do equipamento tecno-máxico de Zenith tamén se volve tolo. As pedras das lembranzas ilumínanse, e as Winx viaxan no tempo cara ao corazón tecno-máxico, para pescudaren o que sucedeu no pasado e para saberen por que os robots se estragaron.

No pasado, Brafilius quitou un dos animais do corazón do circuíto e polo tanto perdeuse a estabilidade. As Winx chegan alí e atopan Brafilius, e entón decátanse de que el é a causa de tódolos problemas de Zenith. As Winx transfórmanse, e os esquíos voadores e Tecna cos seus poderes Butterflix logran fusionarse co corazón e estabilizalo de novo. Logo péchase o cinto cos esquíos voadores.

Brafilius consegue coller a súa pedra de novo e desaparece de volta ao futuro. Un esquío voador de nome Flitter lígase con Tecna, e as Winx tamén van ao futuro xunto con Flitter. De volta no presente, os pais de Tecna dinlle a Stella que non usarán ningún robot para amañaren nada. Ao final do episodio, Flitter é quen repara os globos tecno-máxicos de Roxy.

Feitos importantes[]

  • Flitter vólvese o animal máxico de Tecna.

Curiosidades[]

  • Nunha escena, Tecna é vista coas ás de cor rosa en vez de morada.
  • Nunha escena, Stella é vista coas ás moradas en vez de rosa.
  • É por terceira vez que as Winx van a Zenith.

Galería[]

Advertisement