Wiki Winx Club
Advertisement

O segredo de Alfea é o episodio 23 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 179 en total. Estreouse o 2 de outubro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza nun bosque de Magix, a continuación do episodio anterior. As Trix foron liberadas do mundo do Legendarium, e Brafilius di que el é o que as invocou, e que posúe o derradeiro poder. Pero Brafilius non sabe usalo, e as Trix transforman Brafilius nun can.

As Trix queren atacar Kalshara, e ela transfórmase nunha aguia e escapa. Icy di que se ocuparán dela noutro momento, e absórbenlle o derradeiro poder de Brafilius. Mentres tanto, no Mini-Mundo dos Diamantes, as Winx están atrapadas, e todo está de camiño á destrución.

Flora quedou atrapada baixo unhas rochas, e as Winx están en perigo. Stella tenta destruír as rochas, alcanzar Flora, pero sen éxito. Entón un animal di que estas rochas son moi potentes. Os animais máxicos veñen axudalas, e Amarok logra sacar de baixo as pedras e salvar Flora. Flora e mais Amarok combinan os seus poderes para restauraren o Mini-Mundo dos Diamantes de volta á normalidade.

Os reis Diamantes veñen ver o que fixeron as Winx, cando ven os diamantes de Cookie e cómenos. Encantados polos diamantes, o Rei dálles as grazas ás Winx, aos animais e a Cookie. Logo as Winx din que teñen que volver a Magix e despídense. Mentres tanto, as Trix chegan a Alfea e deciden conquistala. Pero hai a barreira máxica que as detén.

As Winx chegan á oficina da directora Faragonda, quen di que a toupa escava-furacos aquela non era o seu animal, senón era Kalshara transformada nunha réplica da toupa escava-furacos. Tamén lles anuncia que esta logrou volverse máis forte co derradeiro poder. Griselda con todo aparece de súpeto a dicir que a barreira de protección de Alfea está a caer, e as Winx están sorprendidas de veren as Trix.

Layla ve Brafilius transformado nun can e ven luz desprendida polo derradeiro poder, e as Winx transfórmanse en Butterflix para loitaren contra as Trix. As Trix presentan os seus propios animais máxicos, e ordénalles que ataquen os animais máxicos das Winx. Empeza unha loita enriba de Alfea, e parece que as Trix están a gañar.

Elas organiza os demais animais en dous equipos para loitaren contra os animais das Trix, e as Winx uniranse para atacaren mellor as Trix. Icy está a aproveitarse dos poderes do derradeiro poder en Brafilius, e colocan enerxía escura nas Winx. De súpeto, as Trix desaparecen.

Faragonda informa as Winx de que as Trix están a atacar dende dentro, e que o corazón de Alfea se atopa en perigo. Bloom di que teñen que ir ao corazón de Alfea, e co Tynix entrarán nun novo Mini-Mundo, o Mini-Mundo de Alfea, localizado no corazón de Alfea. Alí descobren que todo está formado por bolboretas coa forma dun corazón.

Un animal vén falar coas Winx, e elas din que están á procura da fonte máxica deste Mini-Mundo, e o animal dilles que o sigan. Pero as Trix tamén están neste Mini-Mundo, e as Winx deciden afastalas da fonte máxica do Mini-Mundo. Pero agora as Winx son máis fortes cás Trix.

Occula, o animal de Stormy, é moi potente e ataca as Winx. Bloom di que recoñece o can, e entón Darcy ataca o corazón de Alfea e invocando maxia negra e debilitando Stella. Pero Shiny axuda Stella, e tentan restaurar o corazón de Alfea. Pero o animal di que tan só a bolboreta dourada pode restauralo. Por isto, as Winx teñen que viaxar ao pasado.

Feitos importantes[]

  • Flora é salvada de baixo as rocas por Amarok.
  • Brafilius é transformado nun can.
  • É introducido por primeira vez o Mini-Mundo de Alfea.

Curiosidades[]

  • O Mundo do Legendarium é chamado como “A Dimensión das Lendas”.

Galería[]

Advertisement