Wiki Winx Club
Advertisement

A noite das estrelas é o episodio 1 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 183 en total. Estreouse o 15 de abril do 2019 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Magix, onde se está a celebrar a noite das estrelas fugaces. Na escola para fadas Alfea, as estudantes observan o ceo mentres que están a ver as estrelas a cruzaren o firmamento. No observatorio escolar, as Winx tamén están a observar as estrelas fugaces en busca de inspiración para a nova canción do seu grupo musical.

Mentres tanto, na galaxia da Dimensión Máxica, un pequeno exemplar de Lumen é seguido por un exército de Staryummys, determinados a impedir que a criatura pequena alcance a escola Alfea. A criatura consegue fuxir xusto a tempo do seu inimigo que a está a perseguir. Por desgraza ela perde o control e pérdese polos bosques de Magix. As Winx cren que ela é unha estrela fugaz, pero descobren que non o é e enseguida van alí ver que caeu no bosque.

Despois de vérena, Stella explícalles ás Winx e a Faragonda que a criatura pequena en cuestión é unha Lumen, unha criatura de pura luz que habita nas estrelas e que provén de Lumenia, a estrela que ilumina Solaria. Faragonda pregúntase que puido facer que a pequena criatura abandone a súa casa. Mentres tanto, no medio do bosque, entre as árbores, Obscurum e os Staryummys están enfadados porque non conseguiron impedir que a Lumen se atopase coas fadas de Alfea.

Ao día seguinte, cando a Lumen esperta, descobren que perdeu a memoria, dado que non logra lembrar o motivo polo que veu a Alfea. Para tentaren axudala, as Winx pídenlles axuda aos Especialistas, que volveron dunha misión en Andros. Tecna e Timmy, grazas a un aparello coñecido como “Memocronovisor”, conseguen recuperar algunhas lembranzas da pequena criatura, intuíndo que alguén ou algo a perseguiu polo espazo. No entanto a Lumen, revivindo as súas propias lembranzas, cede á emoción e sobrecargándose de enerxía luminosa, causa o involuntario estalido do Memocronovisor.

De volta en Fonte Vermella, os Especialistas están esgotados tras outro longo e estresante día, pero entón atopan Riven (non se lle ve a cara). O mozo conseguiu o permiso de parte de Codatorta de volver formar parte do equipo, agora composto por Sky, Brandon, Nex, Helia e Timmy. Deste xeito reúnese cos seus antigos amigos. Para animaren a pequena e esquecediza Lumen, as Winx organizan un concerto máxico para ela. Pero durante a exhibición, a escola Alfea é atacada por un exército de Staryummys, que se unen entre eles para formaren un único e grande monstro.

Mentres que Faragonda asegura a seguridade das alumnas, a Lumen recobra a súa memoria ao ver a criatura. As Winx utilizan os seus poderes Butterflix para tentaren derrotar a criatura. No entanto, polo que parece, só a maxia de luz de Stella parece funcionar contra esta, a diferenza dos outros feitizos das demais Winx. Intuíndo iso, Bloom ordénalle a Stella sobrecargar utilizando a súa maxia de luz. Deste xeito ela causa un estalido co que logran destruír a criatura escura. O plan ten éxito e as Winx e a Lumen logran salvar a escola Alfea.

Unha vez reunidas no despacho de Faragonda, a Lumen, que revela que se chama Twinkly e que é a mensaxeira de Lumenia. Ela explícalles ás Winx e á directora os motivos polos cales veu á escola Alfea. A raíña Dorona encargoulle pedir axuda ás fadas máis poderosas da Dimensión Máxica cando foi atacada polos Staryummys. Ela revela que as estrelas do ceo se están a apagar misteriosamente una a unha a causa dos Staryummys. Se deixaren as cousas a continuación, tódolos mundos do universo máxico aos poucos quedarán na escuridade. Determinadas a axudaren a súa nova amiga, as Winx establecen que á mañá seguinte partirán enseguida cara a Lumenia para axudaren a raíña Dorona.

Feitos importantes[]

  • Twinkly chega a Alfea.
  • As Winx coñecen Twinkly e descobren que é unha Lumen que vén de Lumenia.
  • As Winx realizan o seu primeiro concerto en Alfea dedicado á súa nova amiga, Twinkly.
  • Twinkly revela que ela é a mensaxeira de Lumenia e que veu a Alfea baixo o chamado de axuda da raíña Dorona.

Personaxes[]

Curiosidades[]

  • Twinkly, Obscurum e os Staryummys aparecen por primeira vez na serie.
    • A raíña Dorona é mencionada neste episodio pero non aparece en persoa.
  • Neste episodio volven Riven e Knut á serie.
  • Kiko e Knut son chamados por Griselda como os “encargados” de Alfea.
  • As vestimentas de Faragonda e Griselda sofren unha lixeira variación a partir desta tempada.
  • A secuencia de transformación Butterflix foi redeseñada para esta tempada, sufrindo modificacións e cortes significativos.
    • Ao final da transformación tamén se inclúe unha nova pose de grupo.
    • A partir deste episodio, Musa é a única Winx que ten unha pulseira na súa forma Butterflix.
  • Este episodio revela que Alfea e Fonte Vermella teñen un novo cambio de imaxe.
  • Este é o primeiro episodio que é animado nun novo estilo de animación.
    • O contorno das personaxes volve ser negro, así como nas primeiras catro tempadas, en vez de ser colorado.
  • Cando as Winx se presentan no escenario, a man de Layla está colorada incorrectamente nunha escena.
  • Mentres as Winx están a loitar contra o Starchomp, vese un “303” na pantalla.
  • As Winx son vistas a vestir os pixamas da tempada 6 e non os da tempada 7.

Galería[]

Advertisement