Wiki Winx Club
Advertisement

Ataque ao núcleo é o episodio 3 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 185 en total. Estreouse o 17 de abril do 2019 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza con Obscurum que lles ordena aos seus Staryummys que sequen o núcleo de Lumenia ata a última faísca. Deste xeito, Lumenia afundirase na escuridade e el volverase o novo soberano de Lumenia. Para detéreno, usando os seus novos e potentes poderes Cosmix, as Winx chegan.

As Winx empezan a atacar os Staryummys, pechando os portais que os conectan coa dimensión escura na que Valtor vive. No entanto, cada vez que elas pechan un portal, Obscurum usa a súa maxia e sempre logra abrir outro portal para os seus Staryummys. Polo tanto, el logra permitirlles aos Staryummys que lle leven tódalas faíscas de luz roubadas do núcleo directamente a Valtor.

No seu escuro castelo, Valtor prosegue a absorber tódalas faíscas de luz que lle trouxeron os Staryummys, incrementando notablemente o seu poder. Obscurum consegue distraer as Winx suficiente para permitirlles aos seus Staryummys que absorban toda a enerxía luminosa do núcleo. A continuación este logra fuxir.

O núcleo apagouse. No entanto, concentrando tódolos seus poderes Cosmix sobre o núcleo, as Winx finalmente conseguen devolverlle a súa luz e facelo brillar de novo, devolvéndolles aos Lumens toda a forza. Cando Valtor descobre que fixeron as Winx, castiga Obscurum severamente (facéndolle pasar por uns portais de dor), e despois, xura vinganza contra as fadas do Winx Club.

Mentres tanto, as Winx están a dar un concerto para tódolos Lumens, dándolles as grazas deste xeito por confiar nelas. Xusto cando se achega o fin do concerto, Bloom recibe unha mensaxe de Faragonda, que lle advirte que en Alfea lles espera unha sorpresa: un exame de Pocionoloxía co profesor Palladium preparado recentemente. As seis fadas son obrigadas a darse présa en volver a casa.

Durante o camiño de volta a Alfea, as Winx están a correr para chegar a tempo ao exame. De súpeto Bloom ve o príncipe Sky, o seu mozo, quen está decepcionado porque a moza se esqueceu completamente da súa cita romántica. A moza promételle que a farán canto antes. Agora ten que ir á clase sorpresa que Faragonda e Palladium lles prepararon.

Na proba sorpresa de Pocionoloxía, Palladium di que Bloom, Stella, Flora, Musa, Tecna, Layla, Lexi, Naomi, Diana, Lori e Kelli teñen que construír un Destilado de Herba-gato. Pero as Winx teñen soño e non fan a proba ben. O resultado final é un desastre. Á noite, Riven chama Musa por teléfono, pero a moza rexeita coller a chamada. Véndoa un pouco triste, Tecna pon para ela un pouco de música e ámbalas dúas empezan a bailar para expulsar os pensamentos negativos. Mentres tanto as demais Winx descansan en casa. Bloom mira ao ceo e ve unha estrela, pero esta é unha nave brillante. Valtor di que atacará esta nave, e remata o episodio.

Feitos importantes[]

  • Revélase que Valtor lle prometeu a Obscurum o trono de Lumenia a cambio da súa axuda e o seu exército de Staryummys.

Curiosidades[]

  • Se o núcleo de Lumenia se apagar e a estrela caer na escuridade, Obscurum volverase o lexítimo soberano do planeta.

Galería[]

Advertisement