Wiki Winx Club
Advertisement

Trampa en Prometia é o episodio 7 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 189 en total. Estreouse o 22 de abril do 2019 en Italia.

Argumento[]

Stella e Flora transfórmanse en fadas Cosmix para liberaren as súas amigas das garras do dispositivo mecánico que as colleron. Mentres tanto, na súa gorida escura, Valtor confíalle a Obscurum o seu “Escurador”: un cetro máxico co que poderá transformar tódolos Lumens de Iridia en Staryummys ao seu servizo. Obscurum está de acordo e utiliza o poder do cetro contra os Lumens, transformándoos en Staryummys.

Lumilla, a amiga de Twinkly, infelizmente tamén é transformada nun Staryummy. Tódolos novos Staryummys son absorbidos por un vórtice creado por Obscurum. Mentres tanto Orion entende que foi enganado por Valtor vendo os Lumens de Iridia transformados en Staryummys que están a entrar nun furaco negro. El tenta salvar as Winx que el colleu para que o axuden, pero Obscurum fai que el tamén sexa absorbido polo furaco negro.

En Prometia, nunha procura desesperada por axuda, Flora por segunda vez tenta facer revivir as plantas que se atopan ao redor delas, pero non ten éxito. Entón ela e Stella deciden unirse os poderes do sol e os poderes da natureza nunha converxencia máxica. As dúas fadas logran darlle temporalmente á vexetación nova enerxía vital. As plantas liberan as catro Winx que foron atrapadas, e unindo os seus poderes, as Winx destrúen o dispositivo mecánico.

Seguindo o exemplo de Stella e Flora, as seis Winx concentran os seus poderes Cosmix no globo de luz creado por Stella. Así a enteira vexetación de Prometia volve á vida. Deste xeito, as plantas de Prometia poderán continuar a vivir nutríndose da luz Cosmix das Winx. Ou polo menos ata cando as seis fadas deren logrado devolver a luz ao núcleo de Iridia.

Despois de volveren a Iridia, as Winx logran salvar Orion e Twinkly da furia de Obscurum antes de que sexa demasiado tarde. No seu laboratorio, malia o grave erro que cometeu ao traizoalas a primeira vez, Orion promételles ás Winx que as axudará a protexer Iridia e tódalas demáis estrelas da Dimensión Máxica da grande ameaza que representa Valtor.

As Winx volven a Alfea, e despois de explicárenlle o motivo do seu retardo á inspectora Griselda, as Winx participan nunha lección do profesor WizGiz. Nesta lección, as fadas aprenden a fusionar os seus propios feitizos entre elas. E con isto axudan Kiko e Knut no patio de Alfea. Nos cuartos, Flora e Stella celebran o seu éxito e a súa amizade, plantando unha semente máxica.

Mentres tanto, Valtor e Obscurum planean empoderarse coa luz de Gorgol, unha estrela submarina que dende sempre ilumina os océanos de Andros, o planeta de Layla.

Feitos importantes[]

  • Orion e as Winx forman unha alianza para derrotaren Valtor.

Curiosidades[]

Galería[]

Advertisement