Wiki Winx Club
Advertisement

A estrela dos desexos é o episodio 14 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 196 en total. Estreouse o 29 de xullo do 2019 en Italia.

Argumento[]

O Winx Club organiza un novo concerto en Alfea, ao que participa unha parte das alumnas e o corpo de profesores da escola. Bloom está un pouco nerviosa e dubidosa ao principio do espectáculo, xa que non logra localizar o seu mozo, Sky. Entón Brandon e Riven infórmana que o mozo foi convocado polo seu pai, o rei Erendor, a volver ao seu planeta, Eraklyon para cumprir coas súas tarefas de príncipe hereditario.

No palacio real de Eraklyon, Sky está a ter unha discusión co seu pai. El quere continuar a ser un Especialista de Fonte Vermella, malia as oposicións do rei. Sky dille que ten que pensar no ben de todos, non tan só no ben dos habitantes do seu propio reino. Escondida detrás dunhas columnas a escoitar a súa discusión, está Diaspro, que está decidida a aproveitarse da situación da mellor maneira para recuperar o corazón do príncipe.

No seu cuarto, as Winx e Kiko tentan consolar Bloom no que concirne aos seus problemas na relación con Sky. Ambos non teñen tempo para atopárense e estaren xuntos, e ultimamente falan pouco. Flora opina que os mozos son xeralmente reticentes na confianza, mentres que Musa lle conta que infelizmente, cando ela e Riven deixaron de falarse, a súa relación rematou. Tecna, en cambio, explícalle que non é unha cousa tan insólita para ela que Timmy non a chame ou non lle envíe mensaxes porque está moi ocupado traballando nos seus proxectos, pero non significa que el non pense nela. Layla aconséllalle entón que desexe volver velo cando pasar unha estrela fugaz.

Despois de ir ao xardín observar o ceo, Bloom expresa o seu desexo de volver ver Sky e enseguida, o mozo aparece. No entanto, este está un pouco nervioso e tenta esconderlle á súa moza que está a recibir decenas e decenas de mensaxes de Diaspro. Bloom empeza a sospeitar del de novo. Tras volver á súa nave, Sky contacta con Diaspro, descubrindo que o seu pai lles encargou recuperaren o Medallón Perdido de Eraklyon, un dos obxectos máxicos máis poderosos do seu reino. A parte peor é que ambos terán que buscalo xuntos. Tras subir á nave, Brandon pregúntase se o seu mellor amigo non logrará nunca librarse dunha pesada que aínda non se rendeu.

Mentres tanto, Icy pretende saber por que Valtor a liberou a ela e as súas irmás do limbo espazo-temporal. O feiticeiro revélalle que el precisa da axuda delas para lograr capturar a Estrela dos Desexos, o gran cometa que pode cumprir o desexo máis grande de quen lograr apoderarse dela. A Dimensión da Luz é o seu fogar, pero unha vez cada mil anos esta atravesa todo o Universo Máxico. Icy sabe perfectamente que os poderes da estrela non teñen límites xa que están formados polo Sparx, a faísca máxica que creou o universo enteiro, xunto coas estrelas, a maxia das fadas e a das bruxas, motivo polo que as Trix son as únicas que lla poden levar.

Valtor conta que cando tentou capturar a estrela utilizando os seus poderes escuros, esta rexeitouno. Entón, Icy pregúntalle por que elas teñen que axudalo. Entón Valtor revélalles que as maldixo coa súa propia marca: se non o axudaren, el enviaraas de volta ao limbo espazo-temporal no que as Winx as encarceraron, negándolles a liberdade. As Trix aceptan o cambio: a estrela a cambio da liberdade e grandes poderes.

No momento no que a Estrela dos Desexos atravesa o ceo por riba das súas testas e Valtor manda ás Trix que a persigan, Darcy e Stormy logran distraer a criatura de luz permitindo a Icy encarcerala na súa gaiola de xeo. Sen ter máis onde fuxir, a estrela vese obrigada a descompoñerse en sete Estrelas Primarias que se dispersan pola Dimensión Máxica, dentro dun Cofre das Estrelas. O Cofre chega voluntariamente a Lumenia e tras atopalo, Twinkly lévallo enseguida á raíña Dorona. Recoñecendo o obxecto máxico, a raíña ordénalle a Twinkly que convoque urxentemente as Winx.

Despois de chegaren ao castelo de Dorona, as Winx coñecen Argen, o irmán perdido de Dorona, que resulta ser Obscurum, o vello aliado de Valtor que agora volveu á beira dos bos. Dorona entrégalles ás Winx o Cofre das Estrelas. No seu interior atópase custodiada a esencia da Estrela dos Desexos. Cando as sete Estrelas Primarias volveren estar no cofre, a Estrela dos Desexos poderá volver vivir. Pero para atoparen as estrelas, as Winx terán que atopar o Compás Astral custodiado no interior do cofre. Entón Bloom suxire recorreren á miniaturización, transformándose en fadas Enchantix. Pero no interior do cofre, as seis fadas descobren que teñen que combater contra as Trix.

Feitos importantes[]

  • Neste episodio regresa a transformación Enchantix á serie, redeseñada para a oitava tempada.

Curiosidades[]

Galería[]

Advertisement