Wiki Winx Club
Advertisement

O corazón verde de Linphea é o episodio 20 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 202 en total. Estreouse o 11 de setembro do 2019 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no invernadoiro secreto de Alfea, onde as alumnas se atopan nunha das clases con Griselda sobre as plantas máxicas do invernadoiro. Griselda dilles ás alumnas que teñen que atopar un xeito de entraren en contacto coas plantas. Flora e Layla sepáranse do grupo. Layla entrar en contacto cunha planta, pero falla. Tecna e Stella tamén fallan.

Griselda vénlles dicir que a maxia non funciona coas plantas e que as plantas viven diferente do que as persoas, por isto non teñen que facelo á présa. Polo tanto, Griselda di que teñen que utilizar a súa testa. Entón aparece o Cofre das Estrelas, que lles vén dicir que a cuarta Estrela Primaria se atopa en Linphea. As Winx pídenlle permiso a Griselda para faceren a súa seguinte misión, e marchan.

Na gorida escura de Valtor, o feiticeiro e as Trix están a ver o que as Winx están a planear facer, e Darcy di que teñen que preparar un plan. Valtor dille que lle dá igual o que fixeren, só quere que elas lle traian a estrela. En Linphea, as Winx chegan voando. A irmá máis nova de Flora, Miele está moi contenta pola visita da súa irmá. Miele abraza Flora e dille que está no seu segundo ano no Colexio de Linphea, e sobe na súa Xoaniña Xigante para vir coas Winx na súa misión.

Flora dille a Miele que ten que quedar en casa porque é moi pequena, pero Miele dille que é unha fada coma as Winx e pode axudalas. Pero Bloom di que Flora ten razón, a misión é moi perigosa. No entanto, cando as Winx marcharon, Miele ségueas coa súa Xoaniña Xigante, xa que as quere axudar sexa como for. O compás do Cofre das Estrelas leva as Winx ata a Cidade dos Lilings, e teñen que entrar no Corazón Verde de Linphea, onde se atopa a estrela. Pero a porta está pechada.

Para abriren a porta, teñen que facer un baile igual que uns Lilings. As Winx viron que estes Lilings facían un baile e a porta se abriu só para estes. As Winx cambian as súas vestimentas e fan o baile, e a porta ábrese. As Trix chegan, pero tampouco poden pasar. Darcy crea clons das Winx para que fagan o mesmo baile, e a porta ábrese. Unha vez dentro, as Trix crean un monstro para impedir a misión das Winx.

O monstro empeza a atacar as Winx, pero entón Miele tamén chega a este sitio, e axudaraas transformándose en fada. Pero Flora dille que isto é moi perigoso e ten que quedar nun sitio escondido pola súa propia protección. Miele empeza a chorar e vaise. Darcy ve que Miele está a correr cara a casa e decide atacala…

As Winx continúan a súa loita contra o monstro, cando Flora oe que Miele está en perigo e está a gritar, polo tanto decide ir axudala. Flora atopa a súa irmá debaixo dunha árbore, e Miele dille que Darcy lle lanzou un feitizo de inmobilidade e xa non se pode mover. Flora colle Miele e volven ás demais. Bloom derrota o monstro coa Chama do Dragón. Miele logo dille a Flora que teñen que entrar rápido no sitio no que se atopa a estrela.

Flora e Miele entran. Unha vez entrou Miele empeza a moverse e colle a estrela. Flora ve que algo non está ben, porque Miele lle dixera que non se podía mover debido a un feitizo de Darcy. Pero entón Miele revela que é de feito Darcy que tomou o aspecto de Miele. Ela escápalle a Flora e leva consigo a estrela. Darcy dilles ás demais Trix que xa ten a estrela, e vanse. Flora atopa a verdadeira Miele, pero decátase de que foi enganada e que pola súa culpa as Trix teñen a cuarta Estrela Primaria. No entanto, Flora descúlpase con Miele porque non confiou nela, e di que a próxima vez non a verá como unha nena. Logo de que Flora e Miele se reconciliaron, as Winx marchan de Linphea, sen a estrela.

Feitos importantes[]

  • As Trix e Valtor obteñen a cuarta Estrela Primaria (grazas a Darcy).

Curiosidades[]

  • Neste episodio o planeta Linphea aparece por última vez.
  • Neste episodio regresa Miele tralo episodio “Coidado co lobo”.
  • Ata agora, cada grupo obtivo dúas Estrelas Primarias: a primeira foi conquistada polas Winx no episodio “A festa do Sparx”; a segunda foi conquistada polas Trix no episodio “O vestido da raíña”, a terceira foi conquistada polas Winx no episodio anterior, e a cuarta foi conquistada polas Trix neste episodio, no entanto, as outras tres estrelas aínda se atopan desaparecidas.
  • Darcy decide crear clons co aspecto das Winx para que bailen, porque desta maneira a porta se abrirá. No entanto, nos próximos episodios, demóstrase que Stormy ten un gran talento no baile, e grazas ás súas habilidades de baile (e a unha pequena distracción no último momento), derrota as Winx na pista de baile de Melodía e gaña o premio. Ou sexa, demóstrase que Stormy ten máis talento bailando cás Winx, excepto ca Layla.

Galeria[]

Advertisement