Wiki Winx Club
Advertisement

O concurso de baile de Melodía é o episodio 21 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 203 en total. Estreouse o 12 de setembro do 2019 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no patio de Alfea, onde as Winx e as demais alumnas participan nunha clase de autodefensa máxica con Griselda. Mentres tanto, Kiko e Knut están a preparar unha catapulta para tiraren unha bóla. As alumnas teñen que desviar a bóla cos seus poderes, para practicaren a defensa dun posible ataque inimigo.

Stella desvía a bóla, e Musa tamén consegue desviar a bóla malia que recibiu unha mensaxe de Riven convidándoa a comer un xeado. A bóla deixa Kiko inconsciente, e Knut colle a bóla e Kiko e ponos xuntos na catapulta. Cando Bloom debe desviar a bóla, ela colle Kiko e a bóla golpea a cara de Griselda, deixándoa inconsciente.

O Cofre das Estrelas aparece porque as Winx teñen unha nova misión. Flora dille a Musa que lle ten que dar a Riven unha segunda oportunidade, ou sexa, ir tomar un xeado con el. Pero Musa quere ir coas demais Winx a Melodía, o seu planeta natal, xa que alí se atopa a quinta Estrela Primaria. Polo tanto, Musa dille a Riven que a cita terá que esperar dado que, ela ten que ir nunha misión.

A escena cambia a Melodía, onde as Winx xa se atopan nunha loita contra as Trix que tamén viñeron obter a quinta Estrela Primaria. Nun ataque, a estrela sae do seu sitio e voa ata a discoteca de Melodía. As Winx e as Trix van a esta discoteca, e atopan que a princesa Galatea a atopou e a puxo nunha coroa. Ela preparou unha competición de baile como parte do concurso anual de baile en Melodía, cuxo premio será a coroa coa estrela.

Na discoteca, Icy tenta usar a súa maxia, pero Galatea dille que nesta discoteca hai un inhibidor que impide calquera tipo de ataque máxico. Como cada ano, Galatea dirixe este concurso de baile. Bloom, Stella, Flora, Layla e Tecna deberán competir contra Stormy e Icy. Elas cambian as vestimentas para obteren unha vestimenta máis axeitada para o concurso de baile. Mentres tanto, Riven atópase en Fonte Vermella e fala con Sky e Brandon, dicíndolles que sempre que tenta falar con ela, ámbolos dous discuten. Eles dinlle a Riven que vaia a Melodía falar con Musa se a quere de verdade.

Mentres que Stella e Flora son derrotadas por Icy na pista de baile, Musa vai á casa do seu pai, Ho-Boe, para visitalo. Darcy decide seguila secretamente… Musa chega á casa, atopa o seu pai e abrázao. Ambos entran na casa, e entón Musa empeza a lembrarse da súa infancia cando a súa nai Wa-Nin aínda estaba viva e ela e Ho-Boe facían música. Darcy atacaraos.

Na pista de baile, Tecna debe enfrontarse a Stormy, pero é derrotada. Entón Stormy revela ás Winx que ela foi campioa de baile nos concursos de Danza Escura. Mentres que Musa e o seu pai están a falar na casa, Darcy decide atacalos. Pero entón aparece Riven para deter a súa ex-noiva. Pero non a pode derrotar. Darcy consegue vencelo e deixalo hipnotizado baixo o efecto dun feitizo de control. Musa atopa Riven e dille que entre na casa, sen saber que o mozo se atopa baixo o control de Darcy.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Neste episodio regresan Ho-Boe e Wa Nin (nun recordo) tralo episodio “Os problemas do amor”.
  • Neste episodio, ademais, regresa a princesa Galatea tralo episodio “A caída de Tritannus”.
  • Revélase que Stormy ten un gran talento no baile, e que foi campioa nuns concursos de Danza Escura.
  • Valtor non aparece nin neste episodio nin no seguinte, que ámbolos dous forman unha mesma historia que dura dous episodios.

Galeria[]

Advertisement