Wiki Winx Club
Advertisement

A canción das baleas é o episodio 19 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 123 en total. Estreouse o 15 de abril do 2013 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no Océano Infinito, onde Tritannus e mailas Trix dispóñense a ir á columna do equilibrio para roubaren o seu selo. Daphne aproveita que Tritannus se vai para avisar Bloom. En Domino, os reis non se poñen de acordo. Sky tenta falar co seu pai, e Bloom tenta intervir. Pero Sky di a Bloom que é entre o seu pai e el.

Riven está a escoitar música, e Musa di que esa canción lla cantaba a súa nai. Musa explica a Riven a historia das baleas cantantes de Melodía, e Musa lembra a súa infancia. Entón Riven di que ten que saír, e entón Musa ve pola xanela Riven cunha moza loura.

Kiko ve un coello femia, e namórase dela. Pero o coello femia asústase e vaise. Musa di que hoxe é o día que aparecen as baleas cantantes. Musa chama o seu pai, e el está coas baleas cantantes a ouvir a súa canción. En Domino, Bloom está triste porque Sky non está con ela, e entón ouve unha mensaxe de Daphne que fala da columna do equilibrio.

Tritannus chega á columna do equilibrio, e unhas Selkies tentan deter Tritannus. Pero Tritannus deixa inconsciente as Selkies, e co seu tridente rouba o selo da columna do equilibrio. Icy está con Tritannus, e Darcy e Stormy deciden que actuarán pola súa conta.

En Domino e en Andros todo empeza a tremer, e en Melodía as Trix aparecen e atacan as baleas cantantes. En Alfea, Musa perde o contacto co seu pai e Tecna chama as outras Winx, informando que todo se destrúe.

Erendor di a Sky que teñen que regresar a Eraklyon, e Oritel di que regresen todos aos seus planetas. No mar, as Winx van co seu iate e logo transfórmanse para baixaren ao mar.

No Océano Infinito, as Winx atópanse coas Selkies, e deciden facer unha emboscada. As Winx escóndense, mentres Tritannus e Icy pasan para roubaren o último selo. As Winx decátanse de que Darcy e Stormy non están aí.

As Winx aparecen e atacan Tritannus e Icy, e empeza unha loita. Stella é ferida, e as outras Winx atacan Tritannus e cae ao chan. Pero Tritannus logra coller o selo, e lanza o seu tridente e cólleo Layla.

Tritannus logra recuperar o seu tridente, e Layla é ferida. As Winx rodean Tritannus, pero Darcy e Stormy chegan e revelan que agora teñen baixo o seu control as baleas cantantes de Melodía.

Feitos importantes[]

  • Todos os reinos, excepto Andros e Domino, non queren unirse. Solaria declara que se unirá, pero soamente se os outros reinos quixeren unirse.
  • Riven comeza a verse con outra rapariga, e Musa comeza a pensar que el está a traizoala.
  • Tritannus rouba o selo da columna do equilibrio.
  • Darcy e Stormy controlan as baleas cantantes de Melodía.

Curiosidades[]

  • A fada que está con Riven é a mesma fada loura que apareceu no episodio 8 desta temporada (A canción do rubí).
  • Despois de que Tecna, Flora e Musa atacan Icy, os seus corpos enteiros vense nas súas cores (Flora é verde, Musa é rosa, e Tecna é violeta).

Galería[]

Advertisement