Wiki Winx Club
Advertisement

As Winx bebés é o episodio 20 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 176 en total. Estreouse o 30 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no polo norte, á beira dun iceberg, onde unhas focas se atopan en perigo, e as Winx sálvanas para levárenas a salvo ao Parque de Rescate para Animais. En Gardenia, Roxy explícalles a unhas persoas como as Winx salvaron as focas. Bloom despois presenta os seus animais máxicos, que tamén á súa vez empezan a xogar coas focas.

Nun momento dado unha foca vólvese agresiva, e as Winx non lles deixan aos nenos que a toquen. Roxy anuncia despois que haberá un espectáculo máxico, e cando as focas volveren estar ben volverán ao seu hábitat natural. Os Especialistas tamén se ofrecen a axudalas. Algo máis tarde, Sky e Bloom son vistos xuntos, e Elas ségueos xa que quere estar con eles. Pero Elas e Sky enfádanse con Bloom, de novo Elas marcha tamén el indignado.

Un paxaro está a levar Brafilius polo ar, e aterran no Parque. Entón revélase que a foca agresiva é Kalshara, e que os dous planean tenderlles unha trampa ás Winx e aos animais máxicos destas. Kalshara fai un feitizo e enferma as focas para distraeren as fadas.

Unhas nenas despois anúncianlles ás Winx que as focas están enfermas, e Bloom di que as Winx se encargarán do problema. Layla observa con todo que unha das focas falta, e procurarana. Flora cura as focas, e estas volven en si. Entón Brafilius fai un feitizo sobre as Pedras das Lembranzas que son das Winx, e as Winx son transformadas en bebés.

As Winx empezan a comportarse igual ca bebés, e non queren ocuparse da misión. Mentres tanto, os Especialistas non saben onde están ou que están a facer as Winx, ata que ven as Winx como bebés, pero non as recoñecen. As Winx transfórmanse en Butterflix, e Sky entón recoñéceas. Pero as Winx vanse.

Mentres que Brafilius capturará un dos animais, Kalshara transfórmase nunha foca. Os animais máxicos atópanse con Kalshara, e caen na súa trampa. Mentres tanto, Bloom non logra facer que as súas amigas se concentren na misión, momento no que constatan que os seus animais máxicos están capturados.

Brafilius aparece e presenta o seu circo, e os poderes das Winx son moi febles, pero isto non lles impide tentar facer algo. Entón os nenos veñen ver o espectáculo. Mentres tanto as Winx están a atacar Brafilius, e agora ao parecer están a piques de gañar. Sen querer, Brafilius libera Shiny e ela libera os demais animais. Ao final, Bloom logra derrotar Brafilius.

Sky atopa Elas, e atopa tamén Kalshara. Ela transfórmase nun rato, e tenta asustar Sky. Pero Brafilius cae enriba dela, e Elas atácaos. Elas salva Sky, e Kalshara transfórmase nunha aguia, colle Brafilius e vanse. Elas e Sky reconcílianse. Mentres tanto, as Winx bebés atópanse con Roxy. Entón chegan os Especialistas e Elas. Elas devolve á normalidade as fadas.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Este é o único episodio da tempada 7 que as Winx se transforman en bebés.
  • Esta é a segunda vez que Stella aparece como bebé, a primeira vez foi na tempada 5.

Galería[]

Advertisement