Wiki Winx Club
Advertisement

O segredo de Orion é o episodio 5 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 187 en total. Estreouse o 19 de abril do 2019 en Italia.

Argumento[]

Grazas ao seu feitizo de converxencia Cosmix, as Winx devolven a enerxía luminosa ao núcleo de Peripla. Valtor planea destruílos por derradeira vez, facendo que a estrela-nave enteira sexa aspirada por un furaco negro alimentado polo seu feitizo escuro. O capitán de Peripla ordénalles aos seus Lumens que aumenten a enerxía estelar do núcleo para poderen inverter a ruta da nave, pero infelizmente os Lumens son demasiado débiles e a nave ameaza con ser aspirada, completamente. Mentres tanto Orion, vendo a ameaza, dáse présa en atopar o cuarto no que o rubí é tido para roubalo.

Seguindo a intuición de Bloom, as Winx concentran unha vez máis os seus poderes Cosmix, pero esta vez sobre os Lumens, logrando potenciar e recargar o núcleo. O plan de Bloom ten éxito e as Winx salvan unha vez máis a situación. O capitán dálles as grazas ás fadas pola súa axuda, pero pídelle unha explicación a Twinkly sobre a verdadeira identidade das seis heroínas.

A Lumen vese obrigada a confesarlle que as seis mozas non son só estrelas do pop, senón tamén fadas ao servizo da raíña Dorona, cuxa misión é salvar as estrelas da ameaza de Valtor, un feiticeiro potente e malvado. Orion finalmente logra atopar o rubí do que estaba á procura, pero oíndo voces que se lle están a achegar, ten que esconderse. El usa un aparello que lle permite volverse invisible. Trátase dos Especialistas, que se reúnen deste xeito coas súas mozas.

Agora que todo parece que se solucionou, as Winx deciden retomar o seu concerto. No entanto, antes do concerto, Sky decide manter a promesa que lle fixo a Bloom e grazas á axuda dos Lumens, organiza para ela o encontro perfecto, un romántico pícnic entre as estrelas da galaxia. Riven tenta achegarse a Musa. Con todo os plans se lle truncan cando oe da presenza do misterioso ladrón de rubís. Riven decide perseguilo sen dar outras explicacións.

Riven está a perseguir Orion, pero o ladrón logra enganalo e roubar o rubí de Peripla. Logo o ladrón foxe a bordo da súa nave. Deste xeito logra interromper o concerto das Winx e roubar enerxía á estrela-nave, que se apaga e se perde no espazo.

A continuación, por un segundo feitizo, Valtor enfeitiza os asteroides para crear unha criatura escura que lanza ataques contra Peripla. Mentres os Especialistas marchan para perseguiren o misterioso ladrón, as Winx utilizan os seus poderes Cosmix e enfróntanse contra a criatura escura. No entanto, o feiticeiro consumiu demasiado poder seu para crear o furaco negro e apenas logra controlar a súa criatura. Ningún ataque máxico efectuado polas Winx non parece lograr raiar a coiraza deste, pero as fadas non poden permitir que o monstro se lle achegue á estrela-nave.

Tecna, que se decata de que hai unha brecha no sistema, entende que a criatura está a ser protexida maxicamente por Valtor, pero que non sempre está baixo o control total do feiticeiro. Polo tanto, esta dilles ás súas compañeiras que golpeen a criatura asteroide nos únicos instantes nos que o control do feiticeiro é mínimo. Finalmente logran destruír a criatura. Unindo as súas forzas, os Especialistas logran coller o misterioso ladrón e despois de levalo cara a Peripla, obríganlle a devolver o rubí, reactivando o núcleo de Peripla.

Na sala de comando, o misterioso ladrón de rubís revela a súa identidade: chámase Orion. El preséntase non como un delincuente, senón un astro-científico. El non tiña a intención de roubar o núcleo de Peripla para enriquecerse, senón para usalo para devolver a luz ao núcleo de Iridia, a estrela que ilumina Prometia, o seu planeta nativo. Deste xeito a vexetación do planeta non será obrigada a murcharse para sempre e a súa xente poderá volver alimentarse.

O mozo recoñece o seu erro e as Winx deciden tomar en serio a súa causa, prometéndolle que o axudarán a salvar Prometia utilizando os seus poderes Cosmix. No entanto Riven, que aínda non quere confiar no mozo, dille a Musa que ten que estar moi atenta na súa nova misión. Mentres tanto, os Especialistas ocuparanse de devolverlles os rubís roubados por Orion aos seus lexítimos propietarios.

Feitos importantes[]

  • Neste episodio revélase a verdadeira identidade de Orion, a súa procedencia (Prometia) e os seus verdadeiros motivos.

Curiosidades[]

  • Obscurum non fai ningún ataque directo neste episodio, e os Staryummys non aparecen neste episodio.
  • A relación entre Bloom e Sky mellora considerablemente.

Galería[]

Advertisement