Wiki Winx Club
Advertisement

Desfai-praceres é o episodio 8 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 34 en total. Estreouse o 12 de maio do 2005 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Fonte Vermella, nunha festa de inauguración da escola. O profesor Avalon acompaña ás Winx ata a porta, e logo di que el ten que esperar na porta ata que chegue Codatorta. Tamén están convidadas as bruxas de Torre de Nubes, e as Trix chegan infiltradas con outro aspecto de bruxa para localizar o Códice.

Os Especialistas chegan, e Stella di que 26 mozos a saudaron, pero Brandon di que el leva 12 bruxas e 17 fadas: 29, máis que Stella. Sky propón a Bloom ir montar en cabalo, pero Bloom pensa en estar con Avalon, e vaise. Musa pregunta a Riven cal é a sorpresa.

As Winx chegan ao estadio, e un mozo está sentado nas bancadas. Timmy di que se chama Helia, e é sobriño do director Saladino. Helia ensina os seus debuxos que fixo, e Flora nota uns detalles que as outras fadas non os notaron. As Pixies notan que pode haber algo en Flora cara a Helia.

Bloom está a buscar a Avalon, e pregunta ás Trix se o viron, aínda que Bloom non sabe quen son. As Trix din que non o viron, e Bloom volve ao estadio. Codatorta di a todos que aínda que Fonte Vermella está en ruínas, a capacidade e o ánimo dos Especialistas segue inalterable.

Saladino usa a súa maxia e empeza a derrubarse a escola. Entón aparece un novo edificio flotante que consiste nunhas plataformas redondas sobre un alicerce que flota sobre o chan. Codatorta empeza o novo desfile. Nun lugar das ruínas do edificio antigo, Lord Darkar aparece nas sombras das Trix e di que enviará un monstro para distraer aos Especialistas e que as Trix poidan roubar o Códice.

Tecna está a xogar con Digit, e Timmy ponse triste. Musa e Layla están a falar de música e danza, cando unha das Trix pasa preto delas. Musa recoñece que é Darcy, e ela sae correndo. As dúas fadas ponse a perseguir a Darcy.

Tecna está a discutir con Digit porque a Pixie gañouna, e entón Tecna examina o programa e métese nun soño informático onde sae Timmy. Pero Digit di que teñen qur atoparse coas outras. Layla e Musa atopan Tecna, e din que viron Darcy. Tecna di que teñen que reunirse cos demais.

Lord Darkar envía o seu monstro a Fonte Vermella. No estadio, Sky e Riven están a combater, e gana Sky. Logo ten que loitar Brandon contra un especialista de último curso. Pero o monstro de Lord Darkar aparece, e ataca ao público.

As Winx transfórmanse, e Codatorta avisa aos demais especialistas. As Trix quítanse os disfraces e entran na sala do Códice. Un profesor di a Timmy que romperon uns cristais con maxia, xeo e raios, e Timmy recoñece ás Trix e ten que avisar Codatorta. O profesor informa a Saladino, e el sabe que buscan o Códice e o monstro é unha distracción.

As Winx atacan ao monstro, pero non poden controlalo. Entón aparece Helia e ata coas súas cordas ao monstro. Pero logo libérao, e as Winx cren que non é tan bo como crían. Os especialistas atacan ao monstro con cordas, como fixo Helia.

Os profesores tentan deter ás Trix, mentres as Winx e os Especialistas atacan ao monstro. Os gardas ponse a protexer o Códice, e as Trix ven que son demasiados gardas e vanse. Bloom está a falar con Avalon, e Sky empeza a ter celos. Entón Flora atopa un avión de papel, ela ábreo e ve que hai un debuxo dela feito por Helia.

No castelo de Lord Darkar, as Trix informan o Fénix que non puideron facer nada para recuperar o Códice, pero Lord Darkar di que cando menos llo esperen, volverán e roubarán o Códice agora que saben onde está.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

Galería[]

Advertisement