Wiki Winx Club
Advertisement

Traizoados é o episodio 9 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 9 en total. Estreouse o 16 de febreiro do 2004 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza nunha noite de tempestade en Alfea, onde Bloom ten outro soño con esa criatura que se presentou como Daphne e dille que ten que ir buscala. Flora esperta Stella e infórmalle que Bloom está a falar en soños. Van á súa habitación, e ela está a tremer e transfórmase automaticamente e volta ao seu estado anterior. Flora ponse nerviosa, e Stella ponse a gritar que cale mentres que Bloom esperta.

Bloom explica o soño, mentres que Tecna examínaa cunha maruxiña artificial. Ela atopa o rostro da criatura, e despois Bloom di que xa a vira antes. As outras pensan que está a alucinar, e Stella comeza a facerlle bromas. Con todo isto, Bloom vaise con rabia e deixa as outras Winx. Ela vai cara á biblioteca, onde a bibliotecaria di que diga o nome de quen procura e a sala procurará automaticamente.

Bloom atopa unha plataforma. Ela di o nome “Daphne” e pon a man nun panel, pero primeiro sae información deste termo. Entón di “Daphne, fada” e descobre que é unha ninfa moi importante, pero caen máis libros e unha porta dourada treme. Entón a bibliotecaria vai buscar Faragonda. Os libros rodean Bloom, pero Faragonda di un feitizo e os libros páranse. Entón a bibliotecaria di que a porta dourada estivo a punto de abrirse, e Faragonda di a Bloom que ten que volver á súa habitación. Ela ve que Bloom buscaba Daphne, e decide fechar a biblioteca sen que a bibliotecaria use maxia.

Na habitación de Musa, Stella segue a provocar as outras Winx, aínda que Flora lle di que cale. Entón fala de mozos, e di Musa que desde o Día da Rosa, Riven só ten ollos para Darcy. Iso pon Musa enfadada, e vaise chorando. Entón Flora enfádase con Stella aínda máis. Bloom vai falar coas outras Winx, e no camiño atopa Musa chorando. Despois sae Stella correndo e chócase con Bloom. Stella pídelle perdón, pero ten que falar tamén con Musa. Pero ela subiu no autobús. Stella está triste xa que parece que fai todo mal, e vaise con Bloom.

Na cidade de Magix, Musa está enfadada e vai expresando a súa rabia soa. Chega ata un restaurante, e atopa as Trix con Riven. Darcy está a tentar convencer Riven que se xunte a elas e deixe Fonte Vermella, e que el ten que loitar contra as Winx e os outros Especialistas. Darcy hipnotiza Riven para que lle obedeza. No exterior do restaurante, Musa está a escoitar a nova parella, pero as outras Trix aparecen detrás dela.

Icy e Stormy comezan a preguntar a Musa se está a espiar Riven, e comezan a provocala. Entón Musa dá unha labazada a Icy, aínda que despois se arrepinte. Icy pide a unha bruxa que vaia buscar reforzos, e todas as bruxas veñen menos Mirta, que non quere loitar todas contra unha persoa soa. En Alfea, todas laméntanse por Musa, pero veñen os Especialistas e explican que Riven está cun novo grupo de especialistas, e despois levan as Winx cara a Magix.

Musa está a correr por Magix, perseguida por moitas bruxas. Atopa Riven, pero el non quere axudala. Mentres tanto, Timmy detecta Musa sendo perseguida. Cando Musa chega ata unha rúa sen saída, a nave dos Especialistas aparece e Musa xúntase coas outras Winx. Pero Riven quere loitar contra Sky e Brandon. Icy e Stormy escurecen a área cunha nube e tempestade, e as Winx deciden transformarse.

Comeza unha batalla das Winx e os Especialistas contra as Trix e as outras bruxas de Torre de Nubes. Parece que ao principio a loita está a favor das Trix, pero Bloom desencadea o seu máximo poder. Con isto Icy descobre que o poder do dragón está en Bloom. Entón Bloom lanza o seu poder do dragón, e deixa inconsciente ás Trix. As Winx gañaron. Pero Riven esperta Darcy e vaise con ela. As bruxas vanse, e os mozos non entenden o que aconteceu con Bloom.

O equipo de fadas e Especialistas volve para Alfea, e Brandon coida de Bloom. Stella fai outro comentario, que Flora di que cale. Musa agora está ben. Tecna non entende como puido vencer Bloom soa ás tres bruxas. Bloom di que tampouco o sabe. Musa di que non quere ver Riven de novo, e Stella volve falar de parellas. En Torre de Nubes, Icy di que Bloom é especial, e que teñen que atopar máis respostas.

Na oficina de Faragonda, a bibliotecaria di que xa acabou de organizar a biblioteca, e pregunta se pode volver a ser aberta. Faragonda acepta, pero di que se Bloom quixer saber máis sobre Daphne, terán que negarlle o acceso. E así termina o episodio.

Feitos importantes[]

  • Darcy usou un feitizo de hipnose en Riven.
  • Icy, Darcy e Stormy descobren que Bloom ten a Chama do Dragón.

Curiosidades[]

  • Cando Stella e Flora estaban a observar Bloom durmindo, Flora tórnase excesivamente preocupada e con pánico, e Stella enfádase. Cando Flora comezou a falar sobre como elas teñen que conseguir alguén para axudar, Stella grita a Flora para calmarse ou di que ela fará que se durma Flora tamén. Isto dio tan alto que Bloom esperta, preguntando que estaban a facer.

Galería[]

Advertisement