Wiki Winx Club
Advertisement

A caixa de Valtor é o episodio 18 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 70 en total. Estreouse o 9 de marzo del 2007 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Alfea, onde Bloom está contenta porque as Winx están xuntas. Pero tamén pensan en Valtor. Flora recomenda a Bloom que chame a Sky, pero resulta que Sky non está en Fonte Vermella e saíu.

En Torre de Nubes, os Especialistas están a prepararse para entrar na torre, buscando a Valtor. Algúns monstros veñen atacar aos especialistas, e os mozos deixan vía libre. No despacho, Griffin logra que Torre de Nubes volva estar baixo o seu control, e as bruxas piden perdón a Griffin por loitar á beira de Valtor.

Ao día seguinte, os profesores de Alfea están a adestrar as Winx cos seus novos poderes Enchantix. Primeiro ten que adestrar Flora, e logra facelo ben. Musa e Tecna tamén o fan ben, pero Bloom queda esgotada e cae.

Faragonda di a Bloom que o seu poder Enchantix é incompleto porque non houbo sacrificio, e non sabe como funcionará contra Valtor. Tamén Faragonda di que Valtor desapareceu e Torre de Nubes foi recuperada, e Bloom di que quere ir buscar Valtor. Faragonda di a Bloom que descanse.

Nos bosques, Darcy métese nunha árbore e vai parar a unha cova, que é onde se esconden Valtor e as Trix. Valtor ten libros da cripta de Torre de Nubes, pero a maxia non é estable. Valtor di que teñen que conseguir un obxecto moi especial que se garda na cidade de Magix.

As Winx van de vacacións á cidade de Magix, e Stella dá uns agasallos ás Winx que consisten nunhas gabardinas. Bloom segue preocupada con Valtor. As Winx baixan do autobús, e entón aparece un mozo que está a ollar as fadas.

Valtor e as Trix están a chegar á cidade de Magix, e Valtor di que usarán o engano e non a forza. Musa está triste porque quere romper con Riven. O mozo de antes óuveas, e Tecna atopa o mozo. Layla está preocupada polo matrimonio concertado, e entón Stella revela a posición do mozo.

Layla enfádase co mozo, e vaise correndo. Entón aparece Valtor no ceo dicindo que quere roubar o Ollo dos Devanceiros, un obxecto das Tres Bruxas Ancestrais. Bloom decide loitar. Na cidade de Magix, os gardas sacan o Ollo dun cofre e pono na cámara blindada.

Bloom pensa que deu bastante tempo ás Winx porque está a planear algo. O mozo de antes sobe ao edificio onde están as Winx, mentres tanto Layla está a pensar nel. O mozo ofrécese a axudar ás Winx, e preséntase como Ophir e é un mago. As Winx pensan que Ophir podería traballar para Valtor.

Valtor di que chegou o momento, e ataca a cidade. As Winx deciden atacar, mentres Valtor ataca os gardas. As Winx e Ophir chegan, e Musa ve as Trix noutra dirección. Valtor coloca os gardas na cámara blindada e péchaa, porque en realidade busca outra cousa.

Resulta que Valtor busca o Cofre de Agador, e as Trix disponse a roubalo. Entón aparecen as Winx, e atacan as Trix. As Winx logran recuperar o cofre, pero aparece Valtor. As Winx rodean Valtor, e Bloom transfórmase.

Parece que Bloom ten bastante forza como para loitar contra Valtor, pero prefire loitar coas outras Winx. Entón Valtor ataca Layla, pero Ophir ponse no medio do ataque. Valtor di que se as Winx lle dan o cofre, soltará a Ophir.

Layla está a aguantar o cofre e as Trix coa súa maxia, pero ela decide dar o cofre e Valtor deixa Ophir. Cando Valtor se vai, as Winx pensan que todo é culpa de Ophir, e entón Ophir vaise.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Nabu preséntase ás Winx como Ophir.
  • O vestido de Layla é diferente a partir deste episodio.

Galería[]

Advertisement