Wiki Winx Club
Registrarse
m (Bot: Engado: de:Winx Club - Folge 225)
(No se muestra una edición intermedia del mismo usuario)
Línea 60: Línea 60:
 
[[en:Winx Club - Episode 225]]
 
[[en:Winx Club - Episode 225]]
 
[[es:Winx Club - Episodio 225]]
 
[[es:Winx Club - Episodio 225]]
  +
[[it:Faccia A Faccia Con Il Nemico]]
 
[[pt:Frente a frente com o inimigo]]
 
[[pt:Frente a frente com o inimigo]]
 
[[pt-br:Face a Face Com o Inimigo]]
 
[[pt-br:Face a Face Com o Inimigo]]
 
[[ro:Faţă în faţă cu duşmanii]]
 
[[ro:Faţă în faţă cu duşmanii]]
  +
[[ru:Лицом к лицу с врагом]]

Revisión del 23:10 18 sep 2019

Fronte a fronte co inimigo é o episodio 25 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 51 en total. Estreouse o 12 de xullo do 2005 en Italia.

Argumento

O episodio empeza en Grutas Profundas, onde Amentia está co triturador e ela cos seus gardas loitan contra os monstros de Lord Darkar. Mentres tanto, a nave cos Especialistas e as Winx chegan ao castelo de Lord Darkar. Pero veñen monstros para atacar á nave.

Lord Darkar disponse a activar o Códice con Dark Bloom, e as Trix entran e informan que as Winx están a vir. Entón Lord Darkar di que as Trix ataquen co seu exército, e as Trix quéixanse de que son elas quen fai o traballo sucio.

Mentres tanto, os Especialistas saen e empezan a destruír monstros. As Trix aparecen e crean unha burbulla para pór baixo o seu control todos os monstros, e atacar a nave. Entón as Trix xa non teñen poder porque llo cederon aos monstros, e están esgotadas.

As Pixies están asustadas polos recordos deste lugar, e os Especialistas aínda continúan a voar. As Trix séntense débiles, e Lockette axuda o equipo a atopar unha entrada ao castelo.

Lord Darkar prepárase para abrir a entrada con Dark Bloom, e entón chegan as Trix e din a Lord Darkar que el xa non presta atención nelas, e non contou con elas nos seus plans.

As Trix din a Lord Darkar que tamén queren parte do poder, pero Lord Darkar di que xa non son importantes e envía ás Trix ao baleiro. Amentia e o seu exército continúan a loitar contra os monstros, e os Especialistas tamén. Lord Darkar fai que o seu paxaro se converta nun monstro enorme para que as Winx non o interrompan.

Os Especialistas teñen que volver á nave principal, polos monstros. Dark Bloom coloca o Códice para abrir a porta dimensional, e Lord Darkar activa a chave da porta. Helia remolca a nave de Sky, e Lord Darkar abre a porta. Amentia non pode máis, e o seu exército vaise correndo.

Brandon di que necesitarán un plan, e as Winx din que tamén poden actuar. Entón as Winx transfórmanse e activan os seus Charmix. Entón todas xuntas fan unha converxencia máxica e logran derrotar aos monstros. Mentres tanto, Faragonda está a falar con Saladino para axudar ás Winx e os Especialistas.

Flora di a Helia que sente non dicirlle antes o que sente por el, pero Helia colle e bica Flora. Musa cre que Riven é demasiado serio como para facer despedidas, pero Riven abraza a Musa. Layla di a Sky que non se preocupe por Bloom, e entón Timmy di que empecen a atacar.

A entrada dimensional está aberta, e Lord Darkar e Dark Bloom entran a Realix. As Winx e as Pixies entraron no castelo, pero o monstro de Lord Darkar chega e tenta atacar as Winx, e o monstro parece invencible. Entón aparecen Faragonda, Griffin e Codatorta, pero o monstro continúa a atacar.

Feitos importantes

  • Icy, Darcy e Stormy combinan o seu Gloomix.
  • Lord Darkar substitúe as Trix por Dark Bloom.
  • Darkar e Dark Bloom entran na dimensión Realix.
  • Flora e Helia bícanse.

Curiosidades

  • Neste episodio Bloom só aparece como Dark Bloom, a súa versión escura.

Galería