Wiki Winx Club
Wiki Winx Club

Furia! é o episodio 14 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 66 en total. Estreouse o 28 de febreiro do 2007 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza nos bosques durante a noite, onde as Winx e os Especialistas están a lamentarse pola perda de Tecna. Timmy está convencido que Tecna non morreu, e Riven di que ten que enfrontarse á realidade. Pero Timmy está convencido que Tecna está viva, e nota a súa presenza.

As Winx din que como que Tecna non está con elas, deberían desfacer o grupo. Pero antes teñen que vingarse de Valtor sexa como for. Entón vén Faragonda, e di que non teñen que ter rabia e teñen que permanecer na escola ata que pensen un plan.

En Torre de Nubes, Valtor localiza o planeta Oppositus, e vai ata este planeta. En Oppositus, unha parella totalmente oposta di que son felices por ser opostos. Entón chega Valtor, métese no palacio de Oppositus e rouba a súa maxia, co que todos os do planeta vólvense iguais. Valtor vaise.

En Alfea, Griselda e Faragonda ven que as Winx están a facer as mesmas cousas todo o tempo, pero en realidade son as Pixies. As verdadeiras Winx saen do edificio, e co dispositivo máxico cruzan a barreira. Pero o mozo con capa obsérvaas.

As Trix están a comer, e abúrrense. Stormy engánaas dicindo que Valtor quere que fagan unha cousa estúpida, ata que Valtor aparece. As Trix queren algún feitizo roubado, e Valtor dá a Stormy o poder de Oppositus co que se volve todo o contrario ao que era antes. Valtor di que Icy podería ser a mellor das tres.

As Winx transfórmanse e atacan Torre de Nubes, e preguntan onde está Valtor. Pero as bruxas están posuídas. Entón aparece Stormy, que se dispón a axudar as Winx. Entón as bruxas queren coller Stormy por ser unha traidora.

Valtor está no despacho de Griffin, e chegan as Winx. Valtor ataca Musa e Flora pero Bloom ataca Valtor. Entón el dille que coñece os pais biolóxicos de Bloom e que el os derrotou. Mentres tanto, as outras atopan Griffin, pero non a poden rescatar por un novo feitizo.

Valtor ataca Musa cunha escuridade de silencio, e lanza a Flora un feitizo de escuridade. Entón Bloom ataca Valtor, e Valtor pregunta a Bloom se prefire saber algo máis dos seus pais. Valtor explica que atrapou Marion baixo a roca, e Oritel baixou a garda para salvar Marion e Valtor enviou os dous ao esquecemento.

Bloom disponse a atacar Valtor, pero el usa o poder de Oppositus e converte o lume de Bloom en xeo, e conxélaa. Stella usa o seu po de fada para abrir a porta dos alxubes, e logran liberar Griffin. Pero veñen as Trix, e empeza unha loita entre as Winx e as Trix.

Griffin fai un remoíno e absorbe as Trix, que as envía a unha sala de castigos. Entón aparecen Faragonda e Saladino para axudar as Winx e Griffin. Musa e Flora espertan, pero Valtor continúa a atacalas. Entón aparecen os directores, que atacan Valtor.

Os directores fan un escudo, mentres as Winx veñen por detrás e liberan Bloom. Mentres tanto, as Trix están na sala de castigos, e teñen que escribir nomes de feitizos nunha lousa. Darcy fai maxia para ir máis rápido, e as Trix vanse da sala de castigos.

Musa, Flora e Stella usan o seu po de fada e logo fan converxencia para reverter o feitizo de xeo, pero convértese en lume. Valtor rompe o escudo, e disponse a atacar as Winx e os directores pero eles vanse e o ataque recíbeno as Trix.

Faragonda explica a Bloom que para ser máis forte, pode ir á illa de Pyros, unha illa chea de dragóns. Bloom quere facer o que for preciso. En Torre de Nubes, Valtor di ás Trix que lle traian Bloom. En Alfea, Bloom despídese de Lockette e Kiko, e vaise por un portal ata o planeta Pyros.

Unha nave de Fonte Vermella chega, e explican que o feitizo de Sky se rompeu e Diaspro foi desterrada de Eraklyon. E Brandon estivo na prisión ata que Sky o liberou. Sky quere pedir desculpas a Bloom, pero ela xa non está e as Winx non saben cando volverá.

Feitos importantes[]

  • O Winx Club rómpese por primeira vez, crendo que Tecna está morta.
  • Timmy comeza un proxecto: a procura de Tecna.
  • Bloom loita contra Valtor por primeira vez.
  • Bloom deixa Alfea para volverse máis forte en Pyros.
  • Sky volve a Magix e di aos outros que Diaspro deixou Eraklyon.
  • Valtor revela máis información sobre os pais de Bloom.

Curiosidades[]

Galería[]