Wiki Winx Club

Kalshara e Brafilius son os inimigos que aparecen na tempada 7. Son irmáns. Kalshara ten o poder de cambiar de forma (nun morcego, nunha aguia e nun león).

Historia[]

Kalshara estudou en Alfea na mesma época que Faragonda e ambas eran amigas. De feito, era a mellor estudante da escola, e a mellor adestradora de animais máxicos; no entanto tiña plans máis ambiciosos: obter o poder supremo dos animais máxicos.

Ela pide a Faragonda roubar o libro dos animais na oficina da directora Mavilla, que contén informacións sobre o primeiro paso para conseguir o seu obxectivo. Unha das páxinas do libro guía Kalshara ata unha sala onde hai unha fonte de maxia salvaxe.

Kalshara absorbe a maior parte da maxia da sala, sendo drasticamente transformada no proceso, adquirindo unha aparencia felina. Unha pequena parte da maxia que quedou na sala, ela lévaa até o seu irmán Brafilius.

Os acontecementos que ela causou, levaron a directora Mavilla a facer moitos cambios a Alfea. Ela libera todos os animais máxicos, abolindo a obrigación das fadas de Alfea de adestrar un animal. Mavilla tamén borra as memorias de todos na escola, para que ninguén lembre o que Kalshara fixo.

Personalidade[]

Kalshara é forte, talentosa e decidida. Manipula todo o mundo para conseguir os seus obxectivos, como fixo con Faragonda. O seu irmán Brafilius parece un pouco parvo e fai caso en todo aquilo que diga a súa irmá.

Galería[]


Personaxes de Winx Club
Fadas Winx: BloomStellaFloraMusaLaylaTecnaRoxyDaphne
Especialistas: SkyBrandonRivenTimmyHeliaNabuRoyNexThoren
Inimigos: As TrixLord DarkarValtorOs Feiticeiros do Círculo NegroTritannusSelinaKalshara e BrafiliusMáis…
Outras personaxes aliadas das Winx: PixiesSelkiesAnimais máxicosMáis aliados…