Wiki Winx Club

A ligazón máxica é unha ligazón formada entre unha fada ou unha bruxa cun ser máxico, tanto un animal ou un ser mítico. A ligazón máxica fórmase cando os dous que se conectan, senten unha ligazón física e psíquica, e en calquera situación ou aínda que estean a distancia, eles sempre sentirán a presenza do outro. A ligazón pódese formar entre calquera fada/bruxa con calquera Pixie/Selkie/animal máxico. Cando se produce a ligazón máxica os poderes do ser máxico son restaurados, no caso das Selkies, ou son salvados da influencia da maxia salvaxe, no caso dos animais máxicos.

Pixies[]

Artigo principal: Pixies

Selkies[]

Selkies

As Selkies principais.

As Selkies son as gardiás dos portais que conectan os mundos submarinos e poden abrir e pechar estes portais (para cada planeta na Dimensión Máxica, hai un mundo subacuático). Tritannus quere roubar os seus poderes para acceder ao Océano Infinito. Os seus poderes son restaurados cando unha fada dos seus respectivos planetas conéctanse con elas. As Selkies tamén poden sentir cando unha fada está preto delas. Cando unha Selkie levanta as mans e toca a tatuaxe máxica na testa aparece un brillo nas súas mans: é unha arma contra os inimigos da Dimensión Máxica. As Selkies só aparecen na tempada 5.

  • Serena: A gardiá do portal dos océanos de Domino, está ligada a Bloom.
  • Desiree: A gardiá do portal dos océanos de Linphea, está ligada a Flora.
  • Iliris: A gardiá do portal dos océanos de Solaria, está ligada a Stella.
  • Sonna: A gardiá do portal dos océanos de Melodía, está ligada a Musa.
  • Lemmy: A gardiá do portal dos océanos de Andros, está ligada a Layla.
  • Lithia: A gardiá do portal dos océanos de Zenith, está ligada a Tecna.
  • Philla: A gardiá do portal dos océanos da Terra, non está ligada a ningunha fada.
  • Nissa: A gardiá do portal dos océanos de Magix, non está ligada a ningunha fada.

Animais máxicos[]

Animais máxicos

Animais máxicos.

Animais máxicos ou animais fada son seres máxicos que aparecen na tempada 7. Cada un deles ten un talento especial, necesario para a preservación do equilibrio do universo máxico. Teñen vínculos especiais coas Winx:

  • Elas: é un unicornio, e está conectado con Bloom.
  • Shiny: é un fénix femia, e está conectada con Stella.
  • Amarok: é un magilobo, e está conectado con Flora.
  • Critty: é un gato-espiño femia, e está conectada con Musa.
  • Squonk: é un chora-chora, e está conectado con Layla.
  • Flitter: é un esquío voador, e está conectado con Tecna.


Personaxes de Winx Club
Fadas Winx: BloomStellaFloraMusaLaylaTecnaRoxyDaphne
Especialistas: SkyBrandonRivenTimmyHeliaNabuRoyNexThoren
Inimigos: As TrixLord DarkarValtorOs Feiticeiros do Círculo NegroTritannusSelinaKalshara e BrafiliusMáis…
Outras personaxes aliadas das Winx: PixiesSelkiesAnimais máxicosMáis aliados…