Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement
Inimigos

Inimigos principais da serie.

Esta é unha lista dos inimigos de Winx Club.

Inimigos principais[]

Inimigos menores[]

  • Mandrágora: Na película Winx Club I: O segredo do reino perdido unha bruxa-insecto, Mandrágora, enfeitiza Riven e fai del un espía das sombras, con todo, Bloom, Daphne e Sky conseguen derrotala.
  • Mitzi: é unha rapaza da Terra mimada e moi egoísta. Ela vive en Gardenia, e foi a inimiga de Bloom ao longo da súa vida. Mitzi odia Stella tamén porque ambas loitaron por Brandon durante a tempada 4. Ten dous amigos e unha irmá máis pequena chamada Macy.
  • Princesa Diaspro: Ela é a ex-noiva de Sky. Stella descobre que no medio da tempada 1. Ela é moi maldosa e quere ser esposa de Sky de calquera xeito. Foi ela que enfeitizou Sky, na tempada 3 para que el se casase con ela e non con Bloom.
  • Princesa Amentia: Ela é a raíña de Covas Profundas. Namorouse de Brandon, aínda que o seu servo amaba Amentia de verdade e grazas a un feitizo de Amore, eles quedaron xuntos. É mestra en artes marciais. Ela é moi detallista e gústalle todo perfecto (tempada 2).
  • Condesa Cassandra: Ela enfeitizou o pai do Stella para converterse na nova raíña de Solaria (tempada 3).
  • Quimera: Sendo filla de Cassandra, axudou a súa nai a acabar con Stella e o seu pai, facendo delas as novas raíña e princesa de Solaria (tempada 3).
  • Nébula: É unha serva de Morgana cun temperamento agresivo, semellante ao de Stormy. Nébula posuíu Roxy cando este tocou o Círculo Branco e duelou con Bloom, por considerar que era arrogante (tempada 4).
  • Diana: Así como Flora, é unha fada da natureza. É a señora das selvas da Terra, capaz de controlar plantas e animais dun bosque enteira. A degradación da natureza debilita os seus poderes (tempada 4).
  • Aurora: É unha fada terrestre do xeo, vive na Torre Conxelada que flota sobre o mar. Ten o poder de poñer a Terra nunha nova era glacial (tempada 4).


Personaxes de Winx Club
Fadas Winx: BloomStellaFloraMusaLaylaTecnaRoxyDaphne
Especialistas: SkyBrandonRivenTimmyHeliaNabuRoyNexThoren
Inimigos: As TrixLord DarkarValtorOs Feiticeiros do Círculo NegroTritannusSelinaKalshara e BrafiliusMáis…
Outras personaxes aliadas das Winx: PixiesSelkiesAnimais máxicosMáis aliados…
Advertisement