Wiki Winx Club
Advertisement

Loita contra o tempo é o episodio 11 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 37 en total. Estreouse o 24 de maio do 2005 en Italia.

Argumento

O episodio empeza en Alfea, onde Palladium está a facer unha clase. El explica que se pronunciaren un feitizo mal poderán pasar cousas imprevistas. Flora está a pensar en Helia, e Palladium di a Flora que diga un feitizo. Pero dio mal e aparecen moitos animais que tiran Palladium ao chan.

Alguén descoñecido está a facer uns feitizos e lánzaos. As Winx deciden que farán os deberes. Flora pregunta a Layla se poden falar, e Layla sabe que é sobre Helia. Flora quere que Layla descubra o que Helia sente por ela. Mentres tanto, Bloom vai á biblioteca a buscar sobre feitizos de cura, e o home que lanzou o feitizo obsérvaa.

As Pixies están a xogar, e entón as bólas enfeitizadas atácanas. Pola noite, Bloom está a facer prácticas dos seus novos poderes, e vén Stella e pregunta polas Pixies. As Winx ponse a buscalas, e as Pixies espertan co fin de volver á súa aldea.

En Fonte Vermella, Timmy non pode entrar no chat de Tecna, e Brandon di que as mozas son imprevisibles. Pero Timmy cre que a decepcionou. En Magix, as Pixies queren volver á súa aldea. Cando Layla pregunta, as Pixies non responden e só din que senten nostalxia.

As Winx transfórmanse, e lanzan ataques para evitar que as Pixies vaian á súa aldea. Conseguen capturalas, e colócanas nunha gaiola. Lord Darkar di que de momento rin, pero logo chorarán. Faragonda di que puxo ás Pixies nun lugar seguro, e que Lord Darkar lanzou un feitizo de nostalxia sobre elas.

As Winx din a Faragonda que diga o que está a ocultar, e Faragonda di que Lord Darkar está a buscar as catro partes do Códice, e se as conseguir será un desastre. Bloom di que roubaron a parte de Fonte Vermella, e Faragonda di que as outras tres partes están na aldea das Pixies, en Alfea e en Torre de Nubes. E que Bloom probe os seus poderes.

Layla métese en Fonte Vermella para saber se Helia sente algo por Flora. Bloom fai probas dun feitizo de purificación, pero a planta se converte nun monstro. Bloom destrúeo a tempo. Na gaiola das Pixies, o home con capa que lanzou o feitizo vén buscalas.

Bloom vai con Faragonda polo libro, e Faragonda di que este libro non é de Alfea, e alguén o puxo como trampa. Entón Faragonda dá outro libro a Bloom, e di que busque ás Pixies. Na gaiola, o home con capa libera ás Pixies para que volvan á súa aldea. Lord Darkar ten uns monstros preparados.

En Alfea, Musa informa a Layla que as Pixies escaparon. Todas as Winx van recuperar ás Pixies menos Bloom, que está a tentar descubrir como reverter o feitizo de nostalxia. As Pixies van á súa aldea, mentres que os monstros as seguen. Entón ponse a descansar, e entón as Winx logran capturalas de novo. Entón veñen os monstros.

As Winx transfórmanse, e empeza unha loita contra os monstros. Bloom descubriu a maneira de reverter o feitizo e corre. Pero as Pixies escápanse mentres as Winx están ocupadas. Cando as Winx destrúen aos monstros, ven que as Pixies non están. Pero polos restos dos monstros, non poden seguir voando.

Lord Darkar quere que as Pixies lle digan onde está a súa aldea, e entón Bloom vén. Tecna dá un micrófono a Bloom e ela segue até onde están as Pixies. Entón fai uns feitizos pronunciando unhas palabras, e as Pixies volven á normalidade. Lord Darkar queda con rabia.

Layla di a Flora que atopou en Fonte Vermella un poema de Helia que seguramente é para Flora, e Flora decide enviar a Helia unhas flores pola xanela. Ao final, Lord Darkar di que elas gañaron esta vez, pero a próxima vez non terán tanta sorte e gañaraas.

Feitos importantes

  • Bloom aprende feitizos de cura.

Curiosidades

Galería

Advertisement