Wiki Winx Club
Advertisement

Misión de rescate é o episodio 3 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 29 en total. Estreouse o 26 de abril do 2005 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Alfea, onde Layla está na enfermaría e ve a Piff que está fóra. Sae da enfermaría e atópase con Knut. Pero aparece Faragonda, e di que visitou o seu pai cando era moi pequena. Entón lembra outra vez que Piff está fóra, e Layla séguea. A Pixie entra na clase de WizGiz, e Layla consegue atrapala.

Layla vai con Faragonda e explícalle todo. Ela di que teñen que atopar a entrada subterránea e liberar ás Pixies. Entón Faragonda reúne ás Winx e dálles a misión de rescatar ás Pixies. Stella alégrase porque se perderá clases. Logo di a Faragonda de por que non van os profesores, e di que as fadas e as Pixies sempre foron aliadas e por iso teñen que ir elas.

Faragonda di que só irán dous: Bloom e Stella. As outras Winx enfádanse, porque tamén queren ir. Para responder, Faragonda pon a proba Musa e Flora e converte a sala nunha simulación da cova que teñen que ir. Resulta que a maxia de Flora non funciona porque non hai plantas, e a de Musa causa un terremoto polo eco.

Layla despídese de Piff, e Faragonda dá unhas sementes máxicas para situacións extremas. As tres fadas serán acompañadas polos Especialistas. Sky vai con Bloom e Brandon con Stella, e Layla ten que ir con Riven e pon a Musa celosa. Timmy tamén chega. Layla discute un pouco con Riven sobre quen conduce, e o equipo deixa Alfea.

Os Especialistas informan de todo o que teñen, e Layla informa que o inimigo está en dirección contraria. Unha vez deron a volta, chegan á cova. A nave métese dentro, pero teñen que saltar porque Timmy non pode aterrar. Stella perde a súa maquillaxe por un barranco. Timmy e Riven vólvense a Fonte Vermella, e mentres tanto Tecna perde o sinal desde Alfea.

Stella transfórmase para iluminar o lugar, pero aparecen monstros. Hai unha porta, pero non se pode abrir porque absorbe a maxia de Stella. Os monstros atacan ao equipo. Layla e Bloom transfórmanse, aínda que Bloom non sabía que Layla era unha fada. As tres fadas loitan contra os monstros, e só son destruídos polo ataque de Stella.

Os Especialistas logran abrir a porta, pero os monstros veñen. Sky pecha a porta, pero para que os monstros non veñan, Layla pon un pegamento máxico. Pero con todo isto, Layla esgota a súa enerxía. O equipo empeza a camiñar, pero Bloom e Stella empezan a caerse porque estiveron transformadas moito tempo.

Layla atopa que o camiño está cortado, e todos os camiños acaban nun precipicio. Brandon é atacado por monstros, e Bloom e Stella queren transformarse pero non poden. Layla queda pegada por unha substancia pegañenta dos monstros, e Brandon sen querer rompe a plataforma onde estaba e cae ao baleiro. Stella, para salvalo, tamén salta ao baleiro.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Bloom, Layla e Stella xuntan os seus poderes.
  • Layla encontra Knut no corredor, mentres tenta encontrar Piff. Ela asústase ao ver un ogro na escola.
  • Faragonda escolle só Layla, Stella e Bloom para a misión porque:
    • Layla: ela coñece esta área.
    • Stella: ela ten a maxia da luz, que é eficaz contra a sombra dos monstros.
    • Bloom: ela posúe a Chama do Dragón, que fai dela a forza motriz.

Galería[]

Advertisement