Wiki Winx Club
Advertisement

Misión na selva é o episodio 11 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 167 en total. Estreouse o 26 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento

O episodio comeza na Terra, onde unha familia de tigres está a ser perseguida por alguén descoñecido. En Alfea, Stella tenta pór vestidos aos animais máxicos, pero eles non están contentos. Brandon chega á habitación dela, e Shiny namórase de Brandon, e Stella está aínda máis enfadada.

Máis tarde, as Winx e os Especialistas reúnense porque Stella decidiu organizar un desfile de moda para os animais máxicos, pero non saben o que acontecerá. Sky pide a Bloom que fagan un encontro, e entón vén Stella para comezar o seu desfile.

Antes de que o desfile poida comezar, as Winx e os especialistas son advertidos polos animais de Roxy. Na vivenda de Roxy, ela di que os seus animais detectaron problemas na Terra, na selva de Sumatra. Os tigres de Sumatra están en perigo, e están ameazados por un poder máxico perigoso.

As Winx e os Especialistas teñen que ir de inmediato cara a Terra nunha nave de Fonte Vermella, e deciden levar os animais máxicos, aínda que Bloom lembra que os animais máxicos causaron caos en Alfea. Sky di que non se preocupen polos animais, e Kiko tamén sobe.

Na nave, os animais están a causar caos de novo. Bloom descobre Kiko, e dille que o seu traballo será manter o control dos animais máxicos. Stella decide xogar cunha bóla, pero a bóla estraga os controis da nave e rompe unha xanela, e a nave cae ao chan da Terra.

Timmy non pode arranxar a nave, entón Flora, Musa, Bloom e Sky ponse en camiño para buscar o tigre camiñando, mentres Tecna, Stella, Layla e Nex van nunha dirección distinta. Mentres camiñan, Bloom e Sky din que isto podería ser equivalente a un encontro romántico.

De súpeto, Flora sente un poder perigoso que ameaza á natureza. Mentres tanto, Layla, Tecna, Stella e Nex atopan pegadas dun animal descoñecido. E Stella ten medo. O equipo dirixido por Bloom atópase cunha fervenza, que é unha fonte de maxia que se parece á súa. Un momento despois son atacados por monstros.

Os ataques dos monstros parecen bastante fortes, e os Especialistas axúdanos. Bloom, Flora e Musa transfórmanse. O grupo liderado por Layla atópase cos tigres pequenos, pero están asustados. Nex decide utilizar froitos para atraer aos tigres, e coa súa forza Butterflix as raparigas gáñanse a confianza dos tigres.

Layla crea auga para os tigres, e Tecna di aos tigres que lles mostren o que lles asusta. Mentres tanto, o outro equipo está a ser atacado polos monstros, e pero non poden nin tocalos. Entón vén o outro equipo, e cos seus poderes Butterflix, Stella vence o mal dos monstros. Resulta que os monstros eran homes que se transformaron coa maxia salvaxe, e prometen salvar a natureza.

Os tigres non poden sobrevivir sos, entón as Winx e Roxy volven a Gardenia e deciden abrir un Parque de Rescate para Animais e decide dar aos tigres unha nova lar. As Winx fai propaganda do novo parque aos humanos, para que veñan axudalas. Stella fará o desfile, pero seralle difícil.

Feitos importantes

  • Revélase que Bloom ten un coche.

Curiosidades

  • Nunha escena, as ás de Stella son púrpura en vez de rosa, unha vez máis.

Galería

Advertisement