Wiki Winx Club
Advertisement

Miss Magix é o episodio 12 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 12 en total. Estreouse o 20 de febreiro do 2004 en Italia.

Argumento

O episodio comeza na cidade de Magix, nun encontro entre Bloom e Brandon. Ela explícalle os seus soños coa ninfa Daphne. Bloom quere saber máis de Daphne e dos seus poderes. Despois explica que o primeiro día que foi á biblioteca había moitos libros de Daphne, pero despois desapareceron. Entón Brandon di que Timmy buscará máis cousas sobre Daphne.

En Alfea, o profesor Palladium explica que o simulador funciona de novo, e que as fadas teñen que facer o exame. El ve que Stella non está, e Bloom di que está na enfermería. Flora comeza, e elixe combater feitizos de tristeza das bruxas. Mentres tanto, Bloom vai á enfermería a buscar a Stella, e a enfermeira di que non houbo ninguén en todo o día.

Ela di ás outras Winx que Stella latou a escola, pero non sabe onde está. Entón Stella aparece saíndo da súa habitación, e ela explica que o que fará é tentar gañar o concurso de beleza Miss Magix, que decide a rapariga máis fermosa e con máis talento da dimensión máxica. E di que precisa do apoio das outras. Bloom di ás outras Winx que esta vez acepten.

En Torre de Nubes, unha bruxa chamada Lucy di que lles pedirá ás Trix que fagan un truco de beleza nela, e que quere gañar sexa como for. Mirta, a súa amiga, non concorda nisto, e Lucy di que non precisa dela e vaise. Na cidade, as Winx chegan ao local onde será o concurso, e as Trix tamén chegan. Icy disponse a axudar Lucy, quere que a fagan irresistible pero cando a vaian coroar, transformarana ao seu verdadeiro aspecto para que todas a rexeiten.

Flora e Musa están a axudar Stella a gañar o concurso, e entón ouven uns choros. Resulta que unha fada usou un feitizo que inchou o seu cabelo, e non sabe quen foi. Ela vaise chorando, cando as Trix aparecen e provocan a rapariga. Bloom olla ás tres bruxas, e desconfía que algo acontecerá.

O concurso comeza, e o presentador fai pasar ás concorrentes. Cando pasa Lucy, sae moi fermosa, e todos fan uns comentarios. As Trix alégranse que o seu plan vai ben. Fóra do escenario, Stella laméntase de Lucy, e entón ela sae e cando Bloom dá Lucy os parabéns, ela non contesta e vaise. Bloom comeza a sospeitar que acontece algo. No escenario, o presentador di que comezará o concurso.

Chega a primeira co talento atlético, pero Darcy fai que se caia. As Trix rin, e pasa a seguinte. Icy pon xeo aos seus pés, e pasa a seguinte con malabarismo. Pero Stormy fai que os obxectos caian na súa cabeza, e teñen que sacala con padiolas. A outra vai cantar, pero queda sen voz. Outra, os seus pombos defecan nela. Outra, os seus cans van a por ela. Outra, é estrangulada polos seus aneis. Outra, cae nunha fractura no chan feita polas Trix. O presentador fai unha pausa.

Tras a pausa, baila Lucy, e todos din que é emocionante e fantástica. Cando sae Stella, ela fai a danza da felicidade, e as Trix queren sabotala. Pero ela evita todas as trampas, e as Trix ponse furiosas. Despois de bailar, vai facer un comentario da súa actuación. Darcy fai que non fale ben, pero o presentador está feliz porque ela sabe falar ao revés.

Cando van coroar á mellor, tras tensión, elixen Lucy. Pero cando todos aplauden, Lucy regresa á súa verdadeira aparencia, e todos rexeitan a bruxa. O plan das Trix funcionou, e Stella é elixida. Ela sorpréndese, axiña, ten emoción por gañar. As Winx din que o conseguiron, e Stella di que teñen que conmemorar isto cunha festa pero Bloom lémbralle o seu pacto que ten que estudar durante toda a noite.

Ao día seguinte, Stella está no exame con algo de soño, pero elixe continuar o que comezou Bloom. Stella aparece no planeta Domino simulado, e comeza a lanzar sementes de plantas. A pesar de ter soño, continúa. Fai chover, e despois fai saír o sol. Pero as plantas crecen moi rápido, e pide saír. Entón Palladium di que Stella está suspendida, e ela ponse triste. Entón Bloom dille que comezarán as vacacións, todas están felices e o episodio termina.

Feitos importantes

  • Stella gaña o título de Miss Magix.

Curiosidades

Galería

Advertisement