Wiki Winx Club
Advertisement

Na Idade Media é o episodio 8 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 164 en total. Estreouse o 24 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento

O episodio comeza en Alfea, onde Flora e Layla tentan que Squonk e Amarok se fagan amigos. Ao principio parece que teñen éxito, pero despois Squonk ve os dentes de Amarok e asústase. Helia e Nex din que os animais máxicos non deberían estar en Alfea, e Nex fai chorar Squonk. E Amarok comeza a esnaquizar todo. Os especialistas tampouco axudan. As Winx reúnense, porque Roxy quere falar con elas.

Na vivenda de Roxy, ela coméntalles que durante a Idade Media, na Terra existía un animal chamado plumagato. Elas pensan que pode ser o animal coa primeira cor do universo, e entón as Winx deciden activar as súas Pedras das Lembranzas e con elas viaxan ao pasado da Italia, durante a Idade Media.

Unha vez alí, atopan carteis de “Búscase” en calquera lugar, coa imaxe do plumagato. O gato aparece e sae correndo porque está a ser perseguido por tres soldados, pero eles pérdeno. As raparigas, que están escondidas, queren salvar o plumagato. Entón as Winx transfórmanse nas súas formas Butterflix, e comezan a buscar o gato. Cando o gato chega ata unha emboscada, tenta asustar os soldados.

O capitán decide capturar o gato, pero el lanza petiscos aos soldados. Entón as Winx atópanse aos soldados, e eles sorpréndense por ver fadas. Eles coméntanlle que hai un decreto, que di que todos os seres máxicos están a ser buscados para ser encarcerados. En consecuencia, tamén inclúe as raparigas, pero os soldados asústanse e foxen. O plumagato desaparece e as raparigas continúan a buscalo.

Mentres tanto no presente, na gruta de Kalshara, Brafilius ve que a súa Pedra das Lembranzas se ilumina, e Kalshara di que se iluminou porque as Winx viaxaron ao pasado, e el tentará seguilas, pero no vórtice do tempo perde a cadeira de brazos que o levará ao pasado, entón el utiliza o seu chapeu para volver á cadeira de brazos e viaxa ao pasado.

Na Idade Media, Musa na súa procura atópase con Orlando, un trobador e o seu equipo de teatro. Eles están a planear un espectáculo con seis fadas, pero carecen de persoal suficiente e non saben como realizar a peza. Entón os soldados veñen falar con eles, e un do equipo preséntase. Pero os soldados din que hai criaturas máxicas e eles teñen que abandonar o bosque. Musa está a escoitalo.

Os soldados falan do gato, dicindo que é perigoso. Os trobadores propoñen aos soldados unirse ao seu equipo, pero o capitán négase e deciden volver á aldea. Cando os soldados vanse, Orlando di que o gato non é perigoso porque o coñece, e Musa tamén se decata que Orlando ten información do plumagato: cando Orlando era neno, el sempre viña verlle cando cantaba a súa canción.

Musa regresa coas Winx, e infórmalles que atopou a persoa que lles axudará. As Winx, nas súas formas normais, irán falar co equipo de teatro. Mentres tanto, os trobadores están a ensaiar a súa obra de teatro, pero o seu burro cómese o guión. Agora non saben o que poden facer, pero entón as Winx veñen axudarlles. Orlando fala con Musa, e di que as axudará co que quixeren. Pero o líder do equipo di que elas terán que colaborar na súa obra. As Winx aceptan, e van en dirección á aldea.

Feitos importantes

  • Critty coñece Musa.

Curiosidades

  • Este tempo as Winx non poden facer maxia diante das persoas xa que a maxia era moi confundida coa ciencia, nesa época.
  • Nunha escena pódese ver Critty con ollos negros en vez de verdes.

Galería

Advertisement