FANDOM


Nas profundidades de Andros
Tempada 8, episodio 8
Winx190
Información do episodio
Número de episodio total 190
Data do trinque (Italia) 23 de abril do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano Negli abissi di Andros
Nome en inglés (EUA) Into the Depths
on Andros
Sucesión de episodios
anterior
Trampa en Prometia
seguinte
A luz de Gorgol
Lista de episodios

Nas profundidades de Andros é o episodio 8 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 190 en total. Estreouse o 23 de abril do 2019 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza na gorida de Valtor, onde el evoca desde os abismos un perigoso predador, potenciado a través da súa propia maxia escura, para evitar que unha vez máis as Winx consigan interferir cos seus plans. Valtor ordena a Obscurum e aos seus Staryummys que absorban a luz de Gorgol, a estrela submarina que ilumina os océanos de Andros. Mentres tanto en Andros, o reino está a prepararse para celebrar o aniversario da súa fundación.

No seu cuarto, Layla está a adestrarse coas outras Winx repetindo o discurso que terá que facer diante de todos. Pero infelizmente, por mor da súa excesiva ansiedade, non consegue lembrar as palabras que escribiu coa axuda de Tecna e Musa. Mentres tanto, Stella ocúpase de coser o seu vestido perfecto. Layla sae do seu cuarto para concentrarse estando soa. No entanto, nese momento Nex chega cun ramo de flores, que tenta tranquilizala sexa como for.

Nos océanos de Andros, os Staryummys están a absorber toda a enerxía do núcleo de Gorgol, e algúns Lumens están a velos e vanse para buscar axuda. No palacio de Andros, as celebracións da festa de aniversario empezan, e nel atópanse todos os soberanos: Ligea, Teredor, Niobe e Dorona. Durante o seu discurso, Layla ponse nerviosa e esquece completamente o que tiña que dicir.

Mentres tanto, Dorona e Ligea unen os seus poderes para crear unha barreira máxica que protexerá a luz de Gorgol. Pero infelizmente, Obscurum e os seus Staryummys xa conseguiron infiltrarse no castelo, e alcanzaron o seu núcleo. As Winx vense obrigadas a entrar en acción e a transformarse unha vez máis en fadas Sirenix. Nesta nova aventura submarina Nex acompañaraas, mentres que Twinkly, que non sabe nadar, é obrigada a quedar fóra da auga.

Despois de mergullarse na auga, as Winx e Nex apresúranse en alcanzar Gorgol, pero durante o traxecto, Stella e Bloom decátanse que están a ser seguidas por algo. Mentres tanto, durante a misión baixo a auga, Nex di que el entende que Layla quería que os seus pais se sentisen orgullosos dela pero non o conseguiu porque non leu o discurso correctamente, polo tanto tenta confortala coas súas doces palabras.

No entanto, mentres que chegan a Gorgol, as Winx atopan o camiño vixiado por unha criatura das profundidades do océano que é hostil e ameazadora, e parece que os seus feitizos ofensivos Sirenix non están a producir ningún efecto. Aproveitando a distracción, Nex sepárase do grupo para alcanzar o núcleo e enfrontarse directamente con Obscurum. Mentres tanto, as Winx entenden que non poderán derrotar nunca a criatura da escuridade sen usar os seus poderes Cosmix, polo tanto, deciden colaborar e conseguen collela nunha cova.

Despois de que alcanzaron o núcleo, as Winx aprenden que os Staryummys case o apagaron completamente, e apresúranse en devolverlle a luz. Layla e Nex, mentres tanto, enfróntanse en combate con Obscurum, que se volveu máis forte coa maxia do Escurador que lle deu Valtor. Polo tanto, usando o cetro, Obscurum causa un derrubamento nas paredes da cova, que caen sobre Nex e cólleno.

Feitos importantes Editar

  • Neste episodio regresa a transformación Sirenix á serie, redeseñada para a oitava tempada.
  • Dorona menciona que ela tiña un irmán (Obscurum), que desapareceu tralo regreso de Valtor.

Curiosidades Editar

  • Non se revela como as Winx obtiveron o Sirenix outra vez despois de perdelo na tempada 6 (excepto Bloom) ou se simplemente teñen a posibilidade de acceder outra vez a todas as súas transformacións anteriores, unha vez obtiveron a seguinte.
  • Neste episodio o único Especialista que aparece é Nex.
  • Neste episodio regresa Dorona despois do episodio “O reino dos Lumens”.
  • Revélase que Twinkly non sabe nadar e que os Lumens de Gorgol parecen sereas.
  • Revélase que a nova armadura dos Especialistas pode adaptarse a ambientes submarinos.
  • A pesar de que durante o episodio están nunha festa en Andros e as sereas están presentes, personaxes como Neptuno, Tressa e Nereus son inexplicablemente ausentes.
  • Durante o episodio Obscurum menciona o planeta Callisto, unha clara referencia á tempada 1 da serie.

Galería Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.