Wiki Winx Club

No corazón de Torre de Nubes é o episodio 18 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 44 en total. Estreouse o 16 de xuño do 2005 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Torre de Nubes, onde están na sala do Códice. Pero onde debería estar o Códice, aparece Griffin. As Trix sorpréndese, e Griffin di que en lugar de ser a sala do Códice, é o seu balneario persoal. As Trix vanse, e logo Griffin devolve a vista a Bloom e as Winx vanse á súa habitación. Stella fai algúns comentarios inoportunos.

As Trix están a pensar nunha maneira de roubar o Códice. Pola noite, Layla ve que Musa quedouse durmida. Ao día seguinte, Griffin revela que Torre de Nubes está viva e as Trix controlan parte do castelo, e tamén poden cruzar as paredes.

Griffin dá ás Winx unhas moedas que detectarán se as Trix fan un feitizo para controlar a torre, e tamén di que cunhas palabras máxicas aparecerán uns altofalantes onde poderán falar a distancia. Pero as Trix van controlando todos os movementos das Winx.

A moeda de Flora ilumínase, pero é Griffin. As Winx seguen buscando. Tecna tenta conectarse ao computador de Torre de Nubes, pero vén alguén. Mentres tanto, Griffin di que debe retomar o control enteiro da torre, e puxo a cada fada co seu peor parella.

A moeda de Mirta ilumínase. Parece que vén Griffin, pero é Darcy. Na biblioteca, Tecna segue conectada, e están a facer cambios á moeda. Stella e Musa chegan ao comedor e discuten, pero a moeda de Stella cae ao chan e ilumínase. As outras dúas non se dan conta.

Flora e Layla están tamén a buscar, e tentan contactar con Mirta pero non responde. Tecna detecta co computador que as Trix capturaron a Musa e Stella no comedor. As Trix deixan Stella e Musa atrapadas entre a parede, e vanse. A moeda de Flora ilumínase. Bloom contacta con Layla, e informa á situación.

As bruxas están a correr e o castelo de Torre de Nubes está a moverse, e atrapan entre as paredes algunhas fadas. Griffin continúa a tentar recuperar o control. Entón Tecna descobre que as Trix veñen cara á sala, e Bloom e Tecna transfórmanse.

Flora e Layla ouven uns ruídos, e deciden axudar a Bloom. Mentres tanto, as Trix loitan contra Bloom e Tecna. Elas logran escapar, pero as Trix son máis rápidas. Entón Griffin axuda ás fadas porque recuperou o control do edificio. Griffin libera todas as Winx e xúntanse.

As Trix fan un feitizo sobre Torre de Nubes que converten o edificio nun monstro, e o tres descobren que hai unha sala diferente, que é a do Códice. Entón aparece unha Pixie que protexe o Códice, e veñen as Winx. Bloom decide que fagan unha converxencia máxica.

As Winx empezan a converxencia, pero fallan e as Trix deixan inconsciente á Pixie e rouban o Códice. As Winx vanse de Torre de Nubes tristes, e Griffin di que agora Lord Darkar é máis forte. O edificio de Torre de Nubes volve á normalidade.

Feitos importantes[]

  • As Winx fallan cunha converxencia.
  • As Trix obtén a segunda parte do Códice.

Curiosidades[]

  • Neste episodio Zing usa un vestido de alieníxena, de Jack Sparrow de Piratas do Caribe e de Doc Holiday en Tombstone.

Galería[]