Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement

O último descubrimento é o episodio 25 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 129 en total. Estreouse o 23 de abril do 2013 en Italia.

Argumento

O episodio empeza en Alfea, onde as Winx están a comer xunto ás outras fadas. A comida aparece na mesa, e as Winx empezan a comer. Layla di ás Winx que poderían bailar, e as Winx aceptan. Pero Flora está triste, e Krystal quere falar con ela sobre Helia.

Krystal pide perdón por meterse entre ela e Helia, e que ela e Helia son amigos, e Helia está namorado de Flora. As Winx empezan a bailar nunha sala de Alfea, e entón Layla imaxina Roy por un espello, e logo Stella imaxina os seus pais tamén polo espello. Tecna imaxina Timmy, e Musa imaxina as baleas cantantes.

Bloom imaxina Sky, pero Flora está triste. As Winx animan Flora, e Flora imaxina Helia. No Océano Infinito, Tritannus di a Icy que precisa dunha fada co Sirenix, e Icy suxire Layla. En Alfea, Layla recibe unha chamada de Nereus e Tressa e están a pedir axuda porque Tritannus os rodeou con mutantes.

As Winx transfórmanse, e entran no Océano Infinito. Pero non saben a maneira de atacar os mutantes sen facerlles dano. No Océano Infinito, as Winx chegan á columna da luz, pero hai un gran exército de mutantes. As Winx tentan pasar, e Tritannus di aos mutantes que rodeen Layla. Flora dá a Tressa a alma do océano, e Tressa convoca as Selkies.

As portas do Océano Infinito ábrense, e pasan as Selkies. Nereus di ás Selkies que defendan a columna da luz, e Tritannus ordena aos mutantes atacar. Empeza unha batalla das Winx e as Selkies contra os mutantes, e Layla acaba sendo rodeada polos mutantes e Tritannus.

Nereus vén defender Layla e loita contra Tritannus, e Icy ordena aos mutantes coller Layla. Nereus tenta defender Layla, pero é atacado por Tritannus e morre. Layla entra en rabia e ataca Tritannus. Entón a gardiá do Sirenix de Layla aparece e di a Layla que ten un desexo. Layla pide que Nereus viva, e Nereus volve á vida.

Tritannus e Icy aparecen e rodean Layla, e Tritannus co seu tridente rouba os poderes do Sirenix de Layla. Bloom pasa entre os mutantes para salvar Layla, e as outras Winx, as Selkies e Nereus seguen Bloom. Pero Tritannus lévase Layla, e disponse a activar o trono do emperador cos poderes de Layla.

Feitos importantes

  • Krystal pide desculpas a Flora por estar entre ela e Helia.
  • Flora e Helia finalmente reconcilianse.
  • Layla usa o seu desexo do Sirenix para que o seu primo Nereus volva á vida.
  • Tritannus captura Layla para absorber os seus poderes Sirenix para activar o trono do emperador.

Curiosidades

  • Esta é a primeira aparición de sala de baile de Alfea e o seu espello máxico.
  • Con este episodio, todas as Selkies son vistas en 3D.
  • Esta é a primeira vez que aparece unha gardiá do Sirenix e a caixa do Sirenix en animación 3D.

Galería

Advertisement