Wiki Winx Club
Advertisement

O animal máxico de Tecna é o episodio 12 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 168 en total. Estreouse o 26 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento

O episodio comeza en Alfea pola noite, onde Roxy lle pide aos animais máxicos das Winx que se reúnan. Ela quere coñecer mellor aos animais para descubrir o segredo do poder dos animais, o cal procura Kalshara. No entanto, falta Critty e Roxy vai buscala.

Mentres ela se vai, os animais quedan e destrúen accidentalmente os globos tecno-máxicos de Roxy e asustan os animais de Roxy. As Winx espertan, e están a tomar o almorzo. Roxy vén buscar Critty, e ouve ruído na súa habitación. Ela vai ver o que está a acontecer, e atopa que un globo tecno-máxico está roto, e sen el non funcionan os demais.

Tecna di a Roxy que o arranxará, pero teñen que ir cos seus pais. Xunto coas Winx, viaxan a Zenith. Ao chegar, as Winx están na cidade, e chegan a casa de Tecna. Un robot aparece na porta, e resulta que Timmy se atopa reunido con Electronio e Magnethia, quen están a reparar un robot. Tecna di que precisan da súa axuda.

Mentres tanto, Kalshara segue coa súa procura do animal coa primeira cor do universo e envía Brafilius ao pasado tecno-máxico do corazón de Zenith, o local onde naceu a tecno-maxia, porque nese tempo aínda había animais no planeta. Brafilius viaxa ao pasado e atópase cos tecno-esquíos, os animais máxicos que manteñen en movemento o corazón.

Brafilius colle unha dos esquíos do corazón e verifica se é o animal que busca. Pero os tecno-esquíos non son o animal que busca. Entón Brafilius tenta matar o esquío, pero o esquío deféndese e róuballe a pedra a Brafilius. A pedra acaba dentro dun cano, e Brafilius nun cano distinto, e non pode facer nada.

No presente, o robot que estaban a reparar os pais de Tecna e Timmy enlouquece. E non só el, senón o resto do equipo tecno-máxico de Zenith. As Pedras das Lembranzas das Winx ilumínanse e tamén viaxan o tempo cara ao corazón tecno-máxico, para saber o que aconteceu no pasado e saber por que os robots se estragaron.

No pasado, Brafilius quitou un dos animais do corazón e por tanto perdeu estabilidade. As Winx atopan Brafilius, e din que todo foi culpa súa. As Winx transfórmanse, e os tecno-esquilos e Tecna cos seus poderes Butterflix consegue fundirse co corazón e estabilizalo de novo. Despois féchase o cinto cos tecno-esquilos.

Brafilius consegue coller a súa pedra e desaparece de volta ao futuro. Flitter enlázase con Tecna, e as Winx tamén van cara ao futuro, con Flitter. De volta no presente, os pais de Tecna din a Stella que non usarán ningún robot para arranxar todo. E ao final, Flitter pode reparar os globos tecno-máxicos.

Feitos importantes

  • Flitter faise o animal máxico de Tecna.

Curiosidades

  • Nunha escena, Tecna é vista coas ás rosa en vez de púrpura.
  • Nunha escena, Stella é vista con ás púrpura en vez de rosa.

Galería

Advertisement