Wiki Winx Club

O ataque da esfinxe é o episodio 8 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 138 en total. Estreouse o 10 de febreiro do 2014 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza na biblioteca de Alexandría, onde as Winx e Daphne están a loitar contra as momias, mentres as Trix o observan todo dende unha gaiola feita por Tecna. As Pixies descobren que poden derrotar as momias desenrolándoas, porque debaixo só hai po e sucidade.

Logo de que as momias son derrotadas, as Trix saen da gaiola. En Torre de Nubes, Selina convoca a lenda da Esfinxe ás ordes das Trix. A Esfinxe empeza a causar caos en Alexandría, en Exipto. Mentres tanto, as Winx están na biblioteca, e empezan a procurar o diario.

Tecna ouve as Trix a falar, pero non consegue descubrir a verdade. Entón Bloom sente que algo lles está a suceder aos humanos, e as Winx teñen que adiar a pescuda e saír da biblioteca. As Winx saen e ven a esfinxe. Elas empezan a loitar contra a esfinxe e lévana cara a outra zona para afastala dos humanos.

As Winx loitan contra a esfinxe, e as Trix dinlle a Daphne que as protexa porque están nun globo, e Daphne protéxeas nunha esfera. Entón as Trix deciden atacar, e fan que uns humanos queden quietos. Un can está a piques de ser atacado pola Esfinxe, pero Stella fai que os humanos esperten e unha muller salva o can. As Trix enfádanse.

Mentres tódalas fadas están ocupadas, Selina fala de novo con Acheron e falan sobre o diario de Eldora. Logo ela mesma teletranspórtase á Biblioteca de Alexandría para atopar o diario de Eldora e para destruílo, porque é a única solución para pechar o Legendarium para sempre. Na cidade, as Winx deciden levar a esfinxe fóra da cidade, e atácana para que as siga. A Esfinxe empeza a seguir as Winx, e ataca Musa, pero Layla sálvaa dunha caída. Flora ataca a Esfinxe, e queda atrapada nunhas rocas. Pero a biblioteca poderíase destruír, e Bloom decide baixar á biblioteca a polo diario.

Bloom usa os seus poderes para atopar o diario na biblioteca que está a piques de esborrallarse. Mentres tanto, as Trix fan que uns turistas empecen a correr sen saberen onde se dirixen, e entren en pánico e se separen. Pero as Pixies logran facer que estean todos xuntos de novo, pero estes continúan a correr con pánico.

Na biblioteca, Bloom queda sorprendida pola aparición brusca de Selina, que se revela ser unha amiga da súa infancia na Terra. Cando lle di que marche, esta desaparece utilizando un truco co Legendarium. Como a loita contra a Esfinxe produce caos e crea terremotos, a biblioteca de Alexandría rematará enterrada baixo os cascallos e será perdida para sempre. Pero Bloom atopa o diario.

Piff fai que a Esfinxe durma, pero esta esperta. As Winx fan unha converxencia máxica, pero tampouco funciona. A Esfinxe fala coas Winx e infórmalles que tódolos ataques delas son inútiles. Pero se foren capaces de resolver o seu enigma tendo tres oportunidades derrotarana. A pregunta é:

«Hai moitos libros na biblioteca perdida de Alexandría, cantas letras hai en tódolos libros?»

Moi charlatana por natureza, Chatta di un número moi grande tentando adiviñar a resposta, e desaproveita a súa primeira oportunidade. Á súa vez Tecna utiliza a súa tecnoloxía e dá outro número á Esfinxe, pero aínda así perde tamén a segunda vez. Testuda Chatta, non facendo caso ao resto dos amigos di “13” e adiviña o número correcto, porque a resposta é:

«13. Hai 13 letras en tódolos libros.»

Deste xeito elas logran derrotar a Esfinxe, e ela volve ao seu sitio e transfórmase de novo en pedra. Felices, reatópanse con Bloom que, finalmente atopou o diario de Eldora. Deste xeito o grupo de Daphne continúa a súa misión a carón de Eldora para pecharen o Legendarium, e as Winx están prontas para faceren unha viaxe longa cos globos que as guiará polos sitios que visitou a fada madriña. As Trix acompañaranas disfrazadas, e deste xeito remata o episodio.

Feitos importantes[]

  • As Winx atopan o diario de Eldora.
  • Revélase que Bloom e Selina son amigas da infancia.

Curiosidades[]

  • En Italia, este episodio foi emitido catro días antes do episodio 6 e unha semana antes do episodio anterior.
  • Como as Winx (excepto Bloom) creceron na Dimensión Máxica, non saben moito sobre a estatua da Esfinxe.
  • Curiosamente, Daphne parece saber máis sobre a cultura do antigo Exipto ca Bloom. Isto podería ser porque é a profesora de Historia da Maxia en Alfea.
  • Daphne lanza un feitizo de converxencia Bloomix coas Winx (menos Bloom).
  • Algunhas das personaxes de recheo das lembranzas de Bloom na Terra son as fadas menores en Alfea, no canto de seres humanos normais.
  • A Esfinxe aparece coa súa barba, tanto en pedra como na súa forma máxica. Pero a súa barba foi rota hai moitos anos.
  • Na escena na que a xente está a fuxir da Esfinxe e antes de que Piff durmise a Esfinxe co pó do sono, Tecna dispáralle á Esfinxe un feitizo de son de Musa coa mesma cor de enerxía púrpura de Musa.

Galería[]