O baile de princesas é o episodio 1 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 53 en total. Estreouse o 29 de xaneiro do 2007 en Italia.
Argumento[]
O episodio empeza en Alfea, onde empezan as vacacións de verán. Stella está a buscar roupas de princesa para ir a Solaria. Bloom di que discutiu con Sky, e séntese mal porque non o verá en todo o verán. E Musa e Layla non irán ás súas casas e quedarán en Magix.
A Bloom cáenselle as maletas, e Layla tenta aguantalas todas. Pero Kiko cae sobre Layla e ela sobre as maletas de Stella, e Stella enfádase. Entón aparece un holograma de Solaria que haberá un baile da princesa para Stella. Stella di a todas que veñan con ela a Solaria.
Unha nave está a levar presos á Dimensión Omega, un sitio que fai moito frío e conxélase todo. Da nave caen cubos de xeo coas Trix. Pero Icy rompe o xeo e sae. Stella empeza a facerse ilusións que os seus pais volverán xuntos, e Bloom quere acompañar Stella a Solaria.
Na Dimensión Omega, Icy desconxela Darcy e Stormy. Tecna está a examinar as invitacións, e Sky non respondeu. Stella pide unha pizza, pero outra moza cóllea. Entón empeza unha pelexa pola pizza, e caen anacos da pizza sobre Stella e outros anacos sobre a outra moza.
A outra moza reúnese con outras mozas e din que son fadas da Academia Beta. Daquela a moza preséntase como Quimera e tamén ten un baile. Stella entra nun sitio que se poden probar vestidos virtuales, e Bloom e Stella próbanse vestidos ata que Stella decide un. Pero só hai un, e Quimera cólleo antes.
As Trix están a ser perseguidas por un monstro, ata que chegan a un cubo onde hai un home que se chama Valtor e está condenado a cadea perpetua. Icy espértao, para que loite contra os monstros. El explica que leva 17 anos neste lugar e mantívose esperto, e quere vinganza.
Valtor sabe unha maneira de saír, e as Trix din que poden ser un equipo pero el non ten que mandalas, e Valtor acepta. En Magix, Stella e Bloom empezan unha persecución contra Quimera, e Quimera comeza a destruílo todo. Bloom e Stella ao final transfórmanse para salvar uns cans por unha desfeita de Quimera.
Stella chega a unha tenda e a vendedora di que Quimera lle dixo que pronto será princesa de Solaria como Stella. As Trix e Valtor chegan a un portal con Andros, pero está protexido de maxia. Icy decide usar un dos monstros ao seu favor, e conseguen abrir a porta.
En Andros, as sirenas gardiás ven que a porta se abre, e Valtor deixa ás sirenas baixo o seu control. Musa di que agora leva un peiteado diferente, e Stella ponse a roupa nova. Entón aparecen os Especialistas, con Sky. Sky informa a Bloom que recibiu a invitación e Bloom descúlpase por enfadarse.
Layla detecta que no mar algo non vai ben, e entón vén un tsunami. As Winx transfórmanse, e os Especialistas sacan a xente da auga. Layla salva unha nena da auga e volve á superficie.
Tecna descobre que esa onda foi causada por unha anomalía, e unha serea aparece e di a Layla no seu idioma que Andros ten problemas. Layla decide ir soa, e vaise. Mentres tanto, Valtor vai convertendo as sereas en monstros.
Feitos importantes[]
- Stella recibe a noticia de que haberá un baile no seu planeta, Solaria.
- Stella coñece Quimera e as súas amigas da Academia Beta.
- Icy, Darcy e Stormy son levadas á Dimensión Omega.
- Icy, Darcy e Stormy coñecen Valtor.
- Valtor invade Andros.
- Musa comeza a ter o cabelo longo.
Curiosidades[]
- Neste episodio cambia o final da transformación de Musa.