Wiki Winx Club
Advertisement

O banquete de Solaria é o episodio 20 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 150 en total. Estreouse o 2 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no mundo do Legendarium, onde Stella se atopa nun labirinto a loitar contra Darcy, que está disfrazada como a personaxe de Ariadna. O Minotauro está a tentar atacar Stella. Para poder derrotalo, Stella tenta atacar o Minotauro cos seus ataques Mythix, pero os cornos do Minotauro reflicten os seus ataques que se volven cara a ela mesma. Entón, Stella lanza un ataque e fórmase unha onda expansiva ao redor do Minotauro, que lanza Darcy ao chan, facendo que neste proceso caia tamén a coroa de Solaria. Entón Stella consegue coller a coroa.

Stella ten a coroa de Solaria de novo, e lanza un novo ataque co que logra facer que desapareza o Minotauro. Pero Darcy vaise, e di que aínda ten algo máis preparado para ela. Stella séguea, e empeza a penetrar cada vez máis fondo a través do labirinto sen saber onde se dirixe. Entón Darcy ri e di que se quedar máis tempo no labirinto, quedará atradapa no mundo do Legendarium para sempre.

Darcy aparece e duplícase, e marcha para que a procure Stella. Stella entón lémbrase de que ela sempre é máis forte á beira das Winx, e entón Eldora aparece a tempo de axudala. Ela tamén lle dá un nobelo enfeitizado que desprendendo un fío que finalmente lle amosará a saída. Stella consegue localizar a saída con este obxecto, e sae do labirinto e do Legendarium.

En Solaria, as bruxas de Torre de Nubes aínda están a atacar as Winx, e teñen Musa, Tecna e Layla nunhas bólas a xiralas polo aire. Daphne consegue destruír as bólas onde están atrapadas as Winx, e di que se os gardas as puidesen axudar, gañarían. Layla ataca as bruxas, e as Winx unidas atacan as outras bruxas. Ao final as bruxas abandonan a loita.

Os reis de Solaria, os pais de Stella, danlles as grazas ás Winx polo que fixeron. Logo Bloom di que teñen que atopar Stella. As Pixies están con Brandon, e Stella aparece de novo e abraza Brandon. Pero Brandon está enfadado con Stella, e vaise. Stella queda impactada e triste á vez. Xusto entón as Winx entran no seu cuarto.

Stella di que xa non quere ser raíña, e ten que atopar outro xeito para volver gañarse a confianza dos seus pais e de Brandon. As Winx consólana e feliz, Stella dálles as grazas ás Winx porque son as súas amigas. Musa, Flora, Tecna e Bloom anímana e preparan unha festa sorpresa organizada por Stella como desculpa.

Deste xeito as Winx empezan a preparar comida, xunto coas Pixies. Na cociña, as Winx fan uns pasteis bos pero algo pequenos. Elas tentan vir cunha idea para facérenos máis grandes e unha das Pixies decide utilizar un feitizo de crecemento da masa. Pero o feitizo non funciona como cómpre e os pasteis explotan ensuciando toda a cociña.

Mentres tanto en Torre de Nubes, as Trix dinlle a Darcy que fallou, e Selina di que ten outro plan para atacar as Winx de novo. En Solaria, Stella dálles as grazas ás Winx pola axuda coa comida, cando os pais de Stella entran na cociña. Stella xusto entón prepara a comida, xunto coas Winx e mailas Pixies.

Ao final cando rematan as preparacións, as Winx levan a comida á sala principal do pazo, e Bloom trae Brandon. Pero Brandon non quere ver Stella. No entanto queda sorprendido polo que fixo Stella. Stella dille a toda a xente que gocen con esta cea como desculpa. Brandon entón vén cara a Stella. Ela pídelle perdón e dille que se cadra non é unha cea romántica, pero ela fixo unha pizza coas súas propias mans para el. Brandon perdoa Stella, e as Winx están tamén contentas.

En Torre de Nubes, Selina esperta Gargantúa, unha criatura que devorará todo o que se atopar no seu camiño. En Solaria, Gargantúa aparece e empeza a atacar e a comelo todo. Os reis non saben que pasa, e as Winx din que que se encargarán elas do monstro xigante. Daphne transfórmase en Sirenix e as Winx en Bloomix. As Winx empezan a atacar Gargantúa. Desgraciadamente de novo os seus ataques non teñen efecto sobre o monstro, que empeza a comer a alfombra. As Winx descobren que tódolos seus ataques son inútiles contra este monstro, e Daphne di que Gargantúa é unha criatura lendaria que come todo o que estiver no seu camiño. Bloom di que precisan dun plan rápido.

A Stella vénlle unha idea e as Pixies póñena en marcha: poñen pasteis no chan para Gargantúa e tentan atraelo lonxe dos invitados. Gargantúa empeza a comelos, e cae directamente na trampa posta polas Winx. Gargantúa chega á cociña, onde se atopa un gran pastel. Gargantúa come este pastel, e as Winx fan un feitizo para faceren que o pastel aumente de tamaño, e a barriga de Gargantúa explota e o monstro é destruído.

Stella fai o seu acto final como raíña, e di que se quere desculpar a toda a xente por todo o que sucedeu, e darlles as grazas ás Winx, a Brandon e aos seus pais polo seu apoio. Stella di que ser raíña é unha tarefa moi difícil e con moitas responsabilidades, e toda a xente aplaude. Stella di que a cita con Brandon se estragou, pero Bloom di que ten unha idea.

En Alfea, Brandon pregúntalle a Stella se sabe que planean as Winx, e Stella di que elas non lle dixeron nada aínda. Brandon e Stella están a camiñar polo corredor ata chegaren ao comedor de Alfea, e as Winx din que prepararon para Stella e Brandon, e expresamente unha cita especial onde poderán que comer todo o que quixeren. As outras Winx sentan tamén para comeren despois de serviren á parella, e Bloom fai un comentario que elas tamén teñen fame e empezan a comer. Brandon e Stella tamén empezan a comer, e o episodio remata coa súa cita e cun corazón ao redor da parella.

Feitos importantes[]

  • Este é o último episodio no que Stella é a raíña de Solaria.

Curiosidades[]

Galería[]

Advertisement