FANDOM


O concurso de baile de Melodía
Tempada 8, episodio 21
Winx203
Información do episodio
Número de episodio total 203
Data do trinque (Italia) 12 de setembro do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano La gara di ballo su Melody
Nome en inglés (EUA) Dance Contest on Melody
Sucesión de episodios
anterior
O corazón verde de Linphea
seguinte
O segredo da harmonía
Lista de episodios

O concurso de baile de Melodía é o episodio 21 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 203 en total. Estreouse o 12 de setembro do 2019 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza no patio de Alfea, onde as Winx e as demais alumnas están nunha clase de autodefensa máxica con Griselda, mentres que Kiko e Knut están a preparar unha catapulta para lanzar unha bóla. As alumnas teñen que desviar a bóla cos seus poderes, para practicar a defensa dun posible ataque inimigo.

Stella desvía a bóla, e Musa tamén consegue desviar a bóla aínda que recibiu unha mensaxe de Riven convidándoa a comer un xeado. A bóla deixa Kiko inconsciente, e Knut colle a bóla e Kiko e ponos na catapulta. Cando Bloom debe desviar a bóla, ela colle Kiko e a bóla golpea a cara de Griselda, deixándoa inconsciente.

O Cofre das Estrelas aparece porque as Winx deben facer unha nova misión. Flora di a Musa que debe dar a Riven unha segunda oportunidade, ou sexa, ir tomar un xeado con el. Pero Musa quere ir coas demais Winx a Melodía, o seu planeta natal, xa que alí se atopa a quinta Estrela Primaria. Polo tanto, Musa di a Riven que a cita terá que esperar e ela debe ir nunha misión a Melodía.

A escena cambia a Melodía, onde as Winx xa se atopan nunha loita contra as Trix que tamén viñeron obter a quinta Estrela Primaria. Nun ataque, a estrela sae do seu sitio e voa ata a discoteca principal de Melodía. As Winx e as Trix van ata esta discoteca, e atopan que a princesa Galatea a atopou e a puxo nunha coroa, e preparou unha competición de baile como parte do concurso anual de baile en Melodía, cuxo premio será a coroa coa estrela.

Na discoteca, Icy tenta usar a súa maxia, pero Galatea dille que nesta discoteca hai un inhibidor que impide calquera tipo de ataque máxico. Como cada ano, Galatea dirixe este concurso de baile. Bloom, Stella, Flora, Layla e Tecna deberán competir contra Stormy e Icy, e cambian as súas vestimentas para obter unha aparencia máis axeitada para este concurso de baile. Mentres tanto, Riven está en Fonte Vermella e fala con Sky e Brandon, dicíndolles que sempre que tenta falar con ela acaban discutindo. Eles din a Riven que vaia a Melodía falar con Musa se realmente a quere.

Mentres que Stella e Flora son derrotadas por Icy na pista de baile, Musa vai a casa do seu pai Ho-Boe para visitalo. Darcy decide seguila secretamente… Musa chega a casa, atopa o seu pai e abrázao. Ambos entran en casa, e entón Musa empeza a lembrar a súa infancia cando a súa nai Wa-Nin aínda estaba viva e ela e Ho-Boe facían música cando Musa era pequena. Darcy atacaraos…

Na pista de baile, Tecna debe enfrontarse a Stormy, pero é derrotada. Entón Stormy revela ás Winx que ela foi campioa de baile nos concursos de Danza Escura. Mentres que Musa e o seu pai están a falar en casa, Darcy decide atacalos, pero Riven vén parar a súa ex-noiva. Pero non a pode derrotar e Darcy consegue vencelo e deixalo baixo un feitizo hipnótico de control. Musa atopa Riven e dille que entre en casa, sen saber que o mozo se atopa baixo o control de Darcy…

Feitos importantes Editar

Curiosidades Editar

  • Neste episodio regresan Ho-Boe e Wa Nin (nun recordo) despois do episodio “Os problemas do amor”.
  • Neste episodio, ademais, regresa a princesa Galatea despois do episodio “A caída de Tritannus”.
  • Revélase que Stormy ten un gran talento no baile, e que foi campioa nuns concursos de Danza Escura.
  • Valtor non aparece nin neste episodio nin no seguinte, que ambos forman unha mesma historia que dura dous episodios.

Galeria Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.