Wiki Winx Club
(Nova páxina: "{{Episodio |bgcolor = #808000 |tempada = 8 |episodio = 20 |imaxe = 250px |número = 202 |italia = 11 de setembro do 2019 |eua = 2019 |italiano = Il cuore ...")
 
Línea 51: Línea 51:
   
 
[[ca:El cor verd de Linphea]]
 
[[ca:El cor verd de Linphea]]
[[de:Winx Club - Folge 820]]
 
 
[[en:Winx Club - Episode 820]]
 
[[en:Winx Club - Episode 820]]
 
[[es:Winx Club - Episodio 820]]
 
[[es:Winx Club - Episodio 820]]
Línea 58: Línea 57:
 
[[pt-br:O Coração Verde de Linphea]]
 
[[pt-br:O Coração Verde de Linphea]]
 
[[ro:Inima verde de pe Linphea]]
 
[[ro:Inima verde de pe Linphea]]
  +
[[ru:Зелёное сердце Линфеи]]

Revisión del 00:22 19 sep 2019

O corazón verde de Linphea é o episodio 20 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 202 en total. Estreouse o 11 de setembro do 2019 en Italia.

Argumento

O episodio empeza no invernadoiro secreto de Alfea, onde as alumnas están nunha clase de Griselda sobre as plantas máxicas do invernadoiro. Griselda di ás alumnas que teñen que atopar unha maneira de comunicarse coas plantas. Flora e Layla sepáranse do grupo e Layla tenta comunicarse cunha planta, pero falla. Tecna e Stella tamén fallan.

Griselda vén dicir que a maxia non funciona coas plantas e que as plantas viven máis amodo cás persoas, por iso non teñen que ir rápido. Polo tanto, Griselda di que teñen que utilizar a testa. Entón aparece o Cofre das Estrelas, que vén dicir que a cuarta Estrela Primaria se atopa en Linphea. As Winx piden permiso a Griselda para facer a súa seguinte misión, e vanse.

Na gorida escura de Valtor, o feiticeiro e as Trix están a ver o que as Winx están a planear facer, e Darcy di que teñen que preparar un plan. Valtor dille que lle dá igual, o único que quere é que lle traian a estrela. En Linphea, as Winx chegan voando, e a irmá pequena de Flora, Miele ponse moi contenta ao ver que a súa irmá veu a casa. Miele abraza Flora e dille que está no seu segundo ano na Escola de Linphea, e sobe na súa Xoaniña Xigante para vir coas Winx na súa misión.

Flora di a Miele que ten que quedar en casa porque é moi pequena, pero Miele dille que é unha fada como as Winx e pode axudalas. Pero Bloom di que Flora ten razón, a misión é moi perigosa. No entanto, cando as Winx marcharon, Miele ségueas coa súa Xoaniña Xigante, xa que as quere axudar sexa como for. O compás do Cofre das Estrelas leva as Winx ata a Cidade dos Lilings, e teñen que entrar no Corazón Verde de Linphea, onde se atopa a estrela. Pero a porta está pechada.

Para abrir a porta, teñen que facer un baile igual que uns Lilings, porque as Winx viron que estes Lilings facían un baile e a porta abriuse só para eles. As Winx cambian as súas vestimentas e fan o baile, e a porta ábrese. As Trix chegan, pero tampouco poden pasar. Darcy crea clons das Winx para que fagan o mesmo baile, e a porta ábrese. Unha vez dentro, as Trix crean un monstro para evitar a misión das Winx.

O monstro empeza a atacar as Winx, pero entón Miele tamén chega ao lugar, e axudaraas transformándose en fada. Pero Flora dille que isto é moi perigoso e ten que quedar nun sitio escondido como protección, e Miele empeza a chorar e vaise. Darcy ve que Miele está a correr cara a casa e decide atacala…

As Winx continúan a súa loita contra o monstro, cando Flora ouve que Miele está en perigo e está a gritar, por tanto decide ir axudala. Flora atopa a súa irmá debaixo dunha árbore, e Miele dille que Darcy lle lanzou un feitizo de inmobilidade e non se pode mover. Flora colle Miele e volven coas demais. Bloom derrota o monstro coa súa Chama do Dragón, pero Miele di a Flora que teñen que entrar rápido no lugar no que se atopa a estrela.

Flora e Miele entran, pero entón Miele empeza a moverse e colle a estrela. Flora ve que algo está mal, porque Miele lle dixera que non se podía mover debido a un feitizo de Darcy. Pero entón Miele revela que é Darcy que colleu o aspecto de Miele, e escapa coa estrela. Darcy di ás demais Trix que xa ten a estrela, e vanse. Flora atopa a verdadeira Miele, pero decátase que foi enganada e que pola súa culpa as Trix teñen a cuarta Estrela Primaria. No entanto, Flora descúlpase con Miele por non confiar nela, e di que a próxima vez non a verá como unha nena. Despois de que Flora e Miele se reconciliaron, as Winx vanse de Linphea, sen a estrela.

Feitos importantes

  • As Trix e Valtor obteñen a cuarta Estrela Primaria (grazas a Darcy).

Curiosidades

  • Neste episodio regresa Miele despois do episodio “Coidado co lobo”.
  • Darcy decide crear clons das Winx para que bailen, porque desta maneira a porta se abrirá. No entanto, nos próximos episodios, demóstrase que Stormy ten un gran talento no baile, e grazas ás súas habilidades de baile (e a unha pequena distracción no último momento), derrota as Winx na pista de baile de Melodía e gaña o premio. Ou sexa, demóstrase que Stormy ten máis talento bailando cás Winx, excepto Layla.

Galeria