Wiki Winx Club
Advertisement

O destino nefasto da estrela faro é o episodio 6 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 188 en total. Estreouse o 21 de abril do 2019 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza coas Winx e Twinkly que chegan a Iridia guiadas pola nave de Orion. Despois de chegaren á estrela, son recibidas bruscamente polos Lumens do sitio, que rifan Orion porqur se atreveu a vir tras todo o que lle causou ao seu núcleo tentando arranxalo.

As Winx tentan devolver a luz ao núcleo máxico utilizando os seus poderes Cosmix, pero a estrutura deste está gravemente afectada. O núcleo non logra reter a enerxía Cosmix das Winx, e volve apagarse. As Winx tentan atopar outro xeito pero Orion, cansado das súas promesas sen valor, rexeita a súa axuda e vaise ás présas ao seu laboratorio.

Flora, moi preocupada polas condicións do planeta Prometia e maila vexetación deste, proponlles ás súas amigas que se dividan: unhas acompañarana a Prometia para axudala, mentres as outras, conducidas por Tecna, quedarán en Iridia á procura dun xeito de arranxar a estrutura do núcleo usando a tecnomaxia da rapariga. No entanto Bloom, determinada a non agravar máis a situación, dilles ás súas amigas que teñen que quedar unidas.

No seu laboratorio, Orion recibe a visita do feiticeiro Valtor, que se presenta como un feiticeiro da luz. El promételle que salvará Prometia, e fai un pacto co mozo: a cambio, el ten que axudalo a destruír finalmente as seis Winx. Sen ter nada que perder, e sendo determinado custe o que custar a salvar o seu propio planeta, Orion acéptalle a oferta. Deste xeito, prepara unha trampa para as fadas.

Indo por Iridia, Twinkly e as Winx atopan Lumilla, a mellor amiga de Twinkly, que está moi preocupada polas condicións da súa estrela. Mentres tanto, Orion vén falar co grupo, e proponlles ás mozas un plan. El dálles un potenciador de luz, un instrumento electrónico que iluminará Prometia artificialmente facendo que tódalas plantas medren de novo, se for colocado nun punto do planeta no que funcionará correctamente.

Flora está feliz e as Winx aceptan ir a Prometia mentres Orion quedará atrás para elaborar un plan para salvar Iridia. Tamén Twinkly e Lumilla quedarán en Iridia, determinadas a convencer os outros Lumens a apoiar a causa das Winx. Entón as Winx chegan a Prometia, desprazándose polo planeta cos Winx-boards, uns medios de transporte voadores especiais creados por Tecna.

Flora tenta usar a mesma maxia da natureza para facer que unhas plantas afectadas pola ausencia da luz revivan, pero fracasa. Á beira das demáis Winx, chega ao centro do planeta, onde Bloom coloca o instrumento que lles deu Orion. No entanto este obxecto, no canto de facer que as plantas murchadas volvan á vida, fai que saia do terreo un dispositivo cuns tentáculos mecánicos que instantaneamente collen Bloom, Tecna, Musa e Layla. Stella e Flora, as únicas Winx que aínda quedan libres, foxen do dispositivo. Elas decátanse de que Orion as estivo a enganar durante todo este tempo.

Feitos importantes[]

  • Lumilla aparece por primeira vez na serie.
  • Orion decide axudar Valtor e traizoar as Winx.

Curiosidades[]

  • Revélase que Orion, a primeira vez que tentou reparar o núcleo de Iridia, danouno gravemente.
  • Neste episodio Obscurum tampouco ataca, e tampouco aparecen os Staryummys.

Galería[]

Advertisement