Wiki Winx Club

O devorador de Selkies é o episodio 18 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 122 en total. Estreouse o 12 de abril do 2013 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no Océano Infinito, onde Tritannus di a Icy que teñen que roubar os selos das columnas do equilibrio e do control. Entón vén unha quenlla enorme, e as Trix atácana. Pero a quenlla continúa a atacar, e Tritannus di que é un devorador e o seu apéndice na súa testa é o seu punto débil.

Tritannus asume o control do devorador, e ordénalle a este monstro que procure e devore tódalas Selkies. En Alfea as Winx prepáranse pola reunión de reinos, e Bloom, Stella e Layla teñen que ir á reunión porque son princesas, e as outras tres farán un adestramento con Codatorta.

As Winx non saben se os reinos uniranse ou actuarán en solitario. Stella ponlles roupas ás tres Winx, e van a Domino para a reunión. En Domino, Oritel e Marion fan que falen Nereus e Tressa, e eles agradécenlle a Layla por salvalos. Oritel e Marion din que se enfrontan a unha ameaza tan grande como as Tres Bruxas Ancestrais, e teñen que unir as súas forzas.

Os reis de Eraklyon, Zenith e Solaria din que poden derrotar Tritannus sós, e os reis de Andros din que aceptan a unión. No Océano Infinito, o devorador aparece e persegue as Selkies. As Selkies entran nunha cova, e o devorador colócase na entrada. As Selkies quedan atrapadas.

As outras tres Winx reúnense cos Especialistas e Codatorta, e eles din que teñen que controlar un dragón salvaxe. As Winx teñen que usar os seus poderes Sirenix, e os Especialistas soben nas súas motos. As tres Winx transfórmanse. Flora tenta domar o dragón, pero Tecna ten que usar un escudo para protexer Flora.

En Domino, Stella dille ao seu pai que ten que unirse aos outros reis, e o rei Radius acepta. Sky fala con Bloom sobre eles dous, pero aparece Diaspro dicíndolle a Sky que o seu pai quere que estea con el, e logo Diaspro dille a Bloom que ten que renunciar a Sky. Pero Bloom dille a Diaspro que deixe de meterse na súa relación.

Daphne contacta con Bloom, e informa que un monstro devorador está a perseguir as Selkies. En Alfea, as Winx non saben que probar co dragón, e Flora pensa que o seu punto débil podería ser os seus apéndices da boca. Musa colle estes apéndices e as tres Winx logran domar o dragón e soben nel.

As Winx dinlle a Codatorta que toda criatura ten un punto débil, e entón reciben unha chamada de Bloom a informar que as Selkies están en perigo. As tres Winx entran no Océano Infinito, mentres as Selkies están atrapadas. As Selkies deciden romper unhas rocas e escapan, pero o devorador continúa a perseguir as Selkies.

Unha Selkie, Desirée, sepárase das outras tres, e é devorada. Aparecen as Winx, pero non saben como destruíren o monstro. As Winx atopan que o monstro deixa contaminación, e descobren que está baixo as ordes de Tritannus. Flora descobre que o seu punto débil é a aleta da testa, e logran liberalo do control de Tritannus. Deste xeito Desirée escapa da súa boca.

En Domino, Erendor di que Eraklyon se defenderá pola súa conta, e o rei de Zenith di o mesmo. Radius di que non pode facer nada se non hai unión, e Bloom dille a Sky que razoe co seu pai. Diaspro di que Erendor sempre escoita Sky, e Bloom dille que non se meta. Pero Sky vaise con Diaspro.

Feitos importantes[]

  • Tritannus decide destruír a columna do equilibrio.
  • Tritannus asume o control dun monstro devorador e fai que ataque as Selkies.
  • Os reis da dimensión máxica atópanse no palacio real de Domino, mais ningún deles concorda en unirse, excepto Domino e Andros. Non se sabe se Linphea e Melodía tamén se protexerán sós.
  • Stella fala con Radius, que entón decide xuntar forzas cos outros, se os outros reinos fixeren o mesmo, mais ningún deles fai unha alianza, facendo que Radius desista.
  • Bloom pide Sky argumentar con Erendor, entón Eraklyon unirá forzas con Domino e Andros.
  • Os gobernantes de Zenith, Melodía e Linphea (excepto Galatea e Krystal), son vistos por primeira vez.

Curiosidades[]

  • Galatea, Krystal e Roy aparecen neste episodio, pero só como participacións especiais.
  • Esta é a primeira vez que Bloom pide ás Winx que cumpran unha misión sen ela.
  • Non se sabe por que Morgana, Nébula e Roxy non participaron na reunión en Domino xa que son as fadas gobernantes da Terra.
  • A partir deste episodio confírmase que Flora, Musa e Tecna non son princesas, ao contrario das outras Winx.

Galería[]