Wiki Winx Club

O espía nas sombras é o episodio 19 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 45 en total. Estreouse o 21 de xuño do 2005 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza nos bosques, e Avalon está a adestrar Bloom. Ela explica que está preocupada polo que poidan facer as Trix e Lord Darkar. Bloom di que é a única que sabe onde está a “Sección Secreta de Alfea”, e Avalon di que non debe dicir a ninguén onde está e gardar o segredo, nin a el mesmo.

En Alfea, Timmy pregunta por Tecna, pero ela está enfadada e non quere falar con el porque non loitou contra as Trix. Avalon di a Bloom que buque no seu pasado e reviva o poder da Chama do Dragón. As Winx están na porta, e Avalon di que queden fóra. Avalon comeza a viaxe máxica con Bloom.

Bloom atópase na Terra, pero Avalon condúcea a Domino e ve o aspecto dos seus pais biolóxicos e o Dragón. Pero ve algo escuro, e volta. Bloom explica ás outras Winx o que viu. Ao final as Winx vanse, e Bloom decide probar os seus poderes máximos. Bloom transfórmase, pero aparece unha versión escura dela.

Timmy chega á habitación de Bloom, pero Bloom pon a Timmy do revés e colócalle pés en lugar de mans. Lockette non sabe o que lle pasa a Bloom, e Bloom coloca a Timmy nun vaso de flores. Entón aparece Layla e Musa, e Lockette di que lle pasa algo a Bloom e que é sobre aquela viaxe.

Bloom non sabe o que aconteceu e sentiuse como se estivese posuída, e Avalon di que buscará un feitizo especial que reverta o que fixo antes con Avalon. Timmy vólvese a Fonte Vermella. Avalon di a Stella que coide de Bloom. Stella propón un cambio na aparencia de Bloom, e todas as Winx comezan a examinar roupas novas.

Na habitación das Winx, de súpeto Bloom transfórmase e aparece outra vez a súa versión escura. Entón deixa ás Winx e vaise. Lockette vénse con ela e di que espere o profesor Avalon, pero Bloom vai directa cara á “Sección Secreta de Alfea”. Lord Darkar di que ten Bloom completamente baixo o seu control.

A Pixie da “Sección Secreta de Alfea” pregunta que quere Bloom, pero ela di que busca o Códice e quere devolverllo a Lord Darkar. Entón a Pixie converte a Bloom en pequena, pero Bloom seguirá destruíndo cousas porque sabe que o Códice repelerá a súa maxia.

Bloom mete a Pixie nunha gaiola de fogo e obriga ao cabalo de mar Pixie que se non lle dá o Códice, ela acabará coa Pixie. O cabalo de mar vai buscar o Códice, pero tenta fuxir con el. Tras unha persecución, entra nun libro, pero Bloom tamén entra e rouba o Códice.

As Winx chegan, e tentan falar con Bloom pero domínaa a maxia de Lord Darkar. Entón Lockette bica Bloom porque pode romper o seu feitizo, e a verdadeira Bloom volta durante uns momentos pero volve estar posuída e agora leva un vestido escuro.

As Winx non saben que poden facer, e atacan Bloom pero ela ataca ás Winx e dá o Códice a un paxaro de Lord Darkar. Avalon chega, e Bloom ataca ao profesor pero Avalon lanza un feitizo que libera Bloom do feitizo do virus das sombras. Bloom esperta, e Avalon explica que coa súa variña máxica non volverá ser posuída de novo.

Bloom está moi preocupada porque deixou que roubasen o Códice, e Avalon di que dirán a Faragonda que alguén roubou o Códice. Bloom di que ten que recuperalo, e as Winx din que todas axudarana. Entón a Pixie di que ordenen todos os libros. Ao final, Lord Darkar di que só falta unha parte do Códice, que está na Aldea das Pixies.

Feitos importantes[]

  • Bloom é infectada polo virus das sombras.
  • Dark Bloom é vista por primeira vez.
  • Dark Bloom rouba o Códice de Alfea para Lord Darkar.

Curiosidades[]

  • Este é un dos poucos episodios que Lockette ten un papel máis importante.

Galería[]