FANDOM


O espertar da Hidra
Tempada 8, episodio 10
Winx192
Información do episodio
Número de episodio total 192
Data do trinque (Italia) 25 de abril do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano Il potere delľIdra
Nome en inglés (EUA) Hydra Awakens
Sucesión de episodios
anterior
A luz de Gorgol
seguinte
O tesouro máxico
de Syderia
Lista de episodios

O espertar da Hidra é o episodio 10 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 192 en total. Estreouse o 25 de abril do 2019 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde Faragonda e Griselda anuncian ás estudantes da escola que cedo celebrarán o aniversario da fundación da súa escola, deixando ás raparigas os preparativos para a festa. Despois de reunirse no xardín, as Winx deciden que, para celebrar a festa, organizarán un concerto, compondo unha nova canción.

As seis raparigas atopan Riven e Helia, que viñeron a Alfea para entregar unha homenaxe floral á directora Faragonda de parte do director Saladino. Aproveitando a ocasión, Helia tamén trouxo un ramo de flores para Flora. Os seus amigos comentan que eles dous son a “parella perfecta”, xa que están practicamente de acordo en todo e comparten os mesmos intereses. Con tristeza polo problema de Musa e Riven, os dous tentarán axudalos a volver estar xuntos.

Flora vén ver Musa ao seu cuarto, onde Musa lle di que ten envexa da súa perfecta relación con Helia. Ela e Riven non se aveñen nin están de acordo en nada, e Musa non o consegue perdoar porque non o viu durante todo o tempo que estivo lonxe, a pesar de que o mozo tentou desculparse varias veces. No entanto, seguindo o consello de Flora, Musa acepta en darlle unha nova posibilidade. Mentres tanto, Helia dille a Riven que ten que demostrar a Musa o que ela significa para el.

Twinkly chega a Alfea para advertir ás Winx que Ipsos, unha estrela da Constelación da Hidra, está en grave perigo. As seis fadas, acompañadas polos guerreiros Especialistas, vanse enseguida para facer esta misión, e chegan ao planeta. As Winx atópanse cara a cara con Obscurum e os seus Staryummys, entre os que Twinkly atopa a súa mellor amiga, Lumilla. As seis conseguen protexer o núcleo de Ipsos e conservar a súa luz, pero entón, Valtor dá vida á constelación da Hidra e transfórmaa nun monstro ameazador.

Despois dunha loita, unindo as súas forzas, as Winx e os Especialistas conseguen derrotar a Hidra, facéndoa afundirse nunha dimensión que se atopa no interior do portal do que proceden os Staryummys, e a continuación, prepáranse para enfrontarse con Obscurum. A criatura e os seus Staryummys vense obrigados a retirarse. Twinkly atopa a súa amiga Lumilla, e entón abrázaa e demóstralle todo o seu agarimo, e con isto consegue facela volver á normalidade. Deste xeito, Tecna e Flora entenden que se os Lumens demostrasen o seu amor cara aos Staryummys, entón estes conseguirían romper o feitizo de Valtor.

Durante o concerto das Winx, Riven, para sorprender Musa, proxecta no ceo imaxes da moza. Algunhas estudantes de Alfea empezan a rirse dela e Musa, odiando ser o centro da atención, rifa o mozo polo seu xesto. Riven dille que non consegue entender por que ela sempre ten que facer as cousas tan difíciles e menosprezar todos os seus xestos, pero Musa vaise, enfadada e decepcionada porque o mozo a coñece moi pouco. Durante unha discusión, Flora defende Musa mentres que Helia defende Riven e os dous, por primeira vez, teñen unha pelexa.

Feitos importantes Editar

  • Lumilla volve á normalidade, e as Winx entenden que se os Lumens demostrasen o seu amor cara aos Staryummys, entón estes conseguirían romper o feitizo de Valtor.
  • Flora e Helia discuten por primeira vez.

Curiosidades Editar

  • A diferenza das Winx que teñen o Cosmix e os poderes que Twinkly lles deu para viaxar polo espazo, os Especialistas saen da súa nave sen ningún traxe espacial e poden respirar no espazo sen problemas, pero non se explica como poden sobrevivir ao baleiro sen afogarse ou conxelarse, como sucedería se un astronauta saíse da súa nave.
  • A Hidra de Lerna é un monstro acuático ctónico da mitoloxía grega con forma de serpe policéfala (con múltiples testas) e alento venenoso ao que Hércules matou no segundo dos seus doce traballos. A Hidra posuía a virtude de rexenerar dúas testas por cada unha que perdía ou lle era amputada, e a súa gorida era o lago de Lerna no golfo da Argólida. Existe unha constelación que tomou o nome deste monstro, e é a máis grande das constelacións coñecidas na actualidade.
  • Saladino é mencionado por Helia.
  • Durante o episodio celébrase o aniversario da fundación de Alfea.
  • Durante o episodio dise que a cor preferida de Helia e Flora é o verde, que o seu gusto preferido de xeado é o de froitos do bosque e que, entre o mar e a montaña, os dous elixirían a montaña.

Galería Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.