Wiki Winx Club
Advertisement

O himno de Alfea é o episodio 23 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 153 en total. Estreouse o 3 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no mundo do Legendarium, onde Rumpelstiltskin roubou a voz de Musa. Excepto Musa, as Winx viñeron recuperala. Rumpelstiltskin aínda continúa a falar en versos, cando as Winx tentan atacar Rumpelstiltskin usando unha converxencia Mythix. Pero non lle fan nada, e son impulsadas polo seu propio feitizo cara atrás. Entón Rumpelstiltskin achégase ás fadas e di que non o vencerán nunca, e tampouco lles servirán os ataques das fadas contra el. Flora di que non poden facer nada, e Bloom di que non se teñen que render. Layla di que non as venceu nunca un monstro que traballa para as Trix. Pero Rumpelstiltskin dilles que non traballa para ninguén nin coñece as Trix, e traballa só.

Entón Bloom toma a decisión de falar con el, e Rumpelstiltskin di que Bloom conseguiu dicir unha cousa razoable, e que se poñerán de acordo. As Winx din que se cadra é unha trampa, pero Bloom di que Musa é a súa amiga e teñen que axudala. Bloom empeza a falar con Rumpelstiltskin, e el di que lles dará o que quixeren obter. Stella séntese feliz porque lograron o seu obxectivo, pero Rumpelstiltskin di que a voz de Musa é demasiado valiosa e precisan dun intercambio con outra cousa que teña o mesmo valor. As Winx están de acordo, e Rumpelstiltskin dilles ás Winx que veñan con el. Tecna di que non teñen nada que darlle, pero Stella comete o erro de dicir que teñen a chave do Legendarium. Oíndo Stella Rumpelstiltskin di que quere a chave.

Eldora aparece e dilles ás Winx que teñen que considerar cal é a mellor escolla para elas, e marcha. As Winx din que lles gustaría ter algo máis de tempo, pero Rumpelstiltskin di que non lle gusta esperar, e quere que o fagan agora. Tecna di que é máis lóxico que lles dea tempo para pensaren nesta cousa tan seria, e Rumpelstiltskin acepta pero dilles que a voz quedará baixo unha forte protección ata que elas aceptaren darlle a clave como intercambio. En Alfea, as Pixies e Kiko tentan animar Musa mentres que ela está triste porque quedou sen voz. As Winx chegan e din que teñen noticias malas. Entón as Winx din que a sen a voz de Musa non poderán protexer Alfea do ataque das bruxas de Torre de Nubes, pero tamén precisan da chave do Legendarium para remataren dunha vez por todas coa ameaza causada por Selina e Acheron.

Pero Musa dálles que pensar e dilles que non lle gustaría interpoñer o seu desexo de recuperar a súa voz ao destino da dimensión máxica. Bloom di que é unha decisión difícil, e de momento animarán Musa para saberen que quere ela. Na cafetería da música, Musa está a tocar o piano cando as fadas de Alfea con Roxy se lle unen a ela para tocaren os instrumentos. As Winx, as Pixies e Kiko únense ao concerto, e Eldora tamén vén animar Musa. E todas fan un concerto do que Musa está moi contenta. Cando o concerto remata, Roxy di que lle dean as grazas a Musa porque creou esta cafetería da música, e as Winx abrazan a súa amiga Musa. Entón aparece o poder da cafetería da música e anima Musa e o resto das fadas. Vendo o potencial máxico xerado, Bloom decide facer un concerto moito máis grande.

Máis tarde, Riven e Sky farán unha competición para veren quen é o mellor. Sky di que Riven non foi nunca tan competitivo, pero Riven di que as persoas cambian, e empeza a loita de espadas. Na loita, Riven perde a súa espada e Sky gaña. Riven di que Sky será sempre o mellor dos Especialistas e Riven o peor. Sky di que non é preciso saber quen é o mellor, pero Riven di que sempre é superado por alguén e non conseguirá nunca ser o mellor.

En Torre de Nubes, as Trix dinlle a Selina que ela e o libro son inútiles, porque lles deu un anano que non as escoita nin quere seguir as ordes. Pero Selina di que el lle roubou a voz a Musa, exactamente o desexado por elas, e entón Icy di que ten unha idea para deter a maxia dos instrumentos da cafetería da música. As Trix danlles ás bruxas de Torre de Nubes máis poderes da fonte dos seus poderes, e ordénanlles atacar Alfea sen seren vistas, cun feitizo de invisibilidade.

En Alfea, Thoren atópase con Daphne, e empezan a falar do concerto que as Winx organizarán. Daphne di que o concerto é o mellor sitio para unha cita romántica, e entón Thoren pídelle ir con el ao concerto. Daphne acepta. Mentres tanto, as Winx están a preparar o concerto, e preparan os instrumentos e a letra. Faragonda presenta o concerto organizado por Musa e as Winx, e as mozas, os mozos e os profesores que viñeron ver o concerto apláudenas. O concerto empeza no medio do patio da escola, e a canción chámase “O himno de Alfea”. Faragonda di que a maxia do concerto protexerá Alfea, pero as bruxas da Torre de Nubes empezan a atacar Alfea cos seus novos poderes. As Winx transfórmanse en Bloomix para defenderen Alfea, e os Especialistas e mailos Paladinos tamén as axudan. As Winx atacan as bruxas, pero as bruxas son máis fortes e gañan. Aparentemente tampouco funcionan os ataques dos mozos.

Musa decide continuar o concerto xunto coas fadas, para usaren a maxia do concerto para defenderen Alfea das bruxas. Entón o poder do concerto fai que as bruxas sexan vencidas e que marchen. Ao final toda a xente felicita Musa. Entón as Winx atopan Rumpelstiltskin que veu facer o troco pola clave do Legendarium, e as Winx van con el. Riven atopa Musa, e di que ela salvou Alfea co concerto, pero el non conseguiu impedeir que a voz dela fose roubada, e que ela precisa de alguén mellor. As Winx chegan a carón da caixa forte máxica onde está a chave.

Rumpelstiltskin aparece e di que cansou de esperar. Eldora vén dicirlles que teñen que escoller o que for máis importante para elas, e marcha. Rumpelstiltskin pregúntalles que farán entón, e as Winx din que Musa é a súa amiga e farían calquera cousa por ela e o posible para vela feliz, e danlle a Rumpelstiltskin a chave do Legendarium. Rumpelstiltskin devólvelle a voz a Musa, e marcha contento.

Riven empeza a falar con Musa, e di que non consegue facer as cousas todo o ben como Especialista e nin como mozo dela, e entón Musa recupera a súa voz e empeza a falar. Os dous ponse contentos, e Musa di que Riven sempre será un heroe. Pero os dous deciden romper a súa relación e quedar só amigos. As Winx e os Especialistas chegan tamén e dinlles que teñen que celebrar que Musa recuperou a súa voz. En cambio Riven di que quere estar só e que marchará por un tempo. Na escena final, Riven retírase de Alfea e despídese do equipo, e sobre todo de Musa.

Feitos importantes[]

  • Musa consegue salvar Alfea do ataque das bruxas mesmo sen a súa voz.
  • As Winx trocan a chave do Legendarium pola voz de Musa, e Musa recupera a súa voz.
  • Musa e Riven rematan a súa relación.

Curiosidades[]

  • Esta é a primeira vez que as Winx fan unha converxencia Mythix.

Galería[]

Advertisement