O misterio de Calavera é o episodio 15 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 145 en total. Estreouse o 31 de xullo do 2014 en Italia.
Argumento[]
As Winx e Daphne chegan á praia da Illa Calavera. Despois elas ven unha das naves de Fonte Vermella, e as mozas son recibidas polos Especialistas e mailos Paladinos que lles ofrecen a súa asistencia. Despois Daphne fala dunha cova chamada Bajo Mundo, onde uns piratas esconderan un tesouro. Mentres o equipo examina a illa, son sorprendidos pola aparición repentina de Eldora, quen lles di que a Esmeralda da Fantasía non pode ser atopada no mundo real. Ela vaise cando chegan os habitantes da illa. Bloom pregúntalles onde poden atopar a cova Bajo Mundo, pero os habitantes de inmediato asústanse ao oíren falar da cova.
Unha planta captura Stella, e tódolos habitantes póñense a rir. Entón Flora logra calmar a planta, e a planta solta Stella. Bloom pregúntalles de novo sobre Bajo Mundo, e di que precisan desta información. Un neno dille que teñen que ver a Muller Sabia de Calavera. Os Especialistas e mailos Paladinos quedan para pescudaren as proximidades da illa, mentres que as Winx marchan para visitaren esta muller.
As mozas chegan á casa da Muller Sabia, e ela dilles que todo empezou co barco pirata que, segundo a historia, se afundira a carón de Bajo Mundo hai moitos anos, naufragando con toda a tripulación de a bordo. Despois de que os piratas morreron e se transformaron en zombis coa fin de protexeren o barco, eles non abandonaron nunca a nave e trasladaron o tesouro a outro sitio, onde o vixiaron dende entón. O sitio está baixo a auga preto do vello faro. Despois advírtelles que teñen que estar atentas, porque hai unha maldición na néboa.
As mozas xúntanse cos mozos e infórmanos sobre os seus achados. Helia sinala que a cova que están a procurar está nunha illa solitaria a carón da costa. Timmy vén e di que sabe o xeito de chegaren ata a cova.
En Torre de Nubes, Selina fala con Acheron e dille que está enfadada porque as Trix aínda non compartiron nada do seu poder con ela, e non pode liberalo. Acheron tamén está enfadado e suxire que faga algo. Dille a Selina que lles ofreza ás Trix un xeito de entraren no mundo do Legendarium.
Na praia, Timmy construíra unha barca pequena para chegaren á illa, pero os demais non queren ir con esta barca. Layla crea unhas velas Morphix, e todos están de acordo mentres que Tecna e Timmy collen a barca. Todos se unen nunha competición para veren quen alcanzará a illa primeiro. Layla e Nex empezan a falar moito, e Roy enfádase. Tecna e Timmy van ben coa súa barca e ata superan Layla, Nex e Roy, pero chócanse cunha roca, provocando o afundimento da súa barca. Agora teñen que nadar o resto do camiño.
Todos alcanzan a base da illa onde atopan unha cova submarina. Stella asústase cando ve a néboa. Todos entran na cova e ata que chegan a unha caverna baixo a auga. Bloom e mailas outras convocan as súas variñas Mythix que empezan a reaccionar con este sitio. Daphne lémbrase do que Eldora lles dixo ás fadas ao principio, que a esmeralda se atopa só no mundo do Legendarium e non poderán atopala no mundo real.
As Trix observan os eventos a través do ollo de Griffin, conscientes de que se as Winx atoparen un xeito de pecharen o Legendarium, serán derrotadas. Stormy suxire atacalas neste momento, pero Darcy pregúntalle como o farán sen os seus obxectos que lles aumentaban o poder. Selina entón entra e ofrece un xeito para que poidan entrar no Legendarium para adquiriren o poder necesario para derrotaren as Winx.
Darcy móstrase escéptica, preguntándolle a Selina por que o está a mencionar agora. Selina respóndelle que non tivo a necesidade de facelo antes e despois informa que as Winx teñen a capacidade de entrar no Legendarium. Selina suxírelles ás Trix que teñen que ir alí buscalas, e Icy está de acordo. Ela entón le unha lenda sobre tres bruxas e teletransporta as Trix ao libro.
Na cova, Bloom dilles aos Especialistas e mailos Paladinos que queden, xa que elas son as únicas persoas que poden entrar no Legendarium. Eldora entón aparece e dálle a toda a xente unha advertencia: que non queden no libro por moito tempo ou poderían quedar atrapadas alí para sempre. Os mozos dinlles ás Winx que apuren. As Winx transfórmanse en Mythix e entran no mundo do Legendarium. Deste xeito, as Winx atópanse no barco pirata pantasma, cando son sorprendidas pola brusca aparición das Trix. Non teñen tempo para preguntárense como chegaron alí e empeza unha loita. Mentres que se intensifica, tanto as Trix e as Winx son sorprendidas cando os piratas zombis aparecen.
Feitos importantes[]
- Esta é a primeira loita entre as Winx e as Trix no Legendarium.
- Aparecen os zombis piratas, son os primeiros monstros que aparecen sen seren invocados por Selina.
Curiosidades[]
- Revélase que as Winx non poden quedar no mundo do Legendarium por moito tempo ou quedarán atrapadas no interior do libro.
- Este episodio foi emitido nos EUA como parte da maratón de maxia online.