Wiki Winx Club

O poder do Bloomix é o episodio 4 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 134 en total. Estreouse o 27 de xaneiro do 2014 en Italia.

Argumento[]

A seguir a partir do episodio anterior, as fadas e as outras alumnas do Colexio de Linphea aínda están a loitar contra os Treants nun intento desesperado de defender a súa escola. Os Treants rapidamente derrotan as alumnas e cóllenas nas súas mans, incluíndo a irmá de Flora, Miele. As Trix e as outras bruxas observan a loita ironicamente.

As Trix tamén revelan que están a usar os Treants non só para conquistaren o Colexio de Linphea, senón tamén para atraeren as Winx para que rescaten as alumnas e a escola. Ao ouvir isto, Miele para de loitar para liberarse e comeza a pensar no que debería facer para salvar a súa irmá e tódalas Winx da trampa que fixeron as Trix.

Mentres tanto, Layla convidou as Winx, xuntamente coas súas Pixies, ao ximnasio de Alfea, onde preparou algunhas actividades deportivas. Stella rapidamente decide ter novas roupas e tenta usar a maxia para darlles roupas novas ás Winx, pero as outras fadas lémbranlle a Stella que perderon os seus poderes, e non lles poderá dar roupas con maxia. No entanto, isto non desanima Stella.

Despois dun curto período de tempo no seu cuarto, ela volve cunha enorme cantidade de roupas, e, accidentalmente, fai caer estas roupas sobre o resto das Winx. As Winx empezan as súas actividades de deporte, guiadas por Layla. Entón a directora Faragonda entra cos Paladinos e os Especialistas, que as están a axudar a preparárense para faceren o seu regreso.

Faragonda aconséllalles ás Winx que vaian con coidado cando loitaren contra as Trix, e di que as Winx teñen unha nova capacidade de gañar poderes cunha nova transformación: o Bloomix, e poderán obter esta nova transformación por teren unha parte da Chama do Dragón de Bloom e só se fixeren unha boa acción especial.

Volvendo á súa formación, Layla móstralles ás Winx algúns movementos que ela lles preparara. Stella decide facer un salto mortal triplo tamén, coa axuda das Pixies. Pero Stella perde o equilibrio, porque é moi pesada para as Pixies, facéndoa caer sobre Kiko directamente. Os Paladinos e os Especialistas xúntanse ás Winx, e Faragonda deixa o ximnasio, dicindo que Daphne está á procura de información sobre os Treants.

A escena cambia á biblioteca de Alfea, onde Daphne continúa a ler libros para atopar o que precisa. Thoren de súpeto vén cun libro, e ofrécelle a Daphne a súa axuda. O libro que el atopou é a versión da lenda dos Treants. Daphne le o libro, e Thoren revela que, antes, o seu pai adoitaba contarlle a lenda dos Treants como unha historia para durmir cuando Thoren tiña medo.

Daphne dá a entender que está a tentar atopar a chave para derrotar os Treants. Thoren inconscientemente axuda Daphne en resolver o problema, porque di que se alguén puider atopar a raíz do problema, será ela. Daphne ve a resposta de que, se as raíces dos Treants foren plantadas na profundidade baixo o chan, poderanos deter e derrotar máis facilmente.

Mentres tanto, na sala de ximnasia de Alfea, Sky pasa polos obstáculos, demostrándolles aos outros como debe facerse. Os Especialistas apláudeno e anímano. Nex olla Sky con rabia e pasa polos obstáculos. Mentres as Winx adestran ximnasia xuntas, Layla anima Stella a facer un salto mortal triplo, e Stella finalmente concorda en facelo, malia que perde o equilibrio máis dunha vez.

Volvendo cos mozos, Nex completa o desafío e Layla dálle os parabéns, o que fai que Roy teña celos. As Winx óllanos con admiración. Roy logra facer o exercicio ben, pero Nex, que é moi celoso, colle un obstáculo lonxe del, e case fai que Roy caia. Layla enfádase, e Nex afástase do resto do grupo.

Daphne e Thoren entran e dinlles ás Winx o que teñen que facer para derrotaren os Treants, comezando por precisaren dalgunhas pocións de Flora. Tras un anaco, as Winx, os Especialistas, os Paladinos e Daphne reúnense diante de Alfea. Bloom revela o seu plano, que é facer que os especialistas e Bloom ataquen Torre de Nubes, mentres as Winx e os Paladinos irán liberar o Colexio de Linphea coas pocións de Flora.

As Winx (excepto Bloom) van ao Colexio de Linphea coa axuda de Timmy, mentres Bloom e os especialistas van a Torre de Nubes. Daphne queda en Alfea. Os Treants aínda están a coller os alumnos do Colexio de Linphea, pero as Trix deciden marchar para preparárense para a súa batalla coas Winx, deixando as bruxas responsables polos prisioneiros.

Mentres tanto, Miele conseguiu liberarse. As Winx chegan ben na hora de derramar a poción nas raíces das árbores, volvéndoos incapaces de moverse. As alumnas e os profesores son libres, e empezan a atacar as bruxas. Os Paladinos axudan as alumnas e os profesores do Colexio de Linphea na loita.

Lonxe no ceo, Bloom e os especialistas están case en Torre de Nubes, pero son parados por agora polas Trix, que estaban á espera deles. Selina entón convoca unha nova besta do Legendarium, os basiliscos voadores, grandes e perigosos dragóns, que son capaces de atacar cun ataque de luz nos seus ollos, que transforma todo en pedra.

Os especialistas tentan atacalos, pero un dos basiliscos fai que Brandon caia. Sky sálvao, pero os dragóns voan cara ao Colexio de Linphea. Os Especialistas perseguen os basiliscos e Bloom queda para loitar contra as Trix. As Trix e Bloom están a prepararse para loitar. As Winx e as alumnas do Colexio de Linphea son incapaces de responder aos ataques, que petrifican quen sexa atinxido polo raio dos dragóns.

Felizmente, os especialistas chegan a tempo de salvar Musa e Tecna antes de seren atinxidas. As Trix pregúntanse quen delas atacará primeiro Bloom. Deciden atacar xuntas, pero Bloom logra defenderse e desviar o ataque, malia non dalas atinxido. No Colexio de Linphea, un dos basiliscos está a perseguir Stella, pero nesta escena no entanto, Stella finalmente logra facer un salto mortal triplo e confunde o dragón, facéndolle perder o equilibrio.

As outras fadas e Flora están no cume dunha árbore. O monstro estaba a esperar no lado de fóra, sen sabelo Flora. Ela mira que hai, pero cando xa se estaba a marchar, case é atacada polo monstro, pero Miele ponse no medio. No entanto, o animal captura Miele. Flora tenta rescatar Miele, gañando o seu Bloomix tralo proceso.

Flora fai que os Treants volvan á normalidade, pero os basiliscos aínda están a atacar o Colexio de Linphea e, desgraciadamente, Roy e Nex foron transformados en pedra polo raio dos basiliscos.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • A partir deste episodio, o Bloomix rompe a tradición de novas transformacións que son gañadas no sexto episodio dunha tempada, Flora gaña o Bloomix no cuarto episodio.
  • O Bloomix é a segunda transformación a ser gañada unha por unha, tralo Enchantix.

Galería[]