Wiki Winx Club
m (Bot: Engado: nl:WC604)
Línea 77: Línea 77:
 
[[es:Winx Club - Episodio 604]]
 
[[es:Winx Club - Episodio 604]]
 
[[it:Il Potere Bloomix]]
 
[[it:Il Potere Bloomix]]
  +
[[nl:WC604]]
 
[[pt:O poder do Bloomix]]
 
[[pt:O poder do Bloomix]]
 
[[pt-br:O Poder de Bloomix]]
 
[[pt-br:O Poder de Bloomix]]

Revisión del 16:12 19 sep 2019

O poder do Bloomix é o episodio 4 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 134 en total. Estreouse o 27 de xaneiro do 2014 en Italia.

Argumento

A seguir a partir do episodio anterior, as fadas e as outras alumnas do Colexio de Linphea aínda están a loitar contra os Treants nun intento desesperado de defender a súa escola. Os Treants rapidamente derrotan as alumnas e lévanas nas súas mans, incluíndo a irmá de Flora, Miele. As Trix e as bruxas asisten a loita ironicamente.

As Trix tamén revelan que están a usar non só os Treants para conquistar a escola de Linphea, senón tamén para atraer as Winx para que rescaten as alumnas e a escola. Ao ouvir iso, Miele para de loitar para liberarse e comeza a pensar no que debería facer para salvar a súa irmá e todas as Winx da trampa que fixeron as Trix.

Mentres tanto, Layla convidou as Winx, xuntamente coas súas Pixies, ao ximnasio de Alfea, onde ela preparou algunhas actividades deportivas. Stella rapidamente decide ter novas roupas e tenta usar a maxia para dar roupas novas ás Winx, pero as outras fadas lembran Stella que perderon os seus poderes, e non lles poderá dar roupas con maxia. No entanto, isto non desanima Stella.

Despois dun curto período de tempo na súa habitación, ela volve cunha enorme cantidade de roupas, e, accidentalmente, derrama estas roupas no resto das Winx. As Winx comezan as súas actividades de deporte, guiadas por Layla. Entón a directora Faragonda entra cos Paladinos e os Especialistas, que están a axudalos a prepararse para facer o seu retorno.

Faragonda aconsella á Winx que por agora non loiten contra as Trix, e di que as Winx teñen unha nova capacidade de gañar poderes cunha nova transformación: o Bloomix, e poderán obter esta nova transformación por ter unha parte da Chama do Dragón de Bloom e só se fixeren unha boa acción especial.

Volvendo á súa formación, Layla mostra ás Winx algúns movementos que ela preparara. Stella decide facer un salto mortal triplo tamén, coa axuda das Pixies. Pero Stella perde o equilibrio, porque é moi pesada para as Pixies, facéndoa bater en Kiko directamente abaixo dela. Os Paladinos e os Especialistas xúntanse ás Winx, e Faragonda deixa o ximnasio, dicindo que Daphne está a buscar información sobre os Treants.

A escena cambia á biblioteca de Alfea, onde Daphne continúa a ler libros para atopar o que precisa. Thoren de súpeto vén cun libro, e ofrece a Daphne a súa axuda. O libro que el atopou é a versión da lenda dos Treants. Daphne le o libro, e Thoren revela que, no pasado, o seu pai acostumaba contarlle a lenda dos Treants como unha historia para durmir, o que fixo que Thoren tivese medo.

Daphne deu a entender que ela estaba a tentar atopar a chave para derrotar os Treants. Thoren inconscientemente axuda Daphne en resolver o problema, porque di que se alguén puider atopar a raíz do problema, será ela. Daphne ve a resposta de que, se as raíces dos Treants foren plantadas na profundidade baixo o solo, será máis fácil ser parados e derrotados.

De volta ao ximnasio, Sky pasou polos obstáculos, demostrando aos outros como debe facerse. Os Especialistas apláudeno e anímano. Nex olla Sky con rabia e pasa polos obstáculos. Mentres tanto, as Winx adestran ximnasia xuntas. Layla anima Stella a facer un salto mortal triplo, e Stella finalmente concorda en facelo, aínda que ela perdeu o equilibrio no medio do camiño, máis dunha vez.

No adestramento dos mozos, Nex completou o desafío e Layla felicítao, e fai que Roy teña celos. As Winx óllannos con admiración. Roy consegue facer o exercicio ben, pero Nex, que é moi celoso, colle un obstáculo para lonxe del, e case fai que Roy caia. Layla ten rabia, e Nex afastouse do resto do grupo.

Daphne e Thoren entran e din ás Winx o que teñen que facer para derrotar os Treants, comezando pola necesidade dalgunhas pocións de Flora. Tras algún tempo, as Winx, os Especialistas, os Paladinos e Daphne reúnense en fronte de Alfea. Bloom revela o seu plano, que é facer que os especialistas e Bloom ataquen Torre de Nubes, mentres as Winx e os Paladinos irán liberar a escola de Linphea coas pocións de Flora.

As Winx (excepto Bloom) van á escola de Linphea coa axuda de Timmy, mentres Bloom e os especialistas van a Torre de Nubes. Daphne queda en Alfea. Os Treants aínda están a suxeitar os alumnos da escola de Linphea, pero as Trix deciden deixalos e prepararse para a súa batalla coas Winx, deixando as bruxas responsables polos prisioneiros.

Mentres tanto, Miele conseguiu liberarse. As Winx chegan ben na hora de derramar a poción nas raíces das árbores, tornándoos incapaces de moverse. As alumnas e profesores son libres, e eles comezan a atacar as bruxas. Os Paladinos axudan as alumnas e os profesores da escola de Linphea na loita.

Lonxe no cume, Bloom e os especialistas case chegaron a Torre de Nubes, pero son parados por agora polas Trix, que estaban a esperalas. Selina entón convoca unha nova besta do Legendarium, os basiliscos voadores, grandes e perigosos dragóns, que son capaces de atacar cun ataque de luz nos seus ollos, que transforma todo en pedra.

Os especialistas tentan atacalos, pero un dos basiliscos fai Brandon caer. Sky sálvao, pero os dragóns voan cara á escola de Linphea. Os Especialistas perseguen os basiliscos e Bloom queda para loitar contra as Trix. As Trix e Bloom están a prepararse para loitar. As Winx e as alumnas da escola de Linphea son incapaces de responder aos ataques, o que fai tornarse pedra cando son atinxidos polo raio dos dragóns.

Felizmente, os especialistas chegaron a tempo de salvar Musa e Tecna de ser atinxidos. As Trix loitan sobre quen atacará primeiro Bloom. Deciden atacar xuntas, pero Bloom conseguiu defenderse e desviar o ataque, a pesar de non conseguir derrotalas. Na escola de Linphea, un dos basiliscos está a perseguir Stella, pero nesta escena no entanto, Stella finalmente conseguiu facer un salto mortal triplo e confundiu o dragón, facéndolle perder o equilibrio.

As outras fadas e Flora quedan no cume dunha árbore. O monstro estaba a esperar no lado de fóra, sen sabelo Flora. Ela verifica fóra, pero cando estaba a irse, case é atacada polo monstro, pero Miele ten medio. No entanto, o animal captura Miele. Flora tenta rescatar Miele, gañando o seu Bloomix tras o proceso.

Flora fai que os entes volvan á normalidade, pero os basiliscos aínda están a atacar a escola de Linphea e, desgraciadamente, Roy e Nex foron transformados en pedra polo raio dos basiliscos.

Feitos importantes

Curiosidades

  • A partir deste episodio, o Bloomix rompe a tradición de novas transformacións que son gañadas no sexto episodio dunha tempada, Flora gaña o Bloomix no cuarto episodio.
  • O Bloomix é a segunda transformación a ser gañada unha por unha, tras o Enchantix.

Galería