Wiki Winx Club

O poder do Harmonix é o episodio 6 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 110 en total. Estreouse o 23 de outubro do 2012 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Alfea, onde as Winx deciden abrir o libro do Sirenix. Pero non se abre, e Faragonda quere ver as Winx. Bloom tenta facer que Sky lembre a súa relación, e entón aparece Krystal e trouxo Diaspro. Ela di que foron amigas na súa infancia, e Sky pide a Diaspro que lle fale do seu planeta e os seus pais.

Stella di a Bloom que Faragonda a espera. No despacho de Faragonda, ela explica que teñen que pensar o que queren facer. As Winx están decididas a abrir o libro para derrotar Tritannus, e Faragonda di que teñen que facelo xuntas. Logo Faragonda di que se fallaren a súa procura, perderán os seus poderes para sempre.

Faragonda di ás Winx que antes teñen que ir a Graynor para representar Alfea. En Graynor, están reunidas fadas de diferentes escolas. Alí hai unha árbore, e aparece unha criatura que di ás fadas que teñen que buscar a criatura do Manto do Arco da Vella e traela. O grupo que lograr facelo obterá un beneficio.

As Winx empezan a buscar, e divídense en dous equipos. Tritannus observa todo, e quere que as Trix fagan un ataque en Graynor para evitar que as Winx logren a súa misión. Stella di que está cansa e que a Tecna non lle importa, pero Tecna di que no seu planeta, Zenith, a xente non mostra as súas emocións. E Tecna está triste por converterse en robot.

As tres Winx do outro equipo falan do libro do Sirenix, e logo Flora crea unhas plantas para atraer as criaturas máxicas. Entón aparecen as Trix, e as Winx transfórmanse. O monstro ataca ás Winx, mentres as Trix deciden que destruirán a criatura do Manto do Arco da Vella para que as Winx non a atopen.

As Winx derrotan o monstro, e empezan a seguir as Trix. Mentres tanto, aparece un cervo e un cabalo, e as outras Winx pensan que o cervo é a criatura do Manto do Arco da Vella. Outras raparigas tamén están alí, e as Trix aparecen para atacar. As tres Winx transfórmanse, pero as Trix son máis fortes.

As Trix atacan ás Winx, e sen querer lanzan o cabalo por un precipicio. Pero o cabalo logra agarrarse nunha rama. Icy atopa o cabalo, e decide empuxalo. Pero entón aparecen as outras tres Winx. O cabalo cae, e Bloom sálvao. As Trix queren atacar as Winx, pero o cabalo revela ser a criatura do Manto do Arco da Vella e salva as Winx.

A criatura do Manto do Arco da Vella fai que as Trix fuxan. As Winx traen o cabalo, e a criatura pantasma dá ás Winx a chave da natureza para abrir cousas que antes estaban pechadas. En Alfea, as Winx están dispostas a abrir o libro do Sirenix, e coa chave da natureza, poden abrir o libro.

O libro do Sirenix di ás Winx que teñen que completar a procura do Sirenix ata o seguinte ciclo lunar, ou perderán os seus poderes para sempre. O libro di que teñen que atopar as xemas da confianza, da empatía e do valor, que están escondidas nos océanos dos planetas da dimensión máxica.

O libro do Sirenix dá a cada Winx unha caixa Sirenix, onde hai unha gardiá do Sirenix. E o libro do Sirenix dá ás Winx unha nova transformación, o Harmonix, para usar os seus poderes baixo a auga. Mentres tanto, no mar de Andros, Tritannus está co seu exército de mutantes. E envía petróleo ao palacio de Neptuno.

As Winx están a ler no libro do Sirenix un enigma sobre cunchas relucentes. Layla di que en Andros hai un sitio chamado Cala das Cunchas Relucentes, pero é un mito e non sabe onde está. Tecna, Musa e Flora farán un Andros virtual no simulador, mentres Bloom, Stella e Layla irán ao verdadeiro Andros. Layla informa que o seu pai enviou un iate para elas.

Mo iate, un mozo chamado Roy fará de piloto. No simulador, Flora, Musa e Tecna atopan algo, mentres Bloom, Stella e Layla chegan ao lugar verdadeiro de Andros. Roy ofrece axuda, e Layla di que poden facelo sen axuda. Stella di a Layla que sexa máis amable, e logo as Winx transfórmanse en Harmonix. As Winx mergúllanse na auga, pero atopan que está contaminada.

Feitos importantes[]

  • As Winx aprenden que, para obter o Sirenix, teñen que completar a súa misión no ciclo lunar seguinte ou perderán os seus poderes se elas fallaren.
  • As Winx abren o libro do Sirenix e cada unha delas recibe unha caixa Sirenix, que son as súas gardiás Sirenix.
  • As Winx obteñen a transformación Harmonix das súas gardiás Sirenix.
  • É a primeira aparición de Roy.

Curiosidades[]

  • Tecna menciona o seu planeta natal, Zenith, por primeira vez desde o episodio 4 da tempada 1 (O pantano da Lama Negra).
  • Tecna revela que as persoas en Zenith non mostran as súas emocións.
  • Musa revela o seu talento para cantar ópera por primeira vez.
  • Aínda que as Winx gañaron os seus poderes Harmonix, neste episodio transfórmanse en Harmonix só Bloom, Stella e Layla.
  • Esta é a terceira vez que unha nova transformación foi obtida no sexto episodio dunha tempada. A primeira é o Enchantix de Layla (e a primeira en transformarse no Enchantix) no episodio 6 da tempada 3 (A elección de Layla) e a segunda é o Believix no episodio 6 da tempada 4 (Unha fada en perigo).

Galería[]